Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

6º Educación infantil

ENTROIDO

Escollimos disfrazarnos de Super Mario co motivo do noso PDI A maxia do xogo e,vamos que acertamos!, estabamos felices e sorrintes, quedábannos ben as gorras e os bigotes.

Ao longo da semana tamén participamos nos mandados da bruxa Encarnación pasando así unha semana de entroido ben divertida.

TALLER INTERACTIVO:UN MAR DE PALABRAS FEBREIRO

UN MAR DE PALABRAS

Cando finalizan os talleres sempre facemos autoevaliación de si nos gusta que veñan as familias á aula e sempre hay maioría absoluta, estes talleres son o mellor do mellor, son excepcionais porque convivimos alumnado, familias e profesorado .

Sempre xogamos e traballamos as letras, fonética, escritura ou lectura sen percatarnos dun xeito lúdico e pequeno grupo porque o máximo son catro.

Esta semana foron puzzles de abecedario,recortar/pegar e ler as partes do piollo,escoller as palabras correctas e asociar tarxetas pola rima. 

CONTOS DE BOCA :Las llaves de los sueños

Os contos de boca son moi especiales,porque son as familias as que veñen a contalos como Celia a nai de Eire que nesta ocasión deitounos con "Las llaves de los sueños" .Un libro cheo de optimismo,cheo de luz onde descubrimos que os soños malos pódense vencer e así perder o medo para ir durmir e aos pesadelos.

Ao finalizar agasallounos cunhas chaves ben chulas para poñer na almofada e durmir con tranquilidade e bos soños.

GRUPOS INTERACTIVOS:UN MAR DE PALABRAS XANEIRO

Nos grupos interactivos desta semana as letras e os fomenas estiveron presentes para formar palabras de dúas sílabas coa tablet, xogar a palabras encadeadas ,ler e asociar ao seu debuxo e por último escribir o nome de todos os compis.

VOTACIÓN PARA A NOVA TENDA

Fixeron votación para escoller a tenda que queren montar na aula de entre tres opcións que lles ofertei,a mercería, tenda de mascotas ou xoguetería de animais. Nunha primeira votación quedaron empatadas a xoguetería e as mascotas pero na votación do desempate gañou "TENDA DE MASCOTAS",polo que empezamos a montar con todo o que aporta o alumnado. Temos moitas gañas de empezar!

ANIVERSARIOS DE ANTÓN ARES E AROA CALVO!

Seguimos celebrando aniversarios e nesta ocasión foron o de Antón Ares e Aroa Calvo que xa teñen 6 anos. Unha ilusión tremenda lles ocasiona esta celebración que veñen preparando xa dende hai tres anos, " AS VOLTAS AO SOL".

Traen gravadas as súas historias persoais narradas pola súa familia en audio ou vídeo e son moi fermosas, cando as escoitamos con moito silencio póñensenos os pelos de punta e causa moitísima emoción.Descubrimos datos dos compis que non sabíamos e asombrámonos de ver que todavía non sabemos todo do grupo.

PARABÉNS!

DÍA DO SOMBREIRO

Hoxe 16 de xaneiro puxemos os sombreiros, gorros, e gorras que quixemos para celebrar o día do sombreiro e foi divertido.Realizamos varios xogos, un deles foi tirada de dado e poñer o gorro que tocaba.Por outra banda tamén visualizamos o conto de " El vendedor de sombreros y los monos"

GRUPOS INTERACTIVOS:MATES EN FAMILIA

Este trimestre co noso PDI "A maxia do xogo" vamos a centrarnos nos xogos de mesa e é por iso que o noso taller de mates en familia empezou co"Unillo(versión do cinquillo),"Oca" e "Rihno Hero".

Os xogos de mesa axudan á concentración,memoria,resolver situacións, estratexias,toma de decisións e como non a cumplir as normas e xestionar a frustración.

COIDAMOS AS PLANTAS 2ª trimestre

Como xa estamos no segundo trimestre cambiamos as plantas e hoxe chegaron as novas que vamos coidar, de Noa, Uxía e Aroa Calvo. Unha delas causou moito interese porque era un lápiz planta e están curiosos e curiosas por ver si de verdade sae a planta e outra xa é coñecida porque xa a coidamos en cursos anteriores(é unha Aloe Vera moi forte).

As plantas sempre presentes na aula , no entorno que nos rodea.

 

PARABÉNS MARTIÑO!

Aquí temos a Martiño de aniversario, é o maior do grupo e de todas as aulas de educación infantil. Celebrámolo por todo o alto con gusanitos e tiras de  pegatinas.Martiño preparou a coroa ,tivo que cambiar o número 5 por un 6 e xa atabiado e co calendario solar no chan comezamos a escoitar a "Historia da súa vida "contada pola súa nai Lucía a cal  foi moi emotiva.

Por último tachou o seu nome no listado de 5 anos e anotouse no de 6 anos de primeiro , estaba moi feliz e orgulloso e nós tamén compartimos esa felicidade con él.

Parabéns Martiño polo teu aniversario o seguinte xa o celebrarás en primaria!.

Bicos e apertas!

Distribuir contido