Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

6º Educación infantil

NADAL NA AULA

Todas as actividades no mes de decembro estiveron relacionadas co nadal,causaron moita expectación.

 

AROMA A NADAL

A que cheira o nadal?, elaboramos un ambientador natural fervendo auga con romero, arándanos secos, pau de canela,limón ou laranxa e clavo de olor na cociña.Todo o cole cheiraba a Nadal e preparamos bolsiñas con todos estes imgredientes para que o aroma a nadal chegara a todas as casas.

 

CONTO DE AULA:HOY NO JUEGAS

Levamos un tempo falando e actuando de xeito amable ,empezamos polo día da amabilidade e seguimos cada día querendo ser máis amables e con moito  respeto.Sinto gran admiración ante estes debuxos do conto "Hoy no Juegas", despois da lectura ,fixeron estes debuxos marabillosos das dúas personaxes ,Emma a nena nova que chega ao cole e  é moi inxusta nos seus actos ,dominante e abusiva e Ana por outra banda que  o pasa mal e sufre os seus caprichos ata que se enfrenta a eses problemas e se solucionan. Excelente recurso para falar sobre o tema.Tedes o vídeo por se queredes velo.

 

GRUPOS INTERACTIVOS:MATES EN FAMILIA

Algo de sumas coas tabletas, dictado de números para escribir ,xogo de memori e o súper bingo de formas xeométricas con tres características coma son forma, tamaño e cor. Sempre realizamos unha avaliación da actividade e una vez máis queren que veñan as familias aos grupos interactivos, sinten seguridade con elas na aula. Grazas .

CONTOS DE BOCA:LAMBERTO

Mar participou no programa de Contos de Boca co conto " Lamberto", foi un conto precioso con moitos sentimentos xa que era o seu conto preferido de pequena e así nolo transmitiu.Encántanos escoitar contos das familias !

GRUPOS INTERACTIVOS:UN MAR DE PALABRAS

As tabletas están presentes en moitas ocasión nestes talleres con aplicacións de lectura e escritura sempre supervisadas , son un éxito garantizado e de moita axuda coma neste caso que tiñan que formar palabras de dúas sílabas. Outra actividade que acompañou outra familia foi un bingo de palabras de temática "Piratas" e coa terceira familia iniciamos o  xogo de "Doblo,doblo" no que teñen que dobrar un folio catro veces polas líneas marcadas e despois buscar a palabra secreta en tres pasos,penso,preparo e amoso, nese momento o grupo ten que amosar a palabra solicitada .Na cuarta actividade asociar oxecto e palabra con frechas .

DÍA DA DIVERSIDADE

Xurdíu esta actividade e puxémonos no lugar doutros nenos e nenas que lles faltaban un brazo para ver así as  dificultades que poden ter. Martiño dixo que eso non era nada complicado porque él tivera o brazo escaiolado e que non era dificil, pero o resto do alumnado non pensaba o mesmo. Soamente para lavar as máns e tomar a parva atamos un brazo e intentamos amañarnos sen él. O marabilloso foi ver como se axudaban e buscaban estratexias para ter autonomía.

Non foi sinxelo pero moi útil!

 

AGASALLO:BICHOS PAU!

Recibimos un agasallo moi especial do cole de Villarrube, e rapidamente recoñeceron que eran bichos pau e que querían coidalos. Empezaron a observar e contar cantos había e non chegaban a acordo ningún polo que se dispuxeron a coller a lupa para máis detalle. Penso que contaron seis bichos pau  ,algún estaba escondido e outros camuflados, pero todos da mesma cor aínda que de tamaños diferentes .Queremos coidalos pero non sabemos como facelo ,nin que darlles de comer, o único no que coincidiron foi en que precisaban auga para vivir.

Esta fin de semana buscarán información primeiramente para saber o que lles podemos dar de comer, seguindo unha boa reflexión por parte de Antón M.:se miramos o que teñen  no terrario e vemos que o comen podemos buscar desas follas.Lupa en mán viron que eran follas pincho pero  non saben como se chaman ,onde aparecerá esta información?

PDI A MAXIA DO XOGO:DEMOCRACIA NA AULA

Dentro do noso PDI estamos a coñecer e xogar con varios mundos de Mario Bros e diferentes propostas . Exercimos a democracia para elexir a persoaxe do mundo de Mario Bros.Para iniciar varios retos ,tivemos primeiramente que elexir unha personaxe de entre seis do mundo de  Bros. Puxémonos máns á obra e collimos a urna para facer a votación tan desexada e saber así cal era a persoaxe escollida. Non hai nada máis estimulante para escribir de forma libre que cando queren escoller a súa preferencia, polo que rexistraron con escritura libre o nome da persoaxe de entre Mario Bros, Princesa Peach, Luigi, Yoshi e Toad. Como se pode ver unha imaxe a máis votada foi MARIO BROS, como dixeron " é a máis coñecida"Xa temos a Mario Bros agora a polos retos!

 

GRUPOS INTERACTIVOS:MATES EN FAMILIA

Aprendimos a xogar a unha modalidade do"Burro" coa baralla española, tirada de dados e conteo de moedas coa grafía dos números, e seguimos afianzando o anterior e posterior dun número.Nesta ocasión xogamos tamén a Catch it! o xogo de rapidez visual que tanto lles gusta ou nada claro, según a rapidez que teña.A todas as familias que poden vir e  non se cansan de colaborar ,moitas grazas.

Distribuir contido