Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

6º Educación infantil

EMPAPELAR CON GRAFOMOTRICIDADE

Cando chegou pola mañá o alumnado atopóuse a clase empapelada por todas as partes,as mesas e os bancos estaban cubertos con papel de embalar branco cunha actividade:facer trazos de grafomotricidade seguindo o modelo e a cor poidendo cambiar cando quixeran dun a outro trazo  e pasar por todas aqueles que máis lle gustaran.A actividade foi atractiva en xeral e puxéronse máns á obra tan pronto como a viron.Rematamos recortando as figuras e facendo unha exposición, sempre aproveitando para dar autonomía total para que a coloquen ,collendo o que  precisan, como neste caso de cadeira para poder chegarlle ao panel.

 

PROPOSTAS SEMANAIS I

Pistas de coches, series de chinchetas, ferramentas de tornilleria con chaves ,puntas e martelo,pinza e arco da vella, numicon e matemáticas, triángulo en plastilina, patróns na representación espacial,escritura relaciona co conto "Os sete cabritiños"con letras móviles ,caroutas do lobo e cabritos ,puzzles, construcción do plano imclinado,conteo con xemas tarxetas tres partes e como non as tablets.

RECICLAXE:TESOUROS DO VERÁN E PAPEL

O primeiro día de clase chegamos todas e todos cos nosos tesouros de verán,as flores secas,e clasificámolas por tamaño e cor para deixar uns días nunha proposta de observación e xa despois utilizalas a modo de decoración no papel reciclado que faríamos uns días despois.

Chegou a semana de facer reciclaxe de papel e rápidamente se deron conta de que tiñamos que ir aos contenedores de papel para poder reciclalo como se fósemos unha empresa . Fixemos anacos de papel,puxemos en auga todo un día enteiro e a continuación triturámolo cunha batidora eléctrica para obter unha pasta.Agora era o turno de empregar os cedazos e filtrar a auga,decorar con flores secas se lles gustaba e poñer a secar no muro.

Cando estiveron secos os papeis reciclados puxémoslle os nomes e apelidos para identificar cada quen o seu e unha cintiña para colgar.

Así de sinxelo!

 

 

CHEGA ITALIA I

 Xa de regreso do Erasmus + da cidade de Pistoia en Italia apareceu na aula unha serie  de agasallos, varios contos en italiano como Pinocchio, arames de varias cores, pennes, salsa pomodoro, queixo Pecorino,marmellata de varios sabores, mel, bases de cartón para facer pizzas,corta pizza, cedazos de areeiro e ata unha cafeteira italiana dun só café para a nosa cociña.O seguinte foi facer difusión do que vín nas escolas e contarllo todo,a estructura dos  coles e dos patios,a filosofía de primar a creatividade e imaxinación ante todo son moi artísticos e artísticas , ser nenas e nenos competentes, que eso é saber pensar por sí mesmos, que transmitían moita calma,serenidade e paz,moi respetuosos co grupo e sobre todo amables ,de aí que se lle chamen "Escolas Amables".

O seguinte foi facer impacto na aula e alá fomos ca elaboración dunha receita italiana"Penne al pomodoro " na cociña do centro.Fervimos auga con sal,aceite e a pasta e esperamos como poñían as indicacións 10 minutos porque é unha pasta moi grosa e preparamos o autoservicio para que cada quen puxese no prato a pasta,tomate e queixo que quixeran e a mangarie !....recoller e limpar o prato para o fregadeiro.REPETIMOS!

 

Seguiremos  a Italia .

 

 

PROXECTO :PAN RAIADO

Algúns proxectos poden durar dous días como este de facer pan raiado. Foi un proxecto sensorial e perceptivo que aumentou a sensibilidade do alumnado hacia a observación das propiedades dos materiais. Inicialmente manipularon unha bolsa de pan raiado que non recoñeceron, confundíndoo  todoooos e todaaas con area, ata que abrimos a bolsa e polo olor rápidamente o coñeceron e tamén polo tacto. Os ollos xogáronlle unha mala pasada e foi así como se  concienciaron de que temos que utilizar todos os sentidos posibles para descubrir as propiedades dos materiais.

A continuación levamos a cabo todo o proceso para a elaboraión do mesmo. Tiñamos barras de pan duro que sobran do dia anterior, troceamos en anacos pequenos, puxemos a secar e trituramos.Quedamos  abraiadas e abraiados con tal experiencia, algún decía que ulía a súa "paste", a outros entroulles fame e querían comer o pan raiado. Deixamos todo rexistrado nun documento para levar a casa e facer o proceso coas familias.

 

TOMANDO CONTACTO !

Nos primeiros días observaron a aula e recoñeceron moitas cousas do curso pasado  pero tamén había xogos novos , novas propostas e foron a por elas.Coñecimos a Mario Bros e  colocamos as tarxetas identificativas nos percheiros así coma o cartel novo de responsable do día. Retomas rutinas,asembleas, responsabilidades,turnos,coidado de plantas e as novas parvas debido ás alérxias .Por suposto que xa retomamos a escritura libre  significativa a través do conto A que sabe a lúa?  e os debuxos.

ANIVERSARIOS DE EIRE, LUCAS E MARTÍN!

Parabéns para estes mozos e esta moza polos cinco anos que cumpriron. Como facemos sempre tacháronse do listado de catro anos para anotarse na de cinco anos.Xa case todo o grupo ten cinco anos excepto dous compis, que en breve cumprirán e xa entraremos na carreira dos seis anos.

Enchímonos a comer gusanitos con estes tres cumples tan xuntiños , bicos para Eire, Lucas e Martín.

 

XA ESTAMOS AQUÍ!

Xa estamos aquí, xa estamos de volta ,embarcamos pola porta B2 ao mundo dos xogos que será a temática do noso PDI de centro deste ano.Neste primeiro día presentámonos co noso nome e contestando á pregunta E TÍ A QUE XOGAS? ca dinámica de cohesión a Tea de araña para facer o recoñecemento grupal ao que pertecemos. 

Amosamos ao grupo  os tesouros do verán que  tan valiosos son ,as  flores recollidas no tempo libre en entornos naturais e secadas en prensas, libros,...Intentaremos atoparlles unha utilidade donde experimenten e aprendan con eles. 

 

FIN DA NOSA VIAXE

Nun abrir e pechar de ollos, coma quen di, pasaron tres anos; tres anos desde que entrastes pola porta do cole con algún que outro choro, coas miradas cheas de ilusión á vez que de medos, con gañas e emoción por descubrir algo novo pero inseguridades polo descoñecido,… cunha chea de sentimentos encontrados.

Xuntos camiñamos da man un anaco do longo treito que vos queda por percorrer. Fomos recollendo de cada pasiño e de cada pegada grandes momentos; momentos máxicos nos que compartimos, rimos, choramos, enfadamos, aprendemos, soñamos, …e nos que soubemos facer fronte a momentos ben duros (como fai a pandemia) pero sempre xuntos, apoiándonos os uns aos outros, axudándonos e construíndo este grande equipo e familia que hoxe somos.

Nenas, nenos  MOITAS GRAZAS por todo o que me ensinaste,  por regalarme cada mañá os vosos sorrisos, por ensinarme a mirar cos vosso ollos, por permitirme formar parte das vosas vidas durante este tempo, por confiar en min e facer que esta viaxe fose tan bonita e especial.

Moita sorte nesta nova ruta que ides emprender, sede libres e voade sen medo, porque chegaredes alí onde volo propoñades.

Nunca perdades eses sorrisos tan máxicos nin deixedes de brilar!!

Aquí vos deixo un resumo da nosa viaxe xuntos. Momentos que espero, igual que a eu, gardedes nos vosos corazóns e vos acompañen nesta nova aventura que ides emprender.

Grazas familias.

Moitos bicos, e feliz verán!

Teri

NOITE NO COLE

O venres, as nenas, nenos e mestras de 6º de Educación Infantil compartimos unha noite máxica.

Con ela quixemos despedir dun xeito especial o remate deste camiño que percorrimos xuntos ao longo destes tres anos.

Un día que, sen dúbida, quedará no noso recordo para sempre. Pois foi unha noite inolvidable, na que rimos, compartimos, desfrutamos, lembramos e sobre todo, emocionamos.

 

Distribuir contido