Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

6º Educación infantil

GRUPOS INTERACTIVOS:MATES EN FAMILIA

 Maioritariamente contidos de matemáticas traballáronse neste taller de familias;concepto de "maior"co xogo de cartas de peixes,sumas con xemas e rexistro, números anteriores e posteriores coa escitura dos mesmos e un dominó que sempre crea moita concentración e fan o conteo dos puntos mentalmente a modo de patrón.E como sempre a avaliación da actividade foi positiva por parte do alumnado e da miña tamén por suposto.Non podemos concebir a escola sen as familias.

GRUPOS INTERACTIVOS:UN MAR DE PALABRAS

Temos a gran sorte de contar con familias que fan o imposible por vir aos grupos interactivos  confíando no seu funcionamente e porque ven as súas fillas e fillos disfrutar da súa presenza. Esta xornada que dura unha sesión ten moita riqueza e contido, esta semana rotaron entre actividades de tablet que consistía en formar palabras de dúas sílabas, asociar imaxe e palabra entre dúas opcións,manipulación de tarxetas con palabras e por último escritura libre de elementos reais de outono presentados nunha cesta na mesa. Non hai nada mellor que estes talleres e as familias dentro da aula.

CONTOS DE BOCA:¿QUIÉN VIENE ESTA NOCHE?

Celia a nai de Eire veu contar o Conto de Boca tan desexado polo alumnado de 6º de infantil"¿Quién viene esta noche?.A razón está en que lles están empezando a caer os dentes e prestaron moita atención porque forma parte dos seus intereses. Agora coñecen á familia Pérez e entenden por qué ás veces deixan debaixo da almofada unha moeda, un conto ou ata  un xoguete. Gustounos moito coñecer este conto e motivounos a pintar un ratiño e decidir quen era da familia Pérez!

 

PDI A MAXIA DO XOGO:OS DADOS

Son moitos os xogos que precisan duns dados e puxémonos máns á obra cuns cartóns de reciclaxe para facer cada quen o seu e algúns máis para ter na aula e xogar. Para iso tivemos que marcar, dobrar,pegar e puntear as seis caras do dado e así construir os dados que despois utilizamos en xogos de aula como no de cantas gemas lle poñemos a Max o valente? ou a que número saltamos da recta numérica? e moitos outros aos que xogaremos.

 

OUTONO NA NATUREZA

Chegou o outono e observámolo no patio, na aula xuntamos elementos propios desta época como cabazas,castañas,millo,mazás,peras,fabas,etc..creamos unha obra artística enriba da mesa con estes elementos e despois representámolo no papel facendo así representación espacial ,fixándose no lugar no se atopaba cada elemento como dereita,esquerda,arriba ,enbaixo e ao  lado de.

Outra actividade que de seguro quixeron repetir na casa foi o experimento da cor das follas, recollimos follas de distintas tonalidades e cores para ver como tinguen a auga.

 

CHEGA ITALIA II

Outra proposta gastronómica de Pistoia (Italia) foi a cata de varias marmellatas,arancia,frutti di bosco,pesca,miele,...Vida práctica para untar a marmellata nas tostas con coitelo de punta redondeada  e listas, A COMER!,despois limpala mesa e o coitelo,por certo a marmellata  que máis éxito tivo foi a de frutti di bosco .

 

ANIVERSARIO DE ANTÓN MARTÍNEZ E LIAM!

Parabéns para Antón e Liam ,este mes de outubro celebramos os seus aniversarios e xa estamos ao completo e todo o grupo  ten 5 anos. Música e gusanitos para festexalo con moitas risas e incluso bágoas emotivas ao escoitar as gravacións de audio das familias narrando a súa historia persoal,PRECIOSAS!

AMBIENTE DE NATUREZA:SAMAÍN 2022

Estamos en Galiza e é de tradición obligatoria festexar o Samaín e porque ademáis Gatiza nos animou a facelo! Esta semana no ambiente de Natureza o alumnado de educación infantil disfrutarou moito disfrazándose e facendo  actividades de Samaín como vaciando cabazas,debuxando pantasmas e momias, creando ao Rei Cabaza con martelo e puntas e un monstro,colares de pasta terrorífica,decorando os cristais das fiestras con arañas e moito máis.

 

VIDA PRÁCTICA:METADE

Foi doado chamar a súa curiosidade para o concepto de metade cun biscoito diante e un pemento de padrón.Aínda que alguén dixo"pensei que era máis fácil cortar un biscoito en dúas partes pero creo que preciso medir". Vida práctica sempre que podemos para traballar os conceptos e aquí podedes velo!,aproveitamos para observar  a cor e o tamaño das sementes dos pementos.

PDI :ELECCIÓN DO TÍTULO E TETRIS

Esta semana acudiron á biblioteca a escoler o título do PDI(proxecto documental integrado) do centro de entre catro opcións e o t´tulo escollido foi "A MAXIA DO XOGO".

Ao mesmo tempo xa estabamos xogando na aula ao tetris coa pizarra dixital e tamén elaborando o noso propio pintando e recortando para colocar ben e poder gañar puntos.

Distribuir contido