Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

6º Educación infantil

MAR DE PALABRAS 27 DE OUTUBRO

Este venres veu a mar de palabras Rocío, Rosa, Julia, Fani e Natalia.

Rocío tiña un xogo de mesa no que buscamos as sonidos que foran iguais, se xa non tíñamos sons iguais buscábamos cor ou imaxe para poder asi rematar as cartas que nos tocaron e terminar o xogo. Quen antes terminara as cartas era o gañador/a.

Rosa xogou con nós a un bingo de samaín, onde o taboleiro era un frankestein.

Julia axudounos a facer unha ficha onde tíñamos que ler a palabra e buscar a imaxe correspondente. 

Con Natalia estivemos observando unha folla, esta tiña unhas imaxes que correspondia cada unha a unha letra e así despois fomos formando distintas palabras. 

E por último, Fani tivo a sorte de volver a xogar o noso xogo preferido, AS ABELLAS! Encántanos! e despois de estar toda a semana pedindollo a profe por fin xogamos de novo. 

 

Grazas familias por vir.

PARABÉNS AINHARA

O pasado luns Ainhara estivo de aniversario. Xa cumpliu 5 anos!

Despois de escoitar a nota de voz que nos mandou a familia e rir moito cando nos contaron que no seu primeiro cumpleanos, Ainhara apagou a vela coas mans e, no terceiro, caeu unha pelota na tarta xusto antes de comezar a comela. Encántanos escoitar as familias e que nos conten pequenos anacos de momentos que quedarán sempre no recordo.

Ainhara, agardamos que o pasaras moi ben.

 

MATES EN FAMILIA 20 DE OUTUBRO

O pasado venres comezou MATES EN FAMILIA.

Tivemos a visita de Rosa que se encargou de xogar con nós a completas as pocións de samaín. Tiñan que completar dependendo do número que tiñan na receita buscando na pota dos ingredentes.

Julia xogou con nós a un xogo de mesa, atrapa a abella! Sen dubida foi o que máis lles gustou. Era moi importante estar atentas/os para levantar a cor que correspondía.

 Encontramos uns paneis con distintos números e Raquel axodounos a formar as distintas cantidades cos policubos.

Jessica xogou con nós as casiñas dos números. 

E por último, Estefania chegou con Doc. Con distintas tarxetas de imaxes de samaín e, de forma moi rápida, contamos as imaxes, asociábamos coa cantidade e despois levamos a doc o cadrado correspondente.

Grazas familias por vir a pasar este ratiño con nós.

Non sabedes as gañas que tíñamos de empezar os obradoiros dos venres.

 

 

PARABÉNS GIO!

O pasado martes 17 de outubro Gio cumpliu 5 anos. 

A súa familia mandounos unha nota de audio onde nos explicaban que Gio naceu un 17 de outubro as 15:20 de tarde. Foi un día moi especial xa que todos/as esperaban con moita ilusión a súa chegada. Agora o celebramos todas e todos xunt@s na clase, con moita ilusión e soprando as velas con Gio. 

Grazas Gio polo teu sorriso infinito. 

Agardamos que o pasaras moi, moi ben. 

 

PARABÉNS LARA F!

O pasado venres 29 de setembro, Lara F cumpliu 5 anos.

Este curso seguimos dando as voltas ao redor do sol pero xa non vemos as fotos de como pasan os anos, o que facemos e escoitar unha nota de voz que nos envía a familia contando anécdotas dende o día que naceu Lara ata o día que cumple 5 anos. 

Qué audio máis bonito! Grazas familias polo voso esforzo e por ese audio feito con tanto agarimo. 

Grazas a iso descubrimos que facía 5 anos era un dia de moita choiva, que Lara naceu a noite e que celebraron en familia que Lara xa estaba na casa.

Agardamos que o pasaras moi ben neste día. Levas un recordo feito con moita ilusión.

 

COIDAMOS AS PLANTAS 1º TRIMESTRE

 

Comezamos a coidar as plantas este novo curso, desta vez as encargadas e encargados de traer as súas plantas foron: Mara, Carmen S, Aitor, Lara F, Gio e Ainhara.

Esta proposta didáctica ten como obxectivo que as nenas e os nenos adquiran coñecementos sobre as plantas co fin de identificalos como seres vivos, á vez que os achega á natureza permitíndolles observar, de primeira man, o desenvolvemento das plantas e xerar hábitos de respecto e coidado cara a elas, a través de actividades lúdicas e manipulativas.

 Xa forma parte da nosa rutina diaria de coidala, regala, quitarlle flores secas...

 

ESTAMOS DE VOLTA!

Comezamos un novo curso cargado de ilusión e moitas ganas de disfrutar!!

Aquí un pequeno resumo dos primeiros días :)

 

TRANSICIÓN DE INFANTIL A PRIMARIA III

Outra actividade levada a cabo para facer unha transición positiva de infantil a primaria deseñada polos dous equipos foi ir á aula de primaria cando o alumnado non estaba e utilizar os seus  estoxos  para facer un debuxo.Foi unha sesión interesante porque  para o alumnado de infantil  o máis curioso foi ver os  extoxos e  indagar o que tiñan dentro, sorprendéndose con algunha cousiñas que viron e que lles gustou claro.Tamén desfrutaron de dous recreos no patio de primaria que aseguro que foi o que máis lles gustou.

 

ESTACIÓNS DE APRENDIZAXE

Derradeira estación de aprendizaxe este venres 16 de xuño con catro actividades ben diferenciadas coma operacións matemáticas coas tablets, suma de tirada de dados rexistrando o anterior e posterior así coma a escritura dos mesmos resultados,dominó e ruleta de imaxes para escribir o nome,facer o debuxo e anotar  os puntos que indica.

 

CHEGOU A METAMORFOSE!

Xa chegaron...,a observar e observar ,cada día collen a lupa e non poden crer como saíu por ese buratiño.

 

 

Distribuir contido