Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

6º Educación infantil

PARABÉNS MARA!

Hoxe está Mara de aniversario. Cumple 5 anos!

Trouxo unha nota de voz moi, moi divertida e que, ademáis a fixo ela. Mamá e papá lle contaron que fai xa 5 anos, o 27 de novembro era martes. Mara naceu ás 8:30 da tarde e tirou tan forte o chupete que os espertuo aínda que, Mara durmia moito e a tiñan que espertar para comer. Canto nos gusta escoitar estas anécdotas!

Grazas Mara pola tua ilusión e sempre, o teu sorriso.

Agardamos que pasaras un día xenial.

Un bico mooooooi forte

 

MAR DE PALABRAS 24 DE NOVEMBRO

O pasado venres viñeron a xogar a mar de palabras Rosi, Pablo, Raquel, Julia e María.

Pablo xogou co noso amigo Doc. Lendo palabras e levando a Doc ata a imaxe correspondente.

María foi a encargada do bingo de letras. Sacaba un obxecto da bolsa e tachamos a letra pola que comezaba ese obxecto. Así ata facer BINGO!

Julia xogou a un xogo de mesa no que tiña 3 categoría (animais, nomes e lugares). Levantamos unha carta correspondente a unha das categorías e alí encontramos 3 ou 4 letras. Tíñamos que moi rápido dicir unha palabra que comezara ou tivera unha das letras da carta e que correspondera a esa mesma categoría.

Raquel axudounos a rematar un crucigrama e por último, Rosi xogou con nós ao noso xogo favorito, AS ABELLAS!

GRAZAS FAMILIAS!

 

MATES EN FAMILIA 17 NOVEMBRO

O pasado venres viñeron a mates en familia Pablo, Fran, Rosi, Carol e Fanni.

Carol axudounos a encontrar o anterior e o posterior dos números que nos saían nos dados. Fran era o encargado do timbre, xa que o neno/a que tivera nas súas tarxetas o número dos mesmos froitos que xuntos sumaran 5 tiña que tocar rápidamente o timbre. Pablo xogou con nós ao Grabolo. Neste xogo tiraban un dado con números e, a súa vez, un dado de cores. Tiñan que encontrar rápidamente o número e a cor que correspondía o que saíu no dado. 

Rosi, tiña esta vez, por petición popular, o TIBURÓN. Canto nos gusta este xogo!

E con Fani contamos o número de cogomelos que saían no dado, os rodeábamos e buscábamos a grafía do número correspondente.

 

Grazas familias!

 

MERGULLÁMONOS NO MAR!

Dentro do noso PDI de sostenibilidade e medioambiente estamos a traballar sobre o mar.

Despois de moito tempo falando do mar, as súas características, que podemos atopar nel e unha morea de preguntas para resolver decidimos explorar por nós mesmos o que podemos encontrar se nos mergullamos directamente na auga.

Coas gafas VR que temos no cole pudimos ver e sentir unha experiencia moi parecida a estar dentro de mar, nadando e observando todo o que acontece o noso redor.

Grazas a un video visualizamos peixes, algas, area, rochas, e moitas outras cousas que non sabemos aínda que poden ser pero que o vamos descubrir.

Foi unha actividade moi divertida ainda que algúns compañeiros e compañeiras non as quixeron probar. Non pasa nada! é o primeiro día e traballaremos máis veces con estas gafas. 

 

 

O NOSO VERÁN...

Durante o verán os nenos e nenas fixeron uns álbunes onde recollian todos os momentos que viviron neses case 3 meses e os trouxeron a nosa clase para poder, entre todos, coñecernos un pouco máis e saber que fixemos durante ese tempo que estivemos sen vernos.

Foi moi divertido ver o ben que o pasaron todos e todas, descubrimos lugares nos mapas que non ceñecíamos e sobre todo, compartimos todos eses momentos especiais para nós.

Pero unha cousa nos quedou clara ao rematar... o máis importante non é o que fixemos nin os lugares os que fomos, o mellor de todo é o tempo que pasamos coa xente que queremos. 

  

 

https://youtube.com/shorts/TXd5IzfEcQ0

MAR DE PALABRAS 10 DE NOVEMBRO

O pasado venres veu a Mar de palabras Azahara e xogamos ao bingo de outono. Tirábamos a ruleta, saía unha palabra, a limos e marcábamos a imaxe que correspondía.

Con Silvia creamos monstruos con nomes divertidos co xogo "monster Kit". Julia explicounos o xogo de mesa "abc boom" no que buscaban as letras que tiñan nas cartas e as colocaban enriba do color que correspondía. Raquel xogou a oca de letras. Tirábamos o dado e dicíamos unha palabra que comeza pola letra na que caíamos e por último María axudounos a encontrar as palabras segredas.

Grazas familias por vir. 

MATES EN FAMILIA 3 DE NOVEMBRO

Viñeron a xogar a con nós Alejandra, Carol, Pablo, Estefania y Raquel.

Alejandra tiña un dado de números, nós o tirábamos e baixábamos os dentes do tiburón contando o número de dentes que nos saiu no dado intentando que este non nos mordera.

Raquel xogou con nós ao monster mach. Tirábamos dous dados, un tiña números e outros diferentes partes do corpo (pernas, ollos...) moi rápido tíñamos que encontrar o mounstruo que tiña esas características.

Estefania xogou co jenga de números.

 Pablo explicounos como de xoga ao dominó e Carol, era a árbitra dunha carrera de bechos. Tirámos os dados, sumamos os números que saían e eran os pasos que tiñan que dar os nosos bechos para chegar a meta.

Grazas familias! 

SAMAÍN 2023

 

O pasado martes as nenas e nenos de Centieiras celebraron o samaín. disfrazámosnos, participamos na exposición de cabazas e no concurso de debuxos de medo, fixeron o desfile de disfraces terroríficos, escoitaron un dos contos gañadores do concurso "contos de medo",  gustáronlle moito os contos de medo seleccionados polo equipo de Biblioteca, fixeron unha apócema, debuxaron pantasmas, colorearon debuxos, levamos polos laberintos distintos persoaxes de medo, crearon pulseiras de morcegos e pantasmas , con fabas, garbanzos, lentellas e arroz fixeron cabazas follas, landras..., participaron no concurso o peso xusto da cabaza e bailaron e...xogaron moitísimooo. 

Pasámolo xenial!

 

PEGADAS VERDES

Este curso temos un novo PDI sobre sostenibilidade e medioambiente. Para comezar eliximos nunha votación o nome deste PDI que será "PEGADAS VERDES". Faremos unha morea de actividades no que imos a participar investigando todas as nenas e nenos do centro. 

A primeira actividade de motivación e comezo de PDI foi unha saida de todo o centro á praia de San Valentín onde participamos na XII Limpeza Simultánea de prais organizada por ADEGA. Recollimos todo os refugallos que atopamos pola praia, observando todo o que alí atopamos e que debemos evitar sempre que poidamos.

Dende a nosa aula quixemos poñer o noso graniño de area comezando a facer pequenos cambios nas nosas rutinas diarias coma, por exemplo, non traer as merendas en plásticos nin papel de aluminio se nón, traelo en bolsas reutilizables. Tamén cambiar a botella de auga de plástico por un termo e así, con outras moitas cousas.

Pensamos que necesitábamos distintas papeleiras para poder organizar o noso lixo do día a día polo que fixemos unhas papeleiras de cartón reciclando a caixa dun moble que mercamos para a nosa clase.

Un día no patio e de maneira totalmente espontánea, uns compañeiros e compañeiras da nosa clase deicidiron poñer as luvas na hora de patio e recoller todo o lixo que estaba polo chan.

Estamos moi concienciados/as con pequenos cambios que non nos custan nada facer.

 

SEMANA DE...MAZÁS

 

 

Ao longo de toda a semana as nosoas actividades xiraron arredor das mazás,partindo da motivación do "I Concurso da mazá máis pequena".

As actividades foron libres e dirixidas empezando pola exposión de mazás,colocalas de menor a maior observando canto medía a máis grande (6 cm) e a máis pequena (2cm). Levamos a cabo un experimento da oxidación da mazá coas  hipóteses que conlevan, puxemos as mondas da mazá, noutro a mazá soa, noutro a mazá con leite, mazá con limón e mazá con auga. No video se pode ver que cada día quitámoslle unha foto para poder observar así os cambios.

Tamén coloreamos a nosa propia mazá fixándonos na cor e aproveitamos para traballar a lóxica matemática medindo cunha cinta métrica cada unha das mazás.Tamén as pesamos na balanza e buscamos así encontrar o equilibrio dependendo das mazás que poñíamos.

Encontramos tamén outras propostas coma facer a secuencia da mazá mordida de Brancaneves, unha ficha para contar as mazás das árbores, vimos o ciclo de vida dunha mazá facendo así unha ficha onde quedara recollido, coas tarxetas tres partes asociamos a imaxe, co nome e as figuras traballando así o ciclo da vida que se compón de (semente, xerminación, planta, plántula e por último o árbol).

Coñecimos o cadro de René Magritte "El hijo del Hombre"destapando parcialmente o mesmo a través dun círculo cada vez máis grande ata destapalo enteiro. Contemplamos,falamos e fixemos unha reflexión conxunta con preguntas do tipo,qué pode ser o que vedes?,home ou muller?,en qué lugar pode estar?,cómo se chamará?,é polo día ou pola noite?o fillo onde está?,..xurdindo así respostas non moi variadas porque nestas idades repiten a anterior resposta pero pouco a pouco terá cada quen a súa.. Con esta proposta de arte  traballamos habilidades de pensamento para chegar a ser críticos e educar a súa mirada.

Fomos a eroski, onde nos explicaron os distintos tipos de mazá e as súas características. Trouxemos para o cole un agasallo ¡unha bolsa chea dos distintos tipos de mazás! Na clase observamos as diferenzas destas, vimos os nomes de cada unha e terminamos facendo unha cata degustación das distintas mazás.

Lemos o conto "a mazá que quería ser estrela" observando así que se cortamos a mazá pola metade ten dentro unha estrela. Igual que nós, que no noso interior temos cousas maravillosas ainda que non as vexamos.

E por último, o venres, escribimos a receita da marmelada de mazá e fomos a cociña do cole. Grazas a Aitor que trouxo do seu manzano moitas mazás e a Martín que trouxo do seu limoeiro, limóns. Fixemos unha marmelada que deu para levar todas e todos para a nosa casa. Cremos que estaba moi boa pero nos quedamos co bo ratiño que pasamos traballando en equipo.

Todas estas actividades as fixemos o longo dunha semana, e que, ainda que non o pareza, unha semana da para moito.

 

 

Distribuir contido