MAGOSTO 2012

O venres 16 celebramos o magosto no colexio. Primeiro participamos en distintos tipos de xogos con ou sen castañas: o pano, carreiras de remudas, a encestar a castaña, xincana con castañas, tirar da corda, as chapas con castañas e obradoiro de maquillaxe (este só para Educación Infantil). Despois comimos as castañas. Que boas estaban!

XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

Esta fin de semana celebráronse en Santiago as IV Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia, ás que asistimos un grupo de profesoras do colexio.

Este ano centrouse sobre a necesidade de educar para una lectura comprensiva e crítica dos medios de comunicación, pois, na sociedade actual, a información transmítese por múltiples canles. Nos colexios, e a través das bibliotecas escolares, os usuarios poden adquirir as competencias necesarias para moverse polo mundo da información. Por iso o lema das xornadas foi LER PARA VER.

Houbo tres conferencias e presentación de experiencias por parte dos centros de Infantil, Primaria e Secundaria, do que se está a facer neste ámbito, que é moito e ben.

Entre as conclusións ás que se chegou foi que a Biblioteca debe ser o corazón do centro, e nesa liña estamos a camiñar porque cremos que é posible educar doutro xeito.

ESTE ANO "VAI DE MAR"


EXPOSICIÓN "VAI DE MAR"


A partir do 7 de novembro e ata o día 22, temos no colexio unha colección itinerante de 17 debuxos e pinturas de varios ilustradores de libros infantís e xuvenís. A colección titúlase "Vai de mar" e pertence a Galix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil).


É unha mostra que pretende achegar a actualidade da ilustración infantil e xuvenil galega a un público especialmente interesado nas imaxes para nenos e nenas. As obras expostas foron realizadas por 17 artistas que tivesen algunha obra coa temática do mar.


Un mar que propicie distintas olladas e sentimentos, reflectidos en manchas de cor, riscos de lapis, técnicas mixtas e tamén como nexo con outros mares.


 

CELEBRAMOS O SAMAÍN

Na noite do 31 de outubro comezaba o aninovo celta, marcando a transición do verán ao inverno.


Esa noite está relacionada moi directamente co mundo dos mortos. Pois ben, esta crenza estaba moi arraigada no pobo celta. Eles crían que esa noite, unha "porta" abríase, e o mundo dos vivos quedaba en comunicación co dos mortos, polo menos por unhas horas. Durante este período non se podía saír do pobo, pois nesta noite, as ánimas dos finados volven visitar ás súas familias e ás súas vellas casas para quentárense ao carón do lume e comer dos alimentos que con agarimo lles tiñan preparados os parentes.


 Este día pasamos moito medoooooo no colexio...

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O día 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas, por iso realizamos unha actividade para que os rapaces/zas coñezan a organización e normas de uso da biblioteca. Previamente nas aulas, traballamos estes contidos para, unha vez alí, facer un xogo de pistas e que practicaran estas normas. 

 


SUXESTIÓN LECTORAS PARA O VERÁN

As bibliotecas dos centros de ensino xunto coas bibliotecas públicas de Redondela elaboraron un boletín de suxestións lectoras para o verán axeitadas ás distintas idades que podedes descargar facendo clic na imaxe.

"POÑÉMONOS A CONTAR"

Este curso participamos na XVIII edición de Ponte nas ondas cun vídeo no que varias alumnas do colexio nos contaban diversos relatos da nosa tradición oral recollidos nos libros. Podedes ver aquí o resultado da experiencia.


O IES DE CHAPELA "RESUCITA" Á LINGUA GALEGA

A comunidade educativa do IES de Chapela realizou un fermoso traballo de promoción da nosa lingua. Alumnado, profesorado, familias e persoal non docente protagonizan este 2lipdub2 titulado "EU FALAREI". Parabéns a todos/as.


FIN DE CURSO 2012

Rematamos o curso 2011-2012 coas seguintes actividades:
- Saída a Salvaterra de Miño.
- Entrega de orlas e diplomas ao alumnado de 6º de Primaria e aos nenos/as de 6º de Educación Infantil (5 anos).
- Petiscos no patio ofrecidos pola ANPA.
- Exhibición de patinaxe (actividade extraescolar).


Podedes ver máis abaixo unha selección de fotos.


A actividade lectiva reanudarase o día 12 de setembro.
BO VERÁN A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.

PROGRAMA DE RADIO LETRAS GALEGAS 2012

Como todos os anos, ofrecemos o Programa de radio especial (de 22 minutos de duración) das Letras Galegas, neste caso sobre Valentín Paz Andrade. Nel colaboraron alumnos/as dos distintos ciclos.

Pódese descargar (20mb) facendo clic aquí.

Tamén pódese escoitar facendo clic en " Click to play"


8 MB

Powered by Drupal - Design by artinet