Outras conmemoracións

25-N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

25/11/2016 11:12
Atlantic/Bermuda

O 25 de novembro é o día sinalado pola ONU coma o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller. Con ese motivo, quixemos desde o cole celebralo dunha maneira algo especial. Xa que estamos de cheo metidos no proxecto "Tod@s en Xogo" , elaboramos unha serie de mensaxes para dicir BASTA!!! á violencia de xénero.

Preparamos os focos, as cámaras, os micros e... Primeira das emisións de CEDEIRA TV, a canle de información do noso cole. O resultado foi o seguinte. Convidámosvos a velo premendo no logo desta entrada ou no situado á esquerda desta páxina web... FACÉDEO VOSA CANLE DE REFERENCIA   Guiño

O son da nosa fala con Celso Emilio Ferreiro

O día 12 do mes 12 do ano 2012, moitos colexios de Galicia uníronse para recitar e lembrar a Celso Emilio Ferreiro ao cumprirse o centenario do nacemento do poeta celanovés, unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX.

No noso colexio tamén nos quixemos unir a este acto promovido pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL)

Con este pequeno acto desexamos renderlle pública homenaxe cunha acción de carácter colectivo que simbolice toda a forza e enerxía que transmite a súa palabra, símbolo permanente de valores de solidariedade e xustiza universais, pero tamén de compromiso cívico coa cultura e lingua de Galicia.

Mil primaveras máis!    

 

20 de novembro: Día Universal do Neno

O 20 de novembro celébrase a nivel mundial o Día dos Dereitos dos Nenos e Nenas, por iso, as nenas e nenos do colexo de Cedeira quixemos participar nunha campaña solidaria chamada "La silla roja", que promociona a ONG "Entreculturas".

Entreculturas quere chamar a atención sobre a realidade de 61 millóns de nenos e nenas de todo o mundo que, ao non poder acceder á educación, carecerán de oportunidades e de ferramentas para afrontar a vida.

Se ti tamén queres evitar esta inxustiza, colabora. 

Powered by Drupal - Design by artinet