Magosto e Samaín

Samaín 2019 no Ceip de Cedeira

Outro ano máis chegou o Samaín e celebrámolo por todo o alto! 

Moito medo houbo polo colexio adiante, todo estaba decorado e adornado con cabazas, caveiras, esqueletes, monstros e demais. 

 

Tampouco faltou o Certame de "Contos á lus do candil", que este ano chega á súa 8ª    edición.

  

MAGOSTO 2016

11/11/2016 09:30
Atlantic/Bermuda

O pasado 11 de novembro celebrouse o Magosto no cole de Cedeira. Mentres os asadores e asadoras facían o seu traballo co lume e as castañas, os demais nenos e nenas do cole participamos en diferentes xogos tradicionais relacionados coa festa. Así, houbo circuítos con castañas na culler, probas de habilidade superando obstáculos con castañas nun prato, o baile da castaña e así moitos máis.

Na hora da merenda corremos cos nosos cucuruchos de papel que semellaban antorchas olímpicas a buscar as saborosas castañas. Velaí algunhas fotos do día.

SAMAÍN NO CEIP DE CEDEIRA

28/10/2016 10:00
Atlantic/Bermuda

O pasado 28 de outubro celebramos o Samaín no CEIP de Cedeira. Algúns nenos e nenas de infantil viñeron disfrazados de diversas personaxes de medo. Tamén os nenos e nenas de sexto, que fixeron o tradicional TRUCO OU TRATO, no cal foron polas clases do cole pedindo algún refrán relacionado coa época do ano. Aos nenos que  sabían algún fóronlle dando caramelos.

Tamén, coma vén sendo habitual no cole, e xa por 4º ano, os rapaces e rapazas de 5º e 6º elaboraron uns contos que leeron na biblioteca aos outros cursos do cole, nun recuncho decorado polo equipo da biblioteca con este fin. OS CONTOS Á LUS DO CANDIL foron un éxito e houbo algunhas creacións do máis orixinal e TERRORÍFICO!!!

Nestes dous vídeos poderedes comprobar que ben se pasou no Samaín de Cedeira.

                                                                     

CHARLA DO CLUBE MONTAÑEIROS CELTAS PARA 5º E 6º

En outubro, o alumnado de 5º e 6º fixo unha saída ao entorno do río Xabriña en colaboración co Clube de Montañeiros Celtas .  O día 20, un compoñente desta asociación acercouse ao colexio para falarnos das actividades que fan no Clube, trouxonos material diverso para que viramos, tocaramos e incluso... probaramos.
Aproveitou para darnos unha serie de indicacións para a saída do día seguinte. Aquí deixamos un video-resumo desta charla.

 

Contos á luz das cabazas...

Un ano máis atrevémonos a contar contos e microrrelatos á luz das candeas e das arrepiantes cabazas.

Os alumnos e alumnas reuníronse arredor d@s contador@s para escoitar os relatos que fixeron, algúns deles verdadeiramente sanguinarios e cheos de mortos e zombis.

A biblioteca recibiunos engalanada para a ocasión, converténdose nun entorno misterioso e sinistro. Con todo pasámolos moi ben.Vémonos o ano que vén no mesmo sitio.

MAGOSTO 2012

O venres 16 celebramos o magosto no colexio. Primeiro participamos en distintos tipos de xogos con ou sen castañas: o pano, carreiras de remudas, a encestar a castaña, xincana con castañas, tirar da corda, as chapas con castañas e obradoiro de maquillaxe (este só para Educación Infantil). Despois comimos as castañas. Que boas estaban!

Contando contos tenebrosos...!!!!

Aproveitando o tempo tenebroso do Samaín e unha actividade de plástica, creamos contos de medo.

 

 

Magosto 2011

Xa está aquí o tempo do Magosto, esta vez o 11 do 11 do 2011, ¡curioso!

As familias fixeron uns adornos moi apropiados para a época e os alumnos e alumnas participaron nos xogos, así como na degustación das típicas castañas asadas.

Este curso, aproveitando que o ano 2012 vaise adicar á enerxía sostible, empregamos como "combustible" productos procedentes da biomasa, briquetas e pellets.

O venres 12, os alumnos e alumnas do primeiro ciclo degustaron uns riquíiiiiiiisimos postres que fixeron as familias. Non quedou nin a proba; e despois, algúns, aínda quixeron a merenda.

Celebramos o Samaín.

Un ano máis celebramos as festas tradicionais no cole de Cedeira.

Divertímonos moito porque fixemos máscaras para facer o truco/trato, fixemos caretas e tamén maquillámonos, aprendemos a facer "ollos vidiriosos" riquísimos e tamén realizamos morcegos, fantasmas, arañas, etc. para decorar o colexio.

MAGOSTO 2009

Como todos os anos celebramos o magosto no CEIP de Cedeira. Tempo de lume, castañas e xogos.

Se queredes ver as fotos desta festa, facede clic na imaxe.

Magosto 2009

Powered by Drupal - Design by artinet