Día de Rosalía

VÍDEO: DÍA DE ROSALÍA 2017

O pasado venres 24 de febreiro celebrouse como todos os anos, o día de Rosalía de Castro. Este ano, o lema escollido, foi #Rosalíate, que invitaba a toda a comunidade educativa a caracterizarse como Rosalía.

No colexio de Cedeira, propuxéronse varias actividades relacionadas con ese lema e unha delas foi a elaboración dun vídeo no que participaron todos os cursos e no que se representaba un día 24 de febreiro onde todos e todas fósemos Rosalía e onde se representaba e recitaba un poema moi característico da produción literaria de Rosalía titulado: “Dende aquí vexo un camiño”.

O resultado foi fantástico e moi emotivo. Botádelle unha ollada pois é unha interesante visión do mundo de Rosalía. Agardamos que sexa do voso agrado. Agradecemos a todo o alumnado e profesorado participante e en especial ao Departamento Tic que se encargou da planificación, gravación e montaxe deste maravilloso resultado. Noraboa!

DÍA DE ROSALÍA 2017: #ROSALÍATE

Durante a pasada semana do 20 ao 24 de febreiro, conmemoramos o día de Rosalía no centro. Este ano, seguindo a recomendación da Asociación de Escritores en Lingua Galega, preparamos unha actividade que consistiu en que tanto alumnado, como profesorado e familias puidesen realizarse fotos caracterizados como Rosalía e portando un verso ou estrofa de algún dos seus poemas.

Esta actividade foi etiquetada co lema “#Rosalíate” e coas fotos realizadas elaboramos unha presentación, que quedou fantástica, ambientado as fotos na Casa de Rosalía.

Agradecendo a participación de todos e todas, alumnado, profesorado e familias, agardamos que vos guste o resultado. Deixamos o enlace ao vídeo clicando na foto.

 

Powered by Drupal - Design by artinet