Libros de texto

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL PARA O CURSO ESCOLAR 2020/2021

 

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2020/2021

 

QUEN PODE SOLICITAR?

CURSO 2020/2021

Axudas para libros

Axudas para material

Fondo libros

1º de primaria

x

x

 

2º de primaria

x

x

 

3º de primaria

 

x

x

4º de primaria

 

x

x

5º de primaria

 

x

 

6º de primaria

 

x

 

 

COMO SE SOLICITAN AS AXUDAS?

Hai que cubrir unha única solicitude para todos os irmáns matriculados no mesmo centro.

 

COMO SE PRESENTAN AS SOLICITUDES?

Hai tres formas de presentar as solicitudes. A Consellería de Educación recomenda utilizar as dúas primeiras, utilizando a Chave365 e presentando a solicitude de forma telemática.

 1.-Acceder á aplicación Fondolibros  (https://www.edu.xunta.es/fondolibros ) identificándose coa Chave365 e cubrindo todos os apartados, logo gardar obtendo así o número de solicitude. Imprimir e presentar na Secretaría do centro. (Para esta opción hai que chamar previamente e solicitar cita de entrega)

2.-Acceder á aplicación Fondolibros  (https://www.edu.xunta.es/fondolibros ) identificándose coa Chave365 e cubrindo todos os apartados, logo gardar obtendo así o número de solicitude. Presentar a solicitude gardada na Sede Electrónica da Xunta de Galicia utilizando a Chave365.

3.-As familias que teñan dificultades para cubrir a solicitude de forma telemática poden descargar o impreso, cubrilo manualmente e logo entrégalo. (Para esta opción hai que chamar previamente e solicitar cita de entrega). En caso de non ter impresora poden pasar polo colexio a recoller un impreso en papel.

 

COMO SE PODE SOLICITAR A CHAVE 365?

No seguinte enderezo da Sede Electrónica da Xunta de Galicia indican como solicitar a Chave365 https://www.xunta.gal/chave365/solicitude?langId=es_ES

 

A CANTO ASCENDEN AS CONTÍAS DAS AXUDAS?

Axudas para mercar libros de texto (1º e 2º de primaria)

Renda per cápita igual ou inferior a 6.000 Euros

Renda per cápita superior a 6.000 Euros e igual ou inferior a 10.000 Euros

210,00 Euros

140,00 Euros

 

Axudas para mercar material escolar (1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de primaria)

Renda per cápita igual ou inferior a 6.000 Euros

50,00 Euros

 

Concesión de libros do fondo solidario (3º e 4º de primaria)

Renda per cápita igual ou inferior a 6.000 Euros

Renda per cápita superior a 6.000 Euros e igual ou inferior a 10.000 Euros

6 libros

4 libros

 

CANTOS LIBROS LLE CORRESPONDE AO ALUMNADO QUE VAI CURSAR 5º E 6º DE PRIMARIA

O alumnado de 5º e 6º de primaria estará integrado no proxecto Edixgal e non utilizará libros de texto.

 

QUE DOCUMENTACIÓN HAI QUE PRESENTAR?

-Solicitude: Anexo I e Anexo II

-Copia do libro de familia onde figuren todos os membros da unidade familiar.

-Sentenza xudicial en caso de separación ou divorcio.

-Certificado ou volante de convivencia no caso de que a situación non sexa a que reflicte o libro de familia.

-Calquera outro documento que acredite a pertenza de persoas á unidade familiar, situacións de violencia de xénero, situación de acollemento, etc.

(Todos os documentos presentados deberán reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro de 2018)

 

CANDO REMATA O PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES?

 O prazo remata o 19 de xuño.

 

ONDE TEN QUE PRESENTAR A SOLICITUDE O ALUMNADO QUE VAI PARA A ESO?

O alumnado que realizou a reserva de praza no centro adscrito (IES MENDIÑO) ten que presentar alí a solicitude. Recoméndase chamar para pedir información TEL:886 110 590

 

 

QUE EXERCICIO FISCAR HAI QUE TER EN CONTA PARA CALCULAR A RENDA PERCÁPITA?

A renda per cápita hai que calculala sobre o exercicio fiscal de 2018

 

COMO SE CALCULA A RENDA PER CÁPITA?

A renda per cápita calcúlase sumando as rendas de cada un dos membros computables da unidade familiar e dividindo entre os número de membros que a forman.

Recadro 432+ 460 : número de membros

 

QUE INGRESOS TEÑO QUE TER EN CONTA SE NON FIXEN A DECLARACIÓN DE RENDA NO ANO 2018?

Teranse en conta os ingresos facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria solicitando un certificado de imputacións de renda.

 

QUE MEMBROS FORMAN PARTE DA UNIDADE FAMILIAR

- Os pais/nais ou titores/as non separados legalmente nin divorciados.

- Os/as fillos/as menores de idade.

- Os/as fillos/as solteiros menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar.

- Os/as fillos/as maiores de idade discapacitados suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

- Os proxenitores separados legalmente ou divorciados sempre que haxa custodia compartida.

- En caso de separación ou divorcio sen custodia compartida, só formará parte da unidade familiar o proxenitor/a co que convive o alumno/a.

- As persoas que por novo matrimonio ou por unión de feito ou análoga, viva no domicilio familiar coa persoa proxenitora do alumno/a

  

CANDO HAI QUE DEVOLVER OS LIBROS DO FONDO DO ACTUAL CURSO?

Antes do 7 de xullo, preferiblemente no interior dunha caixa ou bolsa co nome do alumno/a

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet