Estimadas familias: Facendo click na imaxe teredes acceso ao documento que nos envía a Asociación Érguete sobre o uso das NNTT. Agardamos que sexa de utilidade.
Estimadas familias: Facendo click na imaxe teredes acceso ao documento que nos envía a Asociación Érguete sobre o uso das NNTT. Agardamos que sexa de utilidade.
21 Fornite e outros videoxogos.
19 Información accesible para todos e todas.
17 Ler entre liñas: inferencias na comprensión lectora.
16 Uso saudable das pantallas na corentena.
15 Estratexias para mellorar a comprensión lectora.
14 Orientacións sobre avaliación e promoción.
13 Sete propostas de lecer na casa para a semana de descanso.
12 Beneficios da lectura durante a conrentena.
11 Lectura fácil e coronavirus.
10 Pautas de afrontamento para reducir o impacto psicolóxico do confinamento por Coronavirus.
09 Recursos educativos en liña para familias e docentes.
08 A xestión das emocións na corentena.
06 Persoas adolescentes na corentena.
05 Tele educativa na corentena.
04 Circulación de persoas do espectro autista.
03 Procurar a calma na corentena.
02 A corentena en pictogramas.
01 Recomendacións do Departamento de Orientación para estes difíciles días de corentena.
Desde aquí podedes acceder a unha serie de materiais que os/as profesionais do DO prepararon para pasar esta complicada etapa de corentena. Desexamos que todos e todas pasédela da mellor maneira posible. Un saúdo.
O departamento de orientación organizou unha visita á fundación ONCE de Pontevedra para que os alumnos tivesen un maior coñecemento das actividades que se realizan nesta fundación.
Antes da saída, fíxose na aula unha charla-coloquio sobre a ONCE para ter en conta as súas ideas e coñecemento sobre esta organización previa á visita.
Xa en Pontevedra, comezouse cunha charla informativa sobre a función da ONCE seguida de varias actividades, nas que os alumnos/as intercambiaron roles de persoas con discapacidade visual e acompañantes guía, escribiron á máquina en braille e pasaron por distintos departamentos nos que se lles explicou como funcionaban os ordenadores e teléfonos móbiles para este tipo de personas, impresións e materiais adaptados, etc.
Foron actividades moi entretidas e cheas de valores sociais e cívicos nas que os profesionais deste centro tiveron aos alumnos motivados en todo momento acadando un maior coñecemento sobre esta fundación e concienciados sobre esta realidade tan cercana a eles.
Dende o pasado 13 de marzo o CEIP de CEDEIRA conta cun equipo de mediadores e mediadoras para a resolución de pequenos conflitos que xorden na convivencia diaria do alumnado.
Neste programa denominado “Mediación entre Iguais”, un mediador ou mediadora neutral axúdalle a dúas partes en conflito a chegar a unha solución pacífica.
Estes dez mediadores e mediadoras foron escollidos democraticamente, tendo en conta tamén a súa vocación e súa propia vontade. Recibiron do departamento de orientación 10 sesións de formación para o desempeño desta importantísima misión. Poderás coñecelos/as clicando na imaxe.
Como dí o noso lema: "A mediación sempre é a solución"
Tinteiro "12 meses menos doce"
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |