Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2023/2024
O prazo para solicitar as axudas remata o vindeiro 21 de xuño, último día lectivo.
CALES SON AS PRINCIPAIS NOVIDADES DA CONVOCATORIA 2023-2024?
- En 4º e 6º de Primaria permitirase a substitución dos libros de texto para a adaptación dos currículos que establece a Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, de modificación da Lei orgánica de educación (LOMLOE). Aínda que no Ceip Pl. de Cedeira só nos afecta a 4º, xa que en 6º temos E-dixgal e non participamos no fondo solidario de libros de texto.
- En 3º manteranse os libros de texto do curso 2022/2023
- Terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar a 31 de decembro de 2021.
QUE ALUMNADO DESTE CENTRO PODE SOLICITAR AS AXUDAS?
CURSO 2023/2024 |
Axudas para mercar libros |
Axudas material escolar |
Fondo libros |
1º de primaria |
x |
x |
|
2º de primaria |
x |
x |
|
3º de primaria |
|
x |
x |
4º de primaria |
|
x |
x |
5º de primaria |
|
x |
|
6º de primaria |
|
x |
|