Actividades

Semana das Letras Galegas

 

A actividade estrela, onde mellor o pasan e máis aprenden os nenos e nenas, é a Xincana das Letras Galegas, que consiste en ir atopando pistas e superando probas, todo relacionado coa vida e a obra de Xela Arias.

Ademais realizáronse actividades nas aulas en diferentes soportes e tamén en liña. Realizáronse varios programas de radio para podedes escoitar aquí:

2º de Primaria: faladoiro sobre Xela Arias

4º de Primaria: Noticieiro sobre Xela Arias

Obradoiro de radio: Xela en azul

Programa de chistes do mes de maio (obradoiro de radio)

       
       
 
Faldoiro de 2º Noticieiro de 4º Xela en azul (Obradoiro) Programa de chistes (Obradoiro)

DÍA MUNDIAL DA RADIO: 13 DE FEBREIRO DE 2021

Boas a todas e todos. Traemos agora un pequeno programa para participar na iniciativa da asociación Ponte Nas... Ondas! para conmemorar o 13 de febreiro o Día Mundial da Radio. Nel falamos da nosa radio escolar e deste día especial para toda a xente a que nos gusta facer e oír radio. Agardamos que vos guste! Escoita o programa.

Obradoiro de radio

Escoita aquí o resultado: Radio Cores 5º Ponte nas... ondas!

O xoves 14 de xaneiro visitáronnos Xerardo e Damián, da

asociación cultural Ponte nas... ondas! Déronnos un

obradoiro de radio. Aprendemos a preparar e editar

un programa. Foi unha experiencia increíble e

pasámolo moi ben.

 

Escoita aquí o resultado do traballo de  e tamén o de

RAPAZADA NOS CAMIÑOS

A rapazada anda polos camiños... e atopa moitas mostras do patrimonio que nos representa e que queremos mostrar hoxe da man de cada nena e neno. Son fontes, cruceiros, lavadeiros, pozas, fervenzas, petos de ánimas... que atopamos na parroquia e na contorna do colexio de Cedeira. 

Foron moitos os participantes, nenos e nenas que, xunto coas súas familias quixeron colaborar para axudarnos a facer un recoñecemento público dese patrimonio. Disfrutade véndoo!

Tamén o podedes ver en Cedeira TV.

 Rapazada de 1º nos camiños...

 

 

 Rapazada de 2º nos camiños...

 

 

Rapazada de 3º nos camiños...

  


Rapazada de 4º nos camiños...

   

Rapazada de 5º nos camiños...

 

Rapazada de 6º nos camiños...

 

Rapazada de EI 5 anos nos camiños...

 

Rapazada de EI 4 anos nos camiños...

 

 

 Rapazada de EI 3 anos nos camiños...

   

PROXECTO ANUAL DO COLEXIO: "A AUGA BUSCA CAMIÑO"

Este curso 2018-2019 temos como tema "A auga busca camiño" co que queremos poñer o énfase no camiño da auga pero tamén relacionalo co Camiño de Santiago, de feito auga e camiño únense na parroquia de Cedeira que cada día ve como os camiñantes chegan ata a nosa fonte de 3 cano para facer unha "paradiña no camiño", refrescarse e descansar a carón da auga que corre sen descanso.

Comezamos o proxecto cunha celebración de todos os cursos na que cada un amosou o seu traballo sobre o tema anual.

Aquí tedes unhas mostras do acto inaugural.

 

COIDAMOS O XARDÍN DO COLEXIO

Xa estamos no novo curso e temos que facer o mantemento do xardín que, despois de todo o verán, precisaba dun "arranxiño". Puxémonos mans á obra con moita ilusión e ánimo no traballo, as alumnas e os alumnos participantes, de 5º e 6º traballaron arreo para que o noso xardín estea coidado. Mesmo houbo que arranxar desperfectos que algún desaprensivo causou. 

O traballo en grupo, colaborando cos compañeiros e compañeiras fai que o tempo pase voando. Hai que facer moitas cousas: quitar herbas malas, podar, retirar follas caídas, reparar o valado, plantar, poñer carteis cos nomes das plantas, cociñar e degustar sobremesas con cabazas da nosa horta, etc.

Aquí tedes unha mostra do noso traballo.

 

 

MAGOSTO NO COLEXIO

O Magosto é unha das nosas celebracións máis especiais porque todo o alumnado e o profesorado participa activamente nos xogos que se organizan. Despois degustamos as gorentosas castañas. Mirade que ben o pasamos.

Tamén podedes ver na nosa canle de Youtube o certame deste ano de "Contos á lus do candil" no que o alumnado de 6º leu os microrrelatos de medo que fixeron. Todo o alumnado do colexio pasou pola biblioteca para escoitar os "arrepiantes" contos de medo. Para poder ver as imaxes premede en Cedeira TV.

 

HOXE CELEBRAMOS O SAMAÍN

No noso colexio celebramos o Samaín con moitas actividades... Contos á luz do Candil, visionado de pelis de medo, photocall de personaxes terroríficos, degustación de dedos de meiga...

Aquí podedes ver un adianto do que fixemos.

 

Powered by Drupal - Design by artinet