Novas

REVISTA BATEA 2016-2017

 

Xa temos con nós un novo número da Revista Batea, que este ano está cargado de novidades e de actividades que se realizaron no noso centro con diferentes seccións (creacións literarias, proxectiños, saídas,...) entre as que destacan dúas figuras: Carlos Casares, autor ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas, e, Marga Maderal Cal, unha mestra que formou parte deste centro e que deixou unha fonda pegada no alumnado e no profesorado. Agardamos que sexa do voso agrado.

 

XOGOS POPULARES EN CEDEIRA

 

O pasada semana do 8 ao 12 de maio, tivemos no colexio un obradoiro de xogos populares  cedidos en préstamo polo Concello do Grove, que resultou moi interesante e no que participou  todo o alumnado. Fixémolo en 5 sesións durante os recreos por 5 zonas nas que rotaron todos os cursos desenvolvendo as súas habilidades nestes xogos tan interesantes.

A participación do alumnado foi moi alta en todas as sesións e resultou moi chamativo comprobar que durante unha semana eran capaces de pasalo moi ben e de esquecerse dos balóns durante unha semana.

Deixamos unha nova reportaxe de Cedeira TV onde nos explican como resultou o desenvolvemento dos xogos e o ben que o pasaron. Agradecer a todo o alumnado a súa participación e aos reporteiros e reporteiras polo seu magnífico traballo.  

 

O CEIP DE CEDEIRA NA TVG

05/05/2017 09:32
Atlantic/Bermuda

O pasado martes 9 de maio, a canle autonómica de televisión de Galicia (TVG) emitiu un programa, sobre as 10:30 da noite, titulado “O MELLOR CHOCO DO MUNDO” no que se fixeron reportaxes de diversos lugares da provincia, e entre eles, Redondela, onde falaron de como capturaban os chocos e tamén fixeron unha reportaxe no CEIP de Cedeira, xa que a nosa mascota da Biblioteca tamén é un choco, “O Choco Tinteiro”. Estiveron falando co director Xosé Luis, con distintos mestres e mestras do centro e co alumnado. Explicáronlle como xurdiu a idea da nosa mascota e o que representa tanto para os mestres e mestras como para o alumnado. Podedes ver o referente ao noso cole a partir do minuto 42:41

MARTÍN DE LA PUENTE VISITA O CEIP DE CEDEIRA

 

O pasado luns 3 de abril, recibimos no centro a visita de Martín de la Puente, un deportista de élite que participou nos pasados xogos paralímpicos de Río 2016.

Estivo compartindo un rato de conversa amigable co alumnado do colexio en dúas sesións, nas que lles contou como conseguiu chegar a ser un gran tenista e as dificultades que tivo que superar para alcanzar as metas que se foi propoñendo e todas as persoas que lle axudaron. Demostrou ser un gran deportista e sobre todo, unha grande persoa, tendo a amabilidade de responder a todas as preguntas que o alumnado lle fixo e de ensinarlles moitos valores que  asombraron a todo o centro.

Rematou as sesións asinando autógrafos a todos os asistentes, facendo gala dunha boísima educación e unha gran paciencia.

Moitas grazas Martín, por compartir un ratiño do teu tempo con nós. Grazas!

Deixamos unhas fotos do encontro para que vexades que ben resultou.

 

 

SEMANA DA PRENSA 2017

27/03/2017 10:33
Atlantic/Bermuda

No cole celebramos a Semana da Prensa do 27 ó 31 de marzo. Nela, a proposta do equipo de biblioteca e do E.D.L.G. fixéronse actividades do máis variado e participaron todas as clases, desde infantil ata sexto. Unha delas foi a visita ó cole do redactor de deportes de La Voz de Galicia en Pontevedra: Aleixandre Méndez.

Ademais nas aulas tamén traballamos coa prensa, esta é unha escolma dalgunhas actividades de infantil e primaria.

FESTIVAL NADAL 2016

21/01/2016 10:00
Atlantic/Bermuda

O día 21 de decembro tivemos o Festival de Nadal do cole. Coma ven sendo habitual fixémolo no salón do Centro Cultural de Cedeira, a quen lle agradecemos a súa boísima disposición e as facilidades que nos ofreceron, tanto para os ensaios, coma para o día do acto.

Xa consolidado o equipo de Cedeira TV, o programa de novas da canle "A voz de Cedeira" fixo unha reportaxe-resumo  de todo o acontecido no escenario. Premendo na foto teredes acceso á reportaxe. Agardamos que vos guste o resultado.

 

PAPÁ NOEL NO CEIP DE CEDEIRA

20/12/2016 09:30
Atlantic/Bermuda

O 20 de decembro tivemos unha sorpresa no colexio. Nin máis nin menos que o mesmo Papá Noel, en persoa, pasou a recoller as peticións dos nenos. Na visita, organizada pola ANPA do cole, PAPÁ NOEL regaloulle aos rapaces cadanseu libro. O encontro encheu de maxia e felicidade a biblioteca , por onde foron pasando por cursos todos os alumnos e alumnas do colexio.  

 

CHARLA IGUALDADE

09/12/2016 09:00
16/12/2016 12:00
Atlantic/Bermuda

 

Os días 9 e 16 de decembro acercouse ao colexio unha técnica do concello para falarnos, aos nenos e nenas de quinto e sexto, de igualdade, e do longo camiño que queda por percorrer para chegar a ser valorados de igual maneira sen distinción de sexo. Analizamos estereotipos en anuncios, películas, profesións e decatámonos dos micromachismos que temos sen darnos conta. Un decálogo para a igualdade que fixemos entre todos nós foi o remate a esta actividade.

 

 

25-N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

25/11/2016 11:12
Atlantic/Bermuda

O 25 de novembro é o día sinalado pola ONU coma o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller. Con ese motivo, quixemos desde o cole celebralo dunha maneira algo especial. Xa que estamos de cheo metidos no proxecto "Tod@s en Xogo" , elaboramos unha serie de mensaxes para dicir BASTA!!! á violencia de xénero.

Preparamos os focos, as cámaras, os micros e... Primeira das emisións de CEDEIRA TV, a canle de información do noso cole. O resultado foi o seguinte. Convidámosvos a velo premendo no logo desta entrada ou no situado á esquerda desta páxina web... FACÉDEO VOSA CANLE DE REFERENCIA   Guiño

Powered by Drupal - Design by artinet