Infórmate

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR (novembro de 2021)

 

O Consello Escolar do Ceip Plurilingüe de Cedeira está formado polo Director, a Xefa de Estudos, catro pais/nais elixidos democraticamente, un pai/nai nomeado/a pola ANPA, 5 mestres/as elixidos democraticamente, un representante do Concello e a Secretaria do Centro.

 

Cada dous anos hai que facer unha renovación parcial dos compoñentes do Consello Escolar tanto no sector de pais e nais coma no sector do profesorado.

 

Durante o presente mes de novembro celebrarase a renovación parcial que se tiña que celebrar no ano 2020 e que foi adiada pola pandemia.

 

Nesta ocasión por tanto hai que escoller tres representares de pais e nais e catro representantes do profesorado. Escolleranse os candidatos/as máis votados e os menos votados quedarán de suplentes por se se produciran baixas.

 

O pasado día 29 de outubro realizouse un sorteo para constituír a Xunta Electoral que supervisará todo o proceso electoral.

 

A Xunta Electoral reuniuse o pasado día dous de novembro para elaborar o calendario electoral que quedou establecido do seguinte xeito:

 

Luns 8 de novembro: publicación do censo electoral non taboleiro do Centro.

 

Do 8 ao 15 de novembro: prazo de reclamación ao censo electoral.

 

Do 9 ao 16 de novembro ata as 14:00 horas: prazo para a presentación de candidaturas ao Consello Escolar. As nais e pais interesadas/os en formar parte do Consello Escolar poden descargar o impreso correspondente e entregalo cuberto na Secretaría do Centro.

 

17 de novembro: sorteo público para a constitución da mesa electoral de pais e nais ás 9:00 horas na zona cuberta de entrada ao comedor e á aula de música.

 

17 de novembro: a Xunta Electoral reunirase para facer a proclamación de candidatos que quedará exposta no taboleiro do Centro.

 

Do 18 ao 19 de novembro: prazo de reclamación de candidatos/as.

 

Martes 19 de outubro: proclamación definitiva de candidatos ou candidatas.

 

Martes 23 de outubro: votación dos país e nais de 8:45 a 9:15, de 13:40 a 14:10 e de 17:45 a 18:15.

 

Martes 23 de outubro: votación do profesorado en Claustro extraordinario ás 16:45 horas.

 

Martes 23 de outubro: reconto de votos e proclamación dos representantes elixidos ás 18:30 horas.

 

 

O Consello Escolar é o máximo órgano de goberno e de participación dos diferentes membros da comunidade educativa (nais, pais, profesorado, persoal administrativo e de servizos). A súa misión é asumir a responsabilidade máxima colexiada do

 

funcionamento do centro escolar. A súa constitución é obrigatoria en todos os centros educativos, polo que vos animamos a participar.

 

Normalmente celébranse unha media de catro ou cinco reunións por ca da curso. Os tema habituais a tratar son: aprobación da Programación Xeral Anual, aprobación da Xestión Económica, aprobación da Memoria final de curso, aprobación da participación do Centro en diferentes programas, etc.

 

 

 

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS AO ALUMNADO

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de publicar unha Orde pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundario obrigatoria e educación especial en contros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/2021

Todo o alumnado ao cal lle concederon as axudas de 50 Euros para mercar material escolar a principio do actual curso 20/21 será beneficiario directo desta axuda e non terá que presentar ningunha solicitude nin realizar ningún trámite.

Polo tanto, quen pode presentar solicitude?

  • Aquel alumnado que non recibiu a axuda de material escolar e que pretenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 Euros (na renda de 2018)
  • Alumnado con discapacidade igual ou superior ao 65%

Prazo

As solicitudes poderán entregarse de forma presencial no centro educativo den o 16 ao 27 de novembro.

Documentación a aportar

  • Impreso de solicitude (Anexo I e anexo II)
  • Fotocopia do libro de familia onde consten todos os membros da unidade familiar.
  • Certificado do grao de discapacidade do alumno/a ou dalgún membro da unidade familiar se fora o caso.

 

INFORMACIÓN XERAL

DATOS DO COLEXIO, HORARIOS, BOLETÍN INFORMATIVO, TRANSPORTE ESCOLAR, COMEDOR, LIBROS DE TEXTO, IMPRESOS E PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS.

 

DATOS DO COLEXIO:

ENDEREZO: ESTRADA DO CRUCEIRO, 75

CEDEIRA (REDONDELA)

36812 PONTEVEDRA

TELÉFONO: 886 110 671

CORREO ELECTRÓNICO: ceip.cedeira@edu.xunta.es

 

HORARIO

O horario do centro é de luns a venres de 9 a 14 horas.

 

HORARIO DE DIRECCIÓN, XEFATURA DE ESTUDOS E SECRETARÍA

 

DIRECCIÓN
Martes e xoves, de 9:00 a 9:50
Mércores e venres, de 13:10 a 14:00

 

XEFATURA DE ESTUDOS

 

Martes de 13:10 a 14:00

Xoves e venres, de 12:20 a 13:10

SECRETARÍA
Luns de 9:50 a 11:30
Martes, mércores e venres de 10:40 a 11:30

 

HORARIO DE ATENCIÓN ÁS FAMILIAS

Martes de 17:40 a 18:30 horas. A petición de cita debe facerse con anticipación para poder recabar toda a información precisa sobre o alumno/a, así como organizar as demais citas.

 

BOLETÍN INFORMATIVO PRINCIPIO DE CURSO

Pódese descargar aquí o boletín entregado na xuntanza de principio de curso.

 

TRANSPORTE ESCOLAR

Temos dúas liñas de transporte:

 -unha percorre a ruta Eirapedriña – Fortóns - As Cardosas – Outide – Colexio.

 -outra sae de Rande e ten varias paradas na Formiga e na Portela antes de chegar ó Colexio.

  O transporte é realizado pola empresa Viajes Melytour.

 

COMEDOR ESCOLAR

O colexio conta co servizo de comedor escolar na modalidade de xestión indirecta pola Consellería de Cultura, Educación e O. U.

O Cátering "Alimentación Saludable Gallega é o que subministra os menús ao colexio.

 

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO

Pódese descargar facendo clic aquí.

 

DESCARGA DE IMPRESOS:

 

IMPRESOS DE ADMISIÓN

 

IMPRESO XUSTIFICACIÓN DE FALTAS DO ALUMNADO

 

IMPRESO SOLICITUDE ENTREVISTA CO/A TITOR/A

 

IMPRESO ASISTENCIA Á BIBLIOTECA POLAS TARDES

 

IMPRESO DE SOLICITUDE PARA RECOLLER ALUMNADO DENTRO DO HORARIO LECTIVO

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet