I Semana STEM no Ceip de Cedeira

Este ano decidímonos a poñer en marcha a I Semana STEM, adicada á Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas.

Por primeira vez os cursos, dirixidos polas súas titoras e titores, puxeron a funcionar os experimentos e proxectos que foron preparando para a ocasión.

Nesta primeira edición que, esperemos teña continuidade, houbo experiencias moi variadas nas que o público asistente puido tocar, colaborar, preguntar, participar... atendidos polo alumnado que presentaba. Cada día houbo dúas sesións de exposicións, ás que acudiron os cursos en orde e por turno.

O venres, o último día da semana e como colofón, teremos a actuación do grupo de magos "Magia en la Manga" que, empregando galego e inglés aprenderán á rapazada algún que outro truco relacionado coas matemáticas, todo un luxo!

Semana das Letras Galegas

 

A actividade estrela, onde mellor o pasan e máis aprenden os nenos e nenas, é a Xincana das Letras Galegas, que consiste en ir atopando pistas e superando probas, todo relacionado coa vida e a obra de Xela Arias.

Ademais realizáronse actividades nas aulas en diferentes soportes e tamén en liña. Realizáronse varios programas de radio para podedes escoitar aquí:

2º de Primaria: faladoiro sobre Xela Arias

4º de Primaria: Noticieiro sobre Xela Arias

Obradoiro de radio: Xela en azul

Programa de chistes do mes de maio (obradoiro de radio)

       
       
 
Faldoiro de 2º Noticieiro de 4º Xela en azul (Obradoiro) Programa de chistes (Obradoiro)

23 de abril de 2021: DÍA DO LIBRO

Para conmemorar este día todos os cursos participaron na creación dun conto colaborativo. Dende a Biblioteca do colexio organizaron a tarefa para que resultase un proxecto precioso, no que queda reflectida a imaxinación e creatividade das nenas e nenos do colexio.

CELEBRANDO O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO E O DÍA DA MULLER

Unificando as celebracións do Día de Rosalía e o Día da Muller, o alumnado de 6º elaborou estes muros interactivos nos que pon de relevo a figura desta gran muller galega. O alumnado de 5º preparou unha reportaxe sobre unha "gran muller".

Facede clic no enlace de cada imaxe e verédelos. Para ver as actividades dos outros grupos podedes acceder ao blogue da biblioteca. 

 E o traballo do obradoiro de radio non podía faltar. Aquí podedes escoitar o último programa, que contén unha entrevista ficticia a Rosalía de Castro e  e o resumo da videoconferencia coa Triatleta paralímpica Susana Rodríguez Garcio.

DÍA MUNDIAL DA RADIO: 13 DE FEBREIRO DE 2021

Boas a todas e todos. Traemos agora un pequeno programa para participar na iniciativa da asociación Ponte Nas... Ondas! para conmemorar o 13 de febreiro o Día Mundial da Radio. Nel falamos da nosa radio escolar e deste día especial para toda a xente a que nos gusta facer e oír radio. Agardamos que vos guste! Escoita o programa.

ENTROIDO 2021

A situación de pandemia que estamos a vivir non nos permitirá este ano facer o desfile de entroido coa queima do meco, nin a degustación de doces típicos. Será unha celebración máis sinxela, e dentro das medidas de seguridade tentaremos de pasalo ben. 

 

 

 

 

ENCHEMOS A VIDA DE CORES CELEBRANDO O DÍA DA PAZ

Vivan as mans de cores!

Vivan os xestos con valores!

Aplausos para @s valentes!

Viva a vida de cores!

Ao ritmo desta bonita canción, o Ceip de Cedeira celebrou este ano o Día da Paz, no que quixemos poñer unha pinga de cor e de vida para alegrar os días grises de pandemia.

A Paz é un desexo universal do que todos e todas participamos e que buscamos no noso día a día cotiá, e para o que cada un de nós adica pequenas accións para conseguilo. Entre tod@s ímolo conseguir!

Seguimos adiante!!

Vivamos con alegría construíndo a PAZ!!!

 

Obradoiro de radio

Escoita aquí o resultado: Radio Cores 5º Ponte nas... ondas!

O xoves 14 de xaneiro visitáronnos Xerardo e Damián, da

asociación cultural Ponte nas... ondas! Déronnos un

obradoiro de radio. Aprendemos a preparar e editar

un programa. Foi unha experiencia increíble e

pasámolo moi ben.

 

Escoita aquí o resultado do traballo de  e tamén o de

Bo Nadal: panxoliña Ano novo.

O CEIP DE CEDEIRA DESÉXAVOS BO NADAL,

MOITA SAÚDE E PRÓSPERO ANINOVO


 

Pasámolo moi ben, visitounos Papá Noel, tomamos chocolate, churros e roscón; fixemos centros de Nadal, tivemos contacontos e vimos unha película.

 Radio Cores: Nadal Dourado.  Escoitar aquí a entrevista a Papá Noel

 

Powered by Drupal - Design by artinet