ENTRE TODOS E TODAS REVITALIZAMOS O PATIO PARA FACELO MÁIS "INCLUSIVO", "DINÁMICO"," IGUALITARIO", "SAUDABLE" E "EMOCIONANTE".

Pouco a pouco levamos a cabo actuacións no patio para revitalizalo e convertelo nun espazo educativo cheo de vida e no que as interaccións contribúan a unha convivencia agradable e saudable.

A ANPA colabora activamente na construción deses espazos, que iremos reconstruíndo e mellorando con novos proxectos que iremos poñendo en práctica.

A ESCOLA DE FAMILIAS DO CEIP DE CEDEIRA. CURSO 2022-2023

Durante este curso a Escola de Familias estivo a cargo de Patricia Rodríguez e Heidi Vander Biest.

Traballaron temas de interese para as familias: autoestima, a disciplina positiva, o almorzo en familia.

Durante as sesións houbo un servizo de "canguraxe" para os nenos e nenas.

Vémonos de novo no vindeiro curso!!

O CEIP DE CEDEIRA RECIBE O SELO DE "VIDA SAUDABLE"

Segundo a Resolución de 26 de xuño de 2023, da Secretaría de Estado de Educación, concedeuse o distintivo de calidade "Sello Vida Saludable" ao Ceip Plurilingüe de Cedeira.

Estamos encantad@s de que se recoñeza o noso traballo a prol dunha vida saudable coas accións:

  • Recreos Residuos 0 e limpeza do patio.
  • Proxecto de Ornitoloxía.
  • Patios inclusivos.
  • Cociña no centro.
  • Almorzos saudables.
  • Obradoiro de horta e xardín.
  • "Amigos da Terra".
  • Micoloxía.
  • Carreira solidaria.
  • Mirando polo camiño.
  • Proxecto Ríos e Regatos.
  • Programa de distribución de froitas frescas.

 

 

 

 

ESPALLAR TINTA

 

Os mércores e xoves 29 e 30 de marzo, todo o alumnado do centro participará nunha feira de escritura, "Espallar Tinta", que organizamos xunto con outros centros de Infantil e Primaria do Concello de Redondela.

Mércores 29:  participa Infantil, 1º e 2º

Xoves 30: participa 3º, 4º, 5º e 6º

 

No seguinte enlaces podedes ver os horarios de exposición dos distintos grupos: ESPALLAR TINTA (mérgores e xoves)

25N: Día Internacional contra a violencia hacia as mulleres.

Realizamos este correlingua sobre a violencia de xénero en colaboración coa actividade proposta polo

 Concello de Redondela.

 

Micoloxía no Ceip de Cedeira. Os produtos que nos dá a terra.

Xornada de Micoloxía con expertos da UVIGO.

Uns especialistas da UVIGO visitáronnos para darnos a coñecer as características dos fungos que nos rodean. Trouxeron varios exemplares e aprendemos as partes que teñen e como tratalos cando os atopamos no campo. Porque somos coidadosos co noso entorno e coa natureza.

 

 

"En liña coa terra". Facemos o caldo e un obradoiro de tintes vexetais.

Colaboramos coa asociación "Amigos da terra" e recibimos a visita de Jacobo, da Horta do Cadaval, que veu axudarnos a facer un caldo e contarnos un conto: "A sopa máis rica do mundo". O alumnado de educación infantil, 1º e 2º de primaria prepararon os ingredientes que despois lle botaron na pota para cocer: repolo, porros, cenorias, apio, patacas, garavanzos, feixóns e col lombarda. Cheiraba que arrecendía e despois papámolo en cadansúa cunca. Rico, rico!!!! que diría Arguiñano.

 

 

COLABORACIÓN CO BANCO DE ALIMENTOS

Un ano máis colaboramos co Banco de alimentos que se achega aos supermercados para facer a "Gran Recollida". Este ano chegaron a recadar 350.000 kilos de alimentos, superando as cifras do ano pasado. E nós estivemos a pé de super para conseguilo.

Powered by Drupal - Design by artinet