Día de Rosalía

Día de Rosalía 2022

 

   

 

Para conmemorar o día de Rosalía, o Equipo de Biblioteca e o Equipo de Dinamización Lingüística deseñaron a actividade “Construímos o xardín de Rosalía”. Nos pétalos dos tulipáns e das margaridas do xardín de Rosalía escribimos os nosos propios poemas adaptados, que xunto coa biografía de Rosalía quedan recollidos nun fermoso programa de radio que podedes escoitar aquí.

 

Radio Cedeira. Homenaxe a Rosalía de Castro.

 

VÍDEO: DÍA DE ROSALÍA 2017

O pasado venres 24 de febreiro celebrouse como todos os anos, o día de Rosalía de Castro. Este ano, o lema escollido, foi #Rosalíate, que invitaba a toda a comunidade educativa a caracterizarse como Rosalía.

No colexio de Cedeira, propuxéronse varias actividades relacionadas con ese lema e unha delas foi a elaboración dun vídeo no que participaron todos os cursos e no que se representaba un día 24 de febreiro onde todos e todas fósemos Rosalía e onde se representaba e recitaba un poema moi característico da produción literaria de Rosalía titulado: “Dende aquí vexo un camiño”.

O resultado foi fantástico e moi emotivo. Botádelle unha ollada pois é unha interesante visión do mundo de Rosalía. Agardamos que sexa do voso agrado. Agradecemos a todo o alumnado e profesorado participante e en especial ao Departamento Tic que se encargou da planificación, gravación e montaxe deste maravilloso resultado. Noraboa!

DÍA DE ROSALÍA 2017: #ROSALÍATE

Durante a pasada semana do 20 ao 24 de febreiro, conmemoramos o día de Rosalía no centro. Este ano, seguindo a recomendación da Asociación de Escritores en Lingua Galega, preparamos unha actividade que consistiu en que tanto alumnado, como profesorado e familias puidesen realizarse fotos caracterizados como Rosalía e portando un verso ou estrofa de algún dos seus poemas.

Esta actividade foi etiquetada co lema “#Rosalíate” e coas fotos realizadas elaboramos unha presentación, que quedou fantástica, ambientado as fotos na Casa de Rosalía.

Agradecendo a participación de todos e todas, alumnado, profesorado e familias, agardamos que vos guste o resultado. Deixamos o enlace ao vídeo clicando na foto.

 

Powered by Drupal - Design by artinet