O APALPADOR VOLVE POLO NADAL

O Apalpador é un personaxe mítico galego que baixa polo Nadal a levarlles os agasallos aos nenos. Entra de noite nos seus cuartos cando están durmidos e apálpalles a barriguiña por ver se están mantidos e déixalles, ademais dos xoguetes, unha presa de castañas.
Ten un tronco común con outras tradicións europeas e do norte de España (Olentzero basco e Esteru astur-cántabro) e probablemente a mesma orixe, pero que desgrazadamente en Galicia estaba practicamente esquecido.
O rito da Noite do Apalpadoiro foi descrito por varios estudosos e a figura do personaxe refírese na zona da montaña lucense e, nomeadamente, no Courel.
No oriente ourensán existen referencias a este personaxe aínda que, nalgúns casos, con outros nomes e, noutros, con atribucións menos simpáticas como son as de espantar aos nenos.
Neste conto, Xoán G. pretende espilo das deturpacións que ben poden responder a superposicións pouco afortunadas doutros costumes e quedarse co concepto positivo do personaxe e co seu agarimo.

Facede clic na imaxe para ler o conto.

http://www.apalpador.com

Xa chegou o Nadal!!!!

Xa estamos no Nadal e no cole celebrámolo como cada ano con moitas actividades: panxoliñas, obradoiros varios, teatro, chocolatada, pelis... e ata nos veu visitar un Papá Noel moi especial, que recitaba poesías e todo.


 Pois si, houbo de todo un pouco e para que o vexades na casa aquí tedes unha mostra.


CAMPAÑA GÚSTAME O GALEGO

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua presenta o vídeo "Gústame… o galego!"

Despois do éxito nas redes sociais das fotos da acción "Gústame o galego", chega agora un divertido e entusiasta vídeo co que moita xente quere seguir dicindo que lle gusta o galego.

O son da nosa fala con Celso Emilio Ferreiro

O día 12 do mes 12 do ano 2012, moitos colexios de Galicia uníronse para recitar e lembrar a Celso Emilio Ferreiro ao cumprirse o centenario do nacemento do poeta celanovés, unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX.

No noso colexio tamén nos quixemos unir a este acto promovido pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL)

Con este pequeno acto desexamos renderlle pública homenaxe cunha acción de carácter colectivo que simbolice toda a forza e enerxía que transmite a súa palabra, símbolo permanente de valores de solidariedade e xustiza universais, pero tamén de compromiso cívico coa cultura e lingua de Galicia.

Mil primaveras máis!    

 

SER LIBRIS

Gran iniciativa para o tempo de Nadal. Nada mellor que os libros para "Ser libris". Fai clic na imaxe.


Saída do 3º Ciclo

Hoxe o alumnado de 5º e 6º fixo unha saída didáctica para realizar dúas actividades moi interesantes.

Vimos unha proxección de cine submarino no Centro Cultural "García Barbón" de Caixanova, sobre a Gran Barreira de Coral de Australia.

Despois visitamos a exposición interactiva de Naturnova, na que tocamos, ulimos, percibimos e fixemos unha visita virtual ao fondo da Ría de Vigo.

Acompañounos o tempo e aproveitamos para dar unha voltiña pola Alameda de Vigo.

Unha mañá moi aproveitada.

BARRIÉ PEQUES: PROPOSTAS EDUCATIVAS PARA FAMILIAS E ALUMNADO

A web http://www.educabarrie.org/gl/barriepeques presenta actividades educativas para os máis pequenos. Ten un apartado especial para as familias (http://www.educabarrie.org/gl/barriepeques/familias) no que se recollen resursos de orientación e actividades lúdicas e artísticas destinadas a pais/nais con fillos entre 0 e 12 anos. Conta con varios apartados de moito interese.

MISTER LIBRO INFORMA DA CHEGADA DO NOVO AXUDANTE

-Ola amiguiños!
Estou moi contento!
Por fin atopei @ axudante de biblioteca perfecto!
Coñecino navegando polo mar das lecturas e pedinlle que me botase unha man. Digo, unha man? Máis ca unha man!  Oito “mans” dispostas a traervos as historias de tesouros agochados na nosa ría, e espallalas por todo o colexio e ata, por toda a parroquia e máis alá!
Pero… hai un problema… este personaxe évos moi guasón e non me quere dicir como se chama. Así que vós teredes que probar a descubrilo. Podedes pedir axuda na casa aos pais, aos avós, a irmáns maiores (aqueles que “navegan” moito, ao mellor xa @coñecen). Vale preguntar aos pescadores e aos mariñeiros e tamén buscar nos libros… Ánimo! Hai que conseguilo!
Eu tamén axudo! Cando saibamos como chamarlle, gustaríame retirarme a descansar.
Xoguemos a NOMEAR!
Un biquiño de papel.

Muá, muá!

Se fas clic aquí ou na imaxe poderás escoitar a mensaxe de Mister Libro.


1006.17 KB

20 de novembro: Día Universal do Neno

O 20 de novembro celébrase a nivel mundial o Día dos Dereitos dos Nenos e Nenas, por iso, as nenas e nenos do colexo de Cedeira quixemos participar nunha campaña solidaria chamada "La silla roja", que promociona a ONG "Entreculturas".

Entreculturas quere chamar a atención sobre a realidade de 61 millóns de nenos e nenas de todo o mundo que, ao non poder acceder á educación, carecerán de oportunidades e de ferramentas para afrontar a vida.

Se ti tamén queres evitar esta inxustiza, colabora. 

MAGOSTO 2012

O venres 16 celebramos o magosto no colexio. Primeiro participamos en distintos tipos de xogos con ou sen castañas: o pano, carreiras de remudas, a encestar a castaña, xincana con castañas, tirar da corda, as chapas con castañas e obradoiro de maquillaxe (este só para Educación Infantil). Despois comimos as castañas. Que boas estaban!

Powered by Drupal - Design by artinet