DEPORTE ESCOLAR EN VILABOA

O luns 12 de maio o DEPORTE ESCOLAR celebrouse no CPI de Vilaboa. O alumnado de 6º e 5º participou, como é costume, nas especialidades de badmintong, voleibol, baloncesto, balonmán e futbito. Acadaron moi bos resultados, se ben os contrincantes non llo puxeron doado. É de destacar o grande esforzo e espírito de equipo que desenvolveron, así como a deportividade que mantiveron. A evolución dende as primeiras xornadas nas que participaron é salientable, por iso... NORABOA a todos e todas.

 

XORNADA DE PROMOCIÓN DO ATLETISMO

Unha ampla representación do alumnado de 4º de Primaria participou nas pistas de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra nunha xornada de promoción do atletismo entre os escolares.

As probas foron as seguintes: 60 m lisos, salto de lonxitude, lanzamento de peso, 500 m lisos, 1000m lisos e relevos 4x60m. A experiencia foi moi positiva para todos os participantes.

ANDAINA POLO RÍO XABRIÑA

O venres 11 de abril fixemos unha saída "Polo mundo adiante" para descubrir as cousas marabillosas que tamén temos preto de nós... esta vez foi ao entorno do río Xabriña. Pasamos un día moi completo e divertido no que: andamos pola beira do río coñecendo lugares estupendos e paradisíacos; comemos en todos/as xuntos/as nunha zona de muíños, que puxeron a andar para o noso desfrute e estivemos moi "motivados" para facelo andar e moer o millo; participamos en xogos moi divertidos; visitamos un lagar da  cera e un museo dese oficio onde observamos como se traballa este "ouro das abellas". Enfin, un día inesquecible. Queredes ver algunhas das mellores instantáneas? Pois aquí as tedes.

 

SEGUNDA XORNADA DE DEPORTE ESCOLAR

Nesta segunda xornada visitamos o CPI de Pazos de Borbén, onde competimos nas especialidades tradicionais de: badminton, voleibol, balonmán, baloncesto e futbito. Os resultados acadados deixáronnos un bo sabor de boca e moitas gañas de seguir participando. Ata o próximo encontro!

 

APRENDEMOS COUSAS DO POBO SAHARAUI

Os venres 21 e 28 de marzo recibimos a visita de dúas colaboradoras da organización Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.

Contáronnos a súa experiencia como familias acolledoras de nenos/as saharauis, así como moitas  cousas referentes á vida cotiá dese pobo que vive desplazado no deserto do Sahara. Tamén nos facilitaron vestimenta e accesorios típicos, cos que dispuxemos unha exposición na entrada da planta baixa do colexio.

Ao rematar a charla fixemos un obradoiro de hena, un barro utilizado como tinte natural, co que as colaboradoras fixéronlle tatuaxes nas mans ao alumnado asistente.

Moitas grazas por facernos esta visita tan interesante.

DEPORTE ESCOLAR 2014

Outro ano máis imos ao deporte escolar... O alumnado de 6º e 5º de EP participaron nunha xornada de deporte, levada a cabo no Colexio Santiago Apostol de Soutomaior. Practicaron, con gran deportividade, badminton, boley, baloncesto, balonmán e futbito. Gañaron e perderon... pero o importante e que o pasaron ben e deron, todos e todas, o máis que puideron. Noraboa deportistas!

 

 

 

 

 

ODAIKO NAS ESCOLAS

O alumnado do 3º Ciclo de EP asistiu a unha actuación musical levada a cabo polo grupo de percusión ODAIKO.

Nesta ocasión Odaiko adéntrase nunha aula calquera dunha escola para debuxar sons e sensacións cos diferentes materias que nos rodean. A contextualización desta historia acercaranos ao pasado máis lonxano, ese que nos amosa os inicios da humanidade, ata rematar no presente que ata hoxe coñecemos. Un percorrido musical desde o máis ancestral, “home de pedra”, ata o máis actual, “home moderno”.
Acompañados por un narrador en off, Odaiko proponnos una divertida escenificación en directo, chea de ritmos e sonoridades da percusión moderna, onde a imaxinación, a creatividade e a curiosidade polas distintas manifestacións artísticas, son os puntos clave.
“A riqueza dos nosos alumnos está na imaxinación e na comprensión que eles mesmos desenvolven”. Odaiko Percussion Group.

Powered by Drupal - Design by artinet