PUBLICADA A EDICIÓN DE 2012 DAS NORMAS ORTOGRÁFICAS E MORFOLÓXICAS DO IDIOMA GALEGO

 

Xa está dispoñible a última edición das "Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego". O pasado día 19 de abril saíu a número 23. Coa finalidade de evitar a disolución, a depreciación e a subalternización da nosa lingua, a Academia ofrece á sociedade galega unha nova edición das Normas que non amosa mudanza respecto a edicións anteriores.

En palabras do presidente da Academia na Presentación á presente edición: "O noso idioma é aquel que, sobre a ruína do antigo Imperio de Lacio, como dixera en frase célebre Saco Arce, naceu e evolucionou na mente, no corazón e nos beizos do pobo galego. É a nosa magna obra colectiva que, neste intre, se encontra aínda ameazada. Sería loucura concibir a salvación da nosa lingua sen o recurso a unha normativa ao alcance de todos os ámbitos do seu uso social: das administracións ás prácticas cotiás, pasando pola ciencia e o coñecemento universais, pola literatura e pola escola en todos os seus graos e niveis".

Pode consultarse ou descargarse facendo clic aquí ou na imaxe.

ALUMNADO ADMITIDO PARA O VINDEIRO CURSO

 

 

A listaxe do alumnado admitido para o vindeiro curso está exposta no taboleiro do colexio. Tamén pode descargarse facendo clic aquí.

O prazo de matrícula estará aberto entre os días 1 e 12 de xuño. Nese periodo facilitaránselles os impresos de matrícula e a listaxe de documentación a entregar.

LEMOS E DEBUXAMOS COMICS

Unha das últimas actividades da Biblioteca do colexio foi unha exposición sobre o cómic ou banda deseñada. Durante un mes os personaxes dos cómics estiveron na biblioteca, nas aulas e nalgunhas casas e puxémolos a conversar nos nosos traballos. Como estabamos en tempo de entroido, decidimos disfrazarnos dos nosos personaxes favoritos.

Para complementar esta actividade e animarnos a facer a nosas propias creacións, recibimos a visita do escritor e debuxante Abraham Carreiro Fernández. Se facedes clic aquí podedes obter moita máis información del e dos seus traballos.

Abraham ensinounos a debuxar animais e tamén persoas, a partir dos personaxes da novela “Xoeliki, as aventuras dun ciberpirata”. Explicou aos máis grandes como deseñar os seus cómics e planificar os personaxes das historias. Soupemos que os cómics que máis lle gustaban eran Asterix e Lucky,  Luck.

 O máis emotivo para el foi ver publicado o seu primeiro  libro: A fortuna de Bartolomeu.

Gústalle moito ler banda deseñada de autores europeos e tamén lle gusta o Manga xaponés.

Unha xornada na que os lapis e rotuladores percorrían o papel branco deixando ao descuberto fermosas imaxes.

XORNADAS DE BALONCESTO CO CLUB BALONCESTO REDONDELA

Todos os mércores do mes de marzo, varios monitores do Club Baloncesto Redondela van presentar ao alumnado de Primaria o deporte do baloncesto. Na primeira sesión, os nenos e nenas de 4º e 5º, realizaron diversos xogos e actividades para tomar un primeiro contacto co mesmo. Tres xogadores do equipo sénior, Diego, David e Jacobo, dirixiron a sesión, que contou cunha excelente acollida por parte dos rapaces/as. O Club Baloncesto Redondela ofrecerá o curso vindeiro Baloncesto como unha nova actividade extraescolar no colexio.

 

A filosofía do Club Baloncesto Redondela é que "o baloncesto e, en xeral, o deporte, favorece a integración do alumnado, a súa sociabilidade, o traballo en equipo, o sacrificio e o esforzo, ademais de mellorar  a súa condición física, sen esquecer o seu aspecto lúdico. Non se trata só de formalos na técnica deportiva, senón tamén formalos como persoas, fomentando valores como a solidariedade e  a deportividade".

DEPORTE ESCOLAR EN SOUTOMAIOR

O 6 de marzo estivemos compartindo unha xornada deportiva cos compañeiros do colexio Santiago Apóstol, de Soutomaior. Forma parte da programación do deporte escolar. A vindeira actividade desenvolverase no mes de abril no CPI Toural (Vilaboa). Podedes ver aquí algunhas imaxes desta xornada.

ENTROIDO 2012

O día 17 de febreiro celebramos o Entroido no colexio. O tema deste ano eran as "Enerxías sostibles". Cada un dos ciclos representaba un tipo de enerxía: a solar, a eólica, a biomasa e a hidráulica. Trala presentación das comparsas, realizamos un desfile polas rúas de Cedeira acompañados do Meco, que este ano representaba a unha empresa que contamina xa dende o seu propio nome: CONTAMINOSA. De volta no colexio fixemos o xuizo ao Meco e decidimos queimalo. Para rematar, grazas á gran colaboración das familias do alumnado gozamos dunha gran cantidade e variedade de postres de outono. Podedes ver aquí algunhas das fotografías que fixemos.

 

¿COMO PODEMOS AXUDAR AOS NOSOS FILLOS/AS NOS ESTUDOS?

A CEAPA (Confederación Española de Padres y Madres de Alumnos) edita esta guía con propostas para mellorar o rendemento escolar do alumnado. É unha publicación de interese para toda a comunidade educativa, con recomendacións prácticas e análise das condutas menos axeitadas no tema dos estudos.

Pode descargarse facendo clic aquí ou na seguinte imaxe.

Saída d@s alumn@s de 2º ao Museo Verbum e Vila romana de Toralla.

O xoves 2 de febreiro fixemos unha saída escolar xunto cos alumn@s de 2º do colexio Alexandre Bóveda. Visitamos o Museo Verbum que ten cousas moi interesantes que nos chamaron a a tención e nas que puidemos participar e interactuar. Despois participamos nun obradoiro de "sentidos" moi animado.

A continuación merendamos nos arredores da Finca Mirambel en Canido e aproveitamos para percorrer a Vila romana que está ubicada nese espazo. A simpática monitora indicounos o máis salientable da musealización e tivemos oportunidade de ver como vivian os romanos "ricos" que tiñan desde calefacción, baños e piscina de auga quente ata salinas propias... todo un luxo!


 

POMBAS DA PAZ 2012

Nestes días previos ao 30 de xaneiro, os nosos corredores están cheos de "pombas de paz". Foron realizadas polas familias en colaboración co alumnado, amosando cada unha delas unhas boas doses de creatividade. Agardemos que as mensaxes de paz calen en todos/as para conseguir unha sociedade e un mundo máis xustos.


Un mundo en paz

Esta é a canción que imos cantar

para conmemorar o Día da Paz.

Podedes escoitala premendo no enlace.



2.54 MB

Powered by Drupal - Design by artinet