DEPORTE ESCOLAR

O mércores día 18 participamos nunha xornada de deporte escolar cos compañeiros do CPI Curros Enríquez de Pazos de Borbén. Practicamos bádminton, voleibol, baloncesto, balonmán e fútbol sala. A vindeira xornada terá lugar no mes de marzo. Podedes ver algunha das fotos que fixemos.

 

CELEBRAMOS O NADAL

Celebramos o Nadal no colexio cunha festa no Centro Cultural de Cedeira. Cantamos panxoliñas, fixemos teatro e, ao volver ao colexio, tomamos chocolate ofrecido pola ANPA.

A IMPORTANCIA DE LER NA CASA

Presentamos ás familias unha interesante publicación sobre o fundamental que é que a lectura ocupe un lugar importante na vida do alumnado xa dende os primeiros anos: "La importancia de leer en casa" de Antonio Ventura.

Na súa introdución afirma:

"Cuando una abuela, o una madre, o un padre cuentan un cuento a sus nietos, o a sus hijos, están realizando un acto de amor. Un acto de amor hacia el pequeño, pues le están descubriendo el universo de la ficción literaria. Están construyendo un hermoso vínculo con el niño o la niña, y le están capacitando, sin saberlo y sin pretenderlo, para que se haga una persona competente en el ámbito de la lectura. Están despertando en él la imaginación, la capacidad de escucha y la de espera, el gusto por las palabras y el amor a los libros.
Esta guía pretende ofrecerles unas cuantas pautas y orientaciones en este sentido, así como acercarles una pequeña bibliografía que les ayudará en esa hermosa tarea de conseguir que sus hijos y sus hijas se acerquen a los libros por placer y no como obligación".

Pódese descargar facendo clic aquí ou nas imaxes.

SAÍDA AO KIRIKO

 

O pasado venres ,os alumn@s do 3ºCiclo desprazámonos ata o centro "KIRIKO", situado en Fornelos de Montes, para participar no programa de educación ambiental: ÁRBORES PARA A VIDA, VIDA PARA ÁS ÁRBORES.

Disfrutamos moito das actividades do programa, xunto aos compañeir@s do CEIP FRIAN-TEIS(VIGO).

 

DEPORTE ESCOLAR

Este mércores, día 14 de decembro, comezaron para o noso alumnado as actividades do programa XOGADE. Visitamos o Pavillón de Soutomaior para participar nunha xornada de "Xogando co atletismo" xunto con compañeiros dos colexios Santiago Apóstol de Soutomaior, CPI Curros Enríquez de Pazos de Borbén e CEIP Toural de Vilaboa.

Se facedes clic aquí ou na imaxe podedes ver as fotografías que figuran na web do Concello de Soutomaior.

Xa temos mascota para o proxecto da enerxía

¡XA TEMOS MASCOTA PARA O PROXECTO!

 

O DEBUXO QUE FOI SELECCIONADO É O PRESENTADO POR A FAMILIA VICENTE VAZ: GUILLERME E MARÍA.

NORABOA AOS GAÑADORES E MOITAS GRAZAS A TODOS OS NENOS, NENAS E FAMILIAS QUE, UNHA VEZ MÁIS, PARTICIPARON ACTIVAMENTE NESTA PROPOSTA.

CULTURGAL EN PONTEVEDRA

Esta fin de semana celébrase en Pontevedra unha nova edición de Culturgal, a Feira das Industrias Culturais Galegas. Dende o venres 2 ata o domingo 4 multitude de actividades para nenos e maiores converten por uns días a Pontevedra na capital da cultura galega: contacontos, concertos, presentación de libros e discos, multimedia, conferencias, teatro, danza, obradoiros, maxia, novas tecnoloxías,...

Todo isto, e de balde, no Pazo da Cultura de Pontevedra.


Tres historias para ver... e aprender!

Velaquí tres fermosas curtas de animación para gozar e traballar nas escolas infantís ou en familia: Os sete cabritos, A pota que trota e Fiz, o coleccionista de medos. A Secretaría Xeral de Política Lingüística anima ao profesorado a utilizalos xunto coas propostas didácticas que os acompañan. E aos pais e nais, a gozar deles cos seus pequenos/as.


Magosto 2011

Xa está aquí o tempo do Magosto, esta vez o 11 do 11 do 2011, ¡curioso!

As familias fixeron uns adornos moi apropiados para a época e os alumnos e alumnas participaron nos xogos, así como na degustación das típicas castañas asadas.

Este curso, aproveitando que o ano 2012 vaise adicar á enerxía sostible, empregamos como "combustible" productos procedentes da biomasa, briquetas e pellets.

O venres 12, os alumnos e alumnas do primeiro ciclo degustaron uns riquíiiiiiiisimos postres que fixeron as familias. Non quedou nin a proba; e despois, algúns, aínda quixeron a merenda.

GUÍA PARA AS FAMILIAS SOBRE O USO SAUDABLE DE INTERNET, VIDEOXOGOS E TELÉFONOS MÓBILES

Na web do "Defensor del Menor" tendes á vosa disposición esta guía que da consellos précticos para mellorar a seguridade no uso das novas tecnoloxías.

Powered by Drupal - Design by artinet