Celebramos o Samaín.

Un ano máis celebramos as festas tradicionais no cole de Cedeira.

Divertímonos moito porque fixemos máscaras para facer o truco/trato, fixemos caretas e tamén maquillámonos, aprendemos a facer "ollos vidiriosos" riquísimos e tamén realizamos morcegos, fantasmas, arañas, etc. para decorar o colexio.

Visitamos as Salinas de Ulló en Vilaboa.

O día 11 de outubro fixemos unha saída ás Salinas de Ulló, que están en Vilaboa. Era una mañá soleada e disfrutamos dunhas horas de relaxo pero tamén de aprendizaxe. Comprobamos en vivo en directo o que xa viramos antes nas aulas e que constitúe a paisaxe de fondo de ría, con marismas, salinas, bosque atlántico, etc.

Unha mañá moi aproveitada!


.

APRENDER A ESTUDAR

Nesta páxina atopase moita información de interese para mellorar as técnicas de estudo do alumnado, así como actividades prácticas que o estimulen e reforcen.

SAÍDAS DO CURSO 2011-2012

As saídas previstas para este curso son as seguintes:

 CURSO 2011-2012
1º trimestre 2º trimestre 3º trimestre
Educación Infantil - Panadería "O Cruceiro
 - Salón do Libro (Pontevedra)

- Títeres en Redondela

- Teatro no Centro Cultural

Novagalicia Banco (Vigo)

- Saída colectiva

 

1º Ciclo Educación Primaria

- Salinas de Ulló e Lago Castiñeiras

 - Espectáculo músico-teatral no Centro Cultural Novagalicia Banco (Vigo)

 

 - Parque arqueolóxico de arte rupestre de Campolameiro.

-Títeres en Redondela

- Saída colectiva

 

2º Ciclo Educación Primaria

- Teatro en inglés no Centro Cultural Novagalicia Banco (Vigo)

- Muíños do Folón (O Rosal)

 - Seragua e Museo Liste (Vigo)
 

- Títeres en Redondela

- Saída colectiva

3º Ciclo Educación Primaria

 - Parque arqueolóxico de arte rupestre

de Campolameiro.

- Muíños do Folón (O Rosal)

 - Seragua e Museo Liste (Vigo)

 - Teatro en inglés (Vigo)

- Mosteiro de Poio.

- Títeres en Redondela

- Teatro no Centro Cultural

Novagalicia Banco (Vigo)

- Saída colectiva

Algunhas delas están pendentes de confirmación. De xurdir algunha proposta de interese para o alumnado ao longo do curso, será posible a súa inclusión ou substitución por algunha das previstas.

Comezamos o curso comendo sano

Xa estamos aquí de novo e para empezar o curso con bo pé, facémolo comendo san. No colexio participamos na campaña de merendas con froita e cada día saboreamos unha distinta.

E para darlle un pouco de alegría, tamén a comemos nunha fondue de chocolate.

 

GUÍA DE LECTURA DAS BIBLIOTECAS DE REDONDELA

As bibliotecas dos centros de ensino de Redondela xunto coas bibliotecas públicas do concello elaboraron unha guía con lecturas recomendadas para as distintas idades. Podedes velo premendo na seguinte ligazón ou na imaxe.

BOLETÍN BIBLIOTECA CEDEIRA

 

PROGRAMA DE RADIO SOBRE LOIS PEREIRO

Co gallo das Letras Galegas no colexio fixemos un programa de radio coa colaboración de distintas aulas. Podes escoitalo facendo clic aquí: Click to play. 

Tamén podes descargalo premendo na imaxe ou na ligazón  Download audio file.



8 MB

Salvamos os libros

As familias colaboran co proxecto da biblioteca e decidiron salvar uns libros en lingua galega que lles pareceron interesantes. Os nenos e nenas tamén ilustraron esa recomendación.

 

LIBRERÍAS EN PERIGO

O sábado día 4 de xuño o profesor Alonso Montero escribía un fermoso pero á vez preocupante artigo sobre a desaparición das librerías. É tamén a crise económica a culpable disto ou hai algo máis?

Reproducimos aquí o artigo completo. Tamén pode descargarse aquí.

INFORMACIÓN SOBRE OS BOSQUES

Nestes documentos atoparás moita información sobre os bosques, o seu coidado e a súa importancia.

ÁRBORES

AXÚDANOS A COIDAR O NOSO BOSQUE

Que Nos Proporcionan Os Bosques

O entorno do Río da Fraga

TIPOS DE BOSQUES

Powered by Drupal - Design by artinet