Skip to Content

E SEGUIMOS CON NOVO MATERIAL PARA AS NOSAS ACTIVIDADES

Estes primeiros días de clase tras as vacacións adicámolos a decorar a aula coa temática do inverno, ao que recibimos cando xa empezaramos as vacacións de Nadal. Ademais os recantos desta semana foron pensados para traballar a observación, a motricidade, a creatividade e a lóxico-matemática. Un dos mateiriais utilizados foron os libros sobre natureza con imaxes 3D, ou as témperas coas que elaboramos nos mesmos distintas cores.

 

 

LEVAMOS OS TRABALLOS PARA CASA

Tras un primeiro trimestre no que traballamos moi ben, toca facer o cartafol para amosar os nosos traballos na casa. Ademais, a última semana do trimestre a adicamos ao Nadal, elaborando postais e preparando o festival no que bailamos e cantamos para as nosas familias. Aquí unha mostra do material, así como unha foto dunha das actividades coas que máis aprendemos, a través do libro da Casa da Miña Avoa.

 

 

 

CELEBRAMOS OS ANIVERSARIOS DE IZAN E NOEMI

No mes de decembro celebramos os aniversarios de Izan e Noemi, que ademais de agasallarnos cuns doces caseiros boísimos (dos que non deixamos nin as migallas), tamén nos contaron a través dalgunhas fotografías momentos especiais das súas vidas. Felicidades aos dous!

 

Loitando contra o plástico

O pasado xoves 9 de xaneiro, os alumnos de segundo e terceiro ciclo asistimos, en Vigo, á unha actividade sobre o plástico e os seus perigos. Aprendemos divertíndonos e, por se fora pouco, aínda nos quedou tempo para un paseíño pola cidade. Nós si que sabemos!

ALGÚNS RECANTOS DO PRIMEIRO TRIMESTRE

Velaquí unha pequena mostra das actividades que facemos na aula de 5 anos. Os nenos e nenas aprenden a través do xogo os conceptos básicos, palabras novas, os números ou as formas e as cores.

 

 

 

 

Festival de Nadal

Un ano máis, os nenos e nenas de Belesar esforzáronse para ofrecernos o mellor festival de Nadal que se pode ver no Val MIñor. Debaixo queda o vídeo coas actuacións destes pequenos grandes artistas.

Grazas ós alumnos, as familias e os profes polo seu esforzo e colaboración! 

Bo Nadal e feliz Aninovo!

 

VISITA DOS PAIS DE NOEL

O pai de Noel, da aula de 4 anos, é pescador, e viu ao cole para contarnos, coa colaboración da mamá de Noel, como se pescan os polbos, os camaróns, os ourizos, e tamén os percebes, que é o máis perigoso de todo, porque pode levarte unha onda forte. Os nen@s aprenderon moito sobre as artes de pesca e as diferentes técnicas, e tamén o importante que é para estes profesionais traballar en equipo e de forma segura.

"Máscaras" e "Vixiados" triunfan no Concurso de Poesía Visual de Baiona

O bo facer dos alumnos de quinto e sexto tivo un merecido premio no Concurso Interescolar de Poesía Visual de Baiona. O poema "Máscaras", da clase de quinto de primaria, resultou gañador do concurso;  mentres que o poema "Vixiados", da clase de sexto, acadou unha meritoria mención de honra.

Onte, David Fernández, poeta visual e impulsor do concurso, e Óscar Carreño, Concelleiro de Educación, visitaron Belesar para facer entrega dos premios e felicitar ós rapaces e rapazas polo seu esforzo e implicación no proxecto.

En Belesar temos uns auténticos poetas visuais e ben orgullosos que estamos deles! Sorriso

Distribuir contenido


by Dr. Radut