Skip to Content

Samaín/Halloween en Belesar

O mércores celebramos no cole o Samaín/Halloween con un obradoiro de cociña terrorífica para o alumnado de Infantil e distintos obradoiros para o alumnado de Primaria, pasámolo de medoooooo!

 

 

 

 

A poesía visual chegou a 5º de primaria!

Onte os alumnos de quinto de primaria tiveron a gran sorte de aprender máis sobre poesía visual. Para iso, o mestre David ensinoulles caligramas, poemas visuais e poemas obxectuais e, por suposto, axudoulles a interpretalos e a pensar sobre eles.

Saíron achegas preciosas e incribles e, sobre todo, gozaron coa poesía! Foi un obradoiro estupendo!

Aquí están as MOCHILAS VIAXEIRAS!

Xa comezaron a súa viaxe polas casas as mochilas viaxeiras de Belesar.

Agardamos que enchan as vosas tardes de lecturas compartidas e vos permitan desfrutar de fantásticas viaxes en familia.

No cole queremos velo! Así que recordade escribir nos cadernos que levan dentro!

mochilas viaxeiras 2019

Proceso de recolocación de fondos

Estamos a enfocar o traballo de recolocación de fondos como unha cadea de montaxe. Os libros van pasando por diferentes caixas e en cada unha de elas hai que aplicarlle algunha modificación. É un proceso algo complexo pero que confiamos nos vaia a funcionar!

Deixámosvos o documento que estamos a utilizar como guía do proceso por si fora do voso interese!

Saúdos!

biblio

Argallando en Compostela

O venres fixemos unha saída chulísima a Santiago de Compostela. Exploramos, aprendemos, xogamos, divertímonos... Un día xenial, vaia!

Comezamos aventura!

Este vai ser un curso moi especial. No colexio decidimos recolocar tódolos libros da biblioteca para adaptar a súa catalogación á CDU simplificada proposta por Bibliotecas Escolares, diferenciar por competencia lectora e engadir palabras clave (materias) a cada libro para facilitar a súa posterior busca.

É un traballo inxente que non sabemos ben cando rematará! 

Deixámosvos os detalles no documento publicado en: "Proceso de recolocación de fondos"

BIBLIO

BIBLIO

BIBLIO

Visita de Susa Herrera

O pasado mércores tivemos a sorte de contar coa visita de Susa Herrera no noso centro. Veu co seu novo libro "Cabárceno, rugidos y canciones" e bailamos e cantamos ao son das súas preciosas cancións.

Moitas grazas Susa!

 

Xogos cooperativos do inicio de curso

Comezamos o curso cos nosos famosos xogos cooperativos. Que mellor maneira para reencontrarnos, coñecer ós compañeiros que chegan e de divertirnos. Pasámolo xenial!

 

Listaxe definitiva de admitidos no fondo solidario de libros de texto

Queda publicada a listaxe definitiva do Fondo Solidario de Libros de Texto

Distribuir contenido


by Dr. Radut