Skip to Content

Mención especial no IV Concurso Ollo de Vidro

Estamos de noraboa porque acadamos unha mención especial no IV Concurso Ollo de Vidro, co video Espertando soños, realizado co alumnado de 1º e 2º de `primaria. Recollemos o premio o pasado mércores no Festival de cans.

Maios de cine en Belesar

Hoxe festexamos os maios no cole de Belesar e todo o arrecendo a fiuncho, encheu o cole. Flores que se transformaron en colares, pulsares e nunha alfombra de cine!

Finalistas no Concurso IV O Ollo de vidro

O alumnado de 1º e 2º de primaria participou no concurso O Ollo de Vidro que organizan os Equipos de Dinamización Lingüística, a Biblioteca Neira Vilas xunto co Festival de Cans. Nós fixemos un video recomendando a lectura de Paio e o poder da música co alumnado de 1º e 2º.

Quedamos finalistas no concurso e o vindeiro mércores 22 de maio  ás 18.30 en Cans ( no Baixo de Bugarín) proxectarase o noso video e comunicaran os gañadores, asi como a entrega de premios.

Se queredes vir ao evento, comunicádenolo na escola o luns 20 .

Moitas grazas, moita sorte e Noraboa aos participantes.

Remata a Semana Cultural

Moitas grazas a todo o alumnado e mestras/es que participaron nesta Semana Cultural, empregando o seu tempo para ensaios e deleitándonos con actuacións marabillosas.

Mércores da Semana Cultural

Martes da semana Cultural

Grazas ao alumnado pola súa participación!

Comezamos a Semana Cultural

Hoxe, luns, comezamos coa Semana Cultural adicada a Antonio Fraguas Fraguas. Grazas ao alumnado pola súa participación.

 

Xornada xogaloita no Pavillon de Baiona

Hoxe, participamos na Xornada de Xogaloita do programa do Deporte escolar. Gozamos moito na nela!

 

ROBOTIZANDO BELESAR II

As nenas e nenos de cuarto seguimos afondando no mundo da robótica. Logo de traballar os kits de Lego e de achegarnos á programacion con mBlocky, agora metémonos a construtores! Con moita dedicación e atención montamos os novos robots que chegaron ó colexio. Paso a paso, peza a peza e parafuso a parafuso conseguimos que quedaran xeniais!

 

Entroido e queima do meco

A última semana do febreiro o meco enviounos distintas ordes: vir de películas de ciencia ficción, cómicas, musicais...o xoves 28 celebramos o festival pola tarde na vosa compañía. Á volta queimamos e choramos polo meco.

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut