Skip to Content

Novas datas de publicación da listaxe para a adquisición de libros de texto e material escolar

Estimadas familias,

debido a que a Consellería decidiu retrasar este luns o proceso de matrícula automático, ata o 1 de xullo non poderemos publicar a listaxe provisional para as axudas de libros de texto e material escolar.

Un saúdo

Equipo directivo

Listaxe provisional de alumnado admitido para o curso 2020/2021

Bo día,

adxuntamos listaxe provisional de alumnado admitido para o vindeiro curso.

 

 

 

O reto do equilibrio!

Aquí está o vídeo dos vosos equilibrios con papel hixiénico. Canta creatividade e canta paixón lle puxestes! Ben feito!

#Sairemostodosxuntos #Belesarenforma


 

Acampada na casa!

No primeiro fin de semana de maio os nenos e nenas de Belesar foron de acampada... á súa propia casa! Montaron a tenda, prepararon comida, contaron historias de medo, xogaron e, sobre todo, divertíronse!

#Belesarpodecontodo #xaquedamenos

Vído opinión de "Escarlatina e a cociñeira defunta" de Ledicia Costas

Alumnado de 2º de Educación Primaria

Xogos populares en Belesar

Polo Día das Letras Galegas aproveitamos, grazas á profe Tere, para recuperar os nosos xogos populares máis queridos, empregando material reutilizado e reciclado. Podemos divertirnos ó mesmo tempo que axudamos a que a Terra estea sa!

#xaquedamenos #Entretodossairemos

Fondo solidario libros de texto

Estimadas familias,

adxuntamos dous arquivos coa información relativa ao Fondo Solidario de libros de texto e material escolar,

un saúdo

Equipo directivo

Atención ao público

Estimadas familias,

a partir do luns 11 de maio un membro do equipo directivo estará no centro para levar a cabo tarefas adminitrativas. O horario de atención ao público será de 10.00 á 13.00h.

Recordamos que dende o 11 ata o 18 de maio estará novamente o prazo de admisión para alumnado de nova incorporación.

Un saúdo

Equipo directivo

Distribuir contenido


by Dr. Radut