Skip to Content

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO

 

Hai unha canción de PACO NOGUEIRASque nos di EN GALEGO TODO O PODO FACER!”, e celebramos que EN GALEGO TAMÉN PODEMOS FACER CIENCIA!!! POR SUPOSTO!!!

 

A semana pasada visitamos a SALA DAS CIENCIAS do noso BIBLIOCASTELO. QUEDAMOS ABRAIADXS!!! Descubrimos toda clase de trebellos do máis interesantes relacionados co espazo, o corpo humano, as matemáticas.... mesmo un impresora  3D!!!

 

As profes leváronnos alí para desenvolver dous experimentos diferentes:

Primeiro, comprobamos como era posible lograr que un ovo flotase.

Para iso empregamos os seguintes materiais:

 

·                                             2 ovos

·                                           6 culleradas de sal

·                                           Auga da billa

·                                         2 vasos

·                                      1 culler

 O experimento consistiu en comparar dúas situacións case iguais:

Botamos auga da billa en dous vasos. Logo, nun deles, engadimos seis culleradas de sal. A continuación, introducimos un ovo en cada vaso e agardamos uns minutos observando con moita atención.

Pasado ese tempo, puidemos constatar que o ovo que meteramos na auga salgada subira á superficie; mentres que o outro, ficara pousado no fondo do vaso. Parecía maxia, pero era ciencia!!!

Entón, as profes explicáronnos  que ao engadirlle o sal á auga, aumentaba a súa densidade (volvíase máis “espesa”) e facía que o ovo flotase. Que interesante!!!!

 

Por u outra banda, convertemos un ovo nunha bóla que saltaba!!!

Tivemos que ter un pouco de paciencia; pois, para ver o resultado do noso experimento tivemos que agardar varios días.

O que fixemos foi meter un ovo nun vaso con vinagre.

 Os materiais que empregamos foron:

·                                     1 vaso

·                                      1 ovo

·                                     Vinagre

 Case de inmediato, puidemos ver como empezaban a aparecer burbulliñas que nos indicaban que algo estaba a suceder na casca do ovo!

Despois de varios días de espera, descubrimos que se volvera branda e parecía que o interior do ovo se inchara.  A verdade é que daba un pouco de noxo.

Ao sacar o ovo do vaso, comprobamos que parecía unha pelota saltarina!!!!

 

ENCANTOUNOS!!!

QUE VIVAN A CIENCIA E NOSA LINGUA!!!

 

PREMEDE NA IMAXE PARA VER AS FOTOS!!!

 

 

 

 



blog | by Dr. Radut