SAMAÍN

Como estes días tocaba pasar medo rematamos o mes de outubro cunha mañá terrorífica chea de sorpresas e diversión. Comenzamos nada máis chegar ao colexio e por cursos fomos pasando polos distintos obradoiros: Contos para non durmir, Trick or treat, Move o esquelete e Manualidades de Samaín.

Na aula de psicomotricidade estiveron os máis pequenxs acompañadxs polo profe Sergio con xogos tan divertidos e terroríficos como desprazamentos imitanto a seres fantásticos do Samaín, " O vampiriño", " A pantasmiña cega" " As carretillas transportadoras" e rematamos bailando a canción de " Chúmbala Cachúmbala".

E arriba no cole de Primaria, tamén fomos pasando por quendas polo ximnasio onde había un pasadizo un tanto húmido e seres monstruosos que nos fixeron xogar  a " Pita zombie", a un clásico do Samaín " O vampiriño" e para volta a calma despois de tanta tensión " O home lobo". E rematamos a mañá  bailando todxs xuntxs no patio. Resultou un día terroooooooorificamente divertido.