ESTE ANO HOUBO MAGOSTO!

O pasado mércores 10 de novembro, coincidindo coa véspera do día de San Martiño tan importante para Bueu, celebramos o Magosto na escola. Grazas a colaboración dos especialistas de educación física, e a Asociación Corredoiras, que nos emprestou os xogos tradicionais, o alumnado pasou unha xornada moi especial no colexio. Algún dos xogos que probaron e puideron compartir por quendas foron: os zancos, cubo de rubik de engranaxes, cachiza, buxainas (polo San Martiño xa se sabe, trompos ao camiño), aros... Pasárono xenial probando os seus lanzamentos, o seu equilibrio, a súa precisión e habilidade, na práctica con estes xogos populares. Nos videos que están a continuación podemos comprobar o ben que o pasaron.

A continuación, unha vez rematada a quenda correspondente de xogos,  tamén puideron degustar as castañas asadas polo conserxe Ramón, con todo o seu cariño e esforzo, e compartir esta festa con todos os seus compañeiros e compañeiras. 

A mañá foi diferente e especial para tod@s, e houbo moita emoción e diversión, por poder recuperar a festa do Magosto, tan significativa para nós.

 

                             

 

 

 

 

                                                                     FOI XENIAL!!!