OBRADOIRO DE ALFOMBRAS COA ASOCIACIÓN CUNCHAS E FLORES DE BUEU

Este luns, 13 de maio, o alumnado de cuarto tivemos a sorte de elaborar alfombras no patio do noso cole grazas á iniciativa da asociación “Cunchas e flores de Bueu”.

Contáronnos a importancia desta tradición en Bueu e  que a súa intención e que a rapazada a continuemos. Despois fomos directamente para o patio cuberto porque a meteoroloxía non nos permitiu outra opción. Pasámolo xenial! 

Realizamos todas as fases: Primeiro pintamos con xiz os debuxos, despois perfilamos con cunchas e por último enchemos os ocos dos debuxos  con  cores diversas. Quedounos perfecto!

 

 

 

Somos moitxs os que este ano queremos repetir a experiencia nas rúas de Bueu o próximo 1 de xuño.