CURSO 6ºA 6ºB 6ºC

23 DE MARZO - DÍA METEOROLÓXICO MUNDIAL

 Hoxe celebramos o Día Meteorolóxico Mundial.

Para conmemoralo, o alumnado de quinto de primaria preparamos unha escolla das nosas fotografías e de refráns relacionados co tempo.

Premede nesta foto para ver o noso vídeo:

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Neste día tan sinalado, 24 de febreiro, non nos podemos esquecer da nosa Rosalía de Castro.

Festexamos a tan gran muller cos seus versos escritos nestas fermosas rosas.

CLICA NA IMAXE PARA VER O NOSO VIDEO

 

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 

 

Co galo do 11 de febreiro, Día Internacional da

 

Muller e da Nena na Ciencia, o alumnado de quinto,

 

traballou en torno á diferentes mulleres científicas,

 

para coñecelas un pouco más.

 

 

Fixeron unha pequena investigación, tratando de 

 

emparezar, a través dun xogo, a biografía e 

 

fotografías.

 

 

Ademais, realizaron un escape room moi divertido

 

sobre o tema.

 

 

 

 

 

BO NADAL

O alumnado de quinto deséxavos un BO NADAL, no que renovemos momentos, reciclemos sorrisos e sigamos comprometidos coa mellora do noso mundo.

 

CREANDO

Aquí  vos deixamos algunhas das nosas creacións (clicade na imaxe).

UNS ARTISTAS!!!:

 

CULTIVANDO AS NOSAS PLANTAS

 Aquí vos deixamos unha pequena mostra do día que plantamos os nosos bulbos. Estamos desexosos/as de velos medrar:

25 de NOVEMBRO

O pasado 25 de novembro , data tan importante, día INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO :

- Visionamos unhas curtas para reflexionar sobre o tema.

- Lemos un conto que nos introducía na temática e deunos pé a participar nun foro entre nós.

- Traballamos coa prensa, cun dos titulares de gran interés neste día: "A pandemia máis longa da historia".

- E, como non, xuntos, manifestamos o noso apoio a todas as mulleres que están sufrindo, día a día, en silencia tantos tipos de violencia.

Deixámosvos aquí algunha foto co noso compromiso por unha sociedade diferente.

 

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Neste mes de novembro, MES DA CIENCIA EN GALEGO, o alumnado de 5º fomos ao laboratorio a pasar unha divertida xornada experimentando con "FLUÍDOS NON NEWTONIANOS".

 

CLICADE NA IMAXE PARA VER O VÍDEO:

ANIVERSARIO DE PAPIRUS

 Como cada ano, no "Día Internacional das Bibliotecas Escolares", celebramos o aniversario de Papirus. Aínda que este ano a celebración foi un tanto diferente, non podiamos quedar sen cantarlle o PARABÉNS ao noso amigo, desta vez só cos nosos compañeiros/as de aula.

Clicade nos seguintes enlaces para acceder aos vídeos:

 5ºA:  

5ºB:

Distribuir contido