CURSO 6ºA 6ºB 6ºC

FORMACIÓN EN TIC

Da man da asociación Alicce ( Formación para a mellora das relacións humanas), a rapazada de sexto de primaria asistiu a dúas sesións de formación no uso responsable e prevención de conflictos en internet e redes sociais.

Un tema moi actual e necesario para eles, especialmente na etapa na que se atopan. 

Resultoulles de gran axuda e xurdiron preguntas e reflexións moi interesantes.

 

 

 

 

VISITA DO INSTITUTO

No plan de tránsito á ESO estamos a realizar diversas sesións de formación en torno á planificación escolar, hábitos de estudo, coñecemento do Instituto…

Nesta ocasión viñeron a directora  e vicedirectora do IES Johan Carballeira a falarnos sobre o noso futuro centro e o seu funcionamento.

DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA

O pasado venres festexamos o día da PAZ.

Este ano o alumnado de 6ºA tivemos a oportunidade de presentar este acto, no que cada aula leu o seu compromiso para crear un ambiente de máis concordia e convivencia no cole e xuntos cantamos co desexo dun mundo mellor.

Os maiores, festexando o 50 aniversario do cole, tamén quixemos deixar a nosa pegada, que enchen os nosos corredores lembrándonos os valores da paz que queremos vivir cada día na nosa escola.

 


 

 

 

APRENDENDO CO BANCO DA AMIZADE

Por fin chegou ao noso patio o esperado BANCO DA AMIZADE.

Os días previos, estivemos facendo diversas dinámicas na aula a fin de ter os ollos abertos e estar máis atentos aos compañeiros que están ao noso arredor, xa que a ninguén lle gusta sentirse só/a.

A través do xogo “Mundo de cores”, traballamos a importancia de ternos en conta uns aos outros, da inclusión e a empatía; e a partir de aí falamos longo e tendido da amizade.

Tamén fixemos otra actividade na cal expresamos en que momentos e situación nos sentimos “invisibles”.

 

 

 

 

 

 

 

BANCO DA AMIZADE

A próxima semana teremos entre nós o BANCO DA AMIZADE, unha oportunidade para tomar conciencia da importancia deste valor.

Os alumnos/as de sexto faremos algunhas dinámicas que nos axuden a traballar a convivencia, o respecto e todos aqueles aspectos que favorecen a Non Violencia e a Paz.

A VOLTAS COA COMPOSTAXE

Para ampliar os nosos coñecementos e empregar dun modo máis eficaz o noso composteiro, contamos coa colaboración de Antón, técnico do Plan Revitaliza, da Deputación de Pontevedra.

Tivemos dúas sesións moi interesantes: unha para concienciarnos máis da necesidade de reducir, reciclar, reutilizar e compostar; e outra máis práctica na que observamos os “intrusos” que podemos atopar na compostaxe.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

OBRADOIRO CON MARC TAEGER

Neste Nadal, tivemos a sorte de contar con Marc Taeger para gozar dun divertido e creativo obradoiro. A partir de esqueletes de diferentes animais fixeron a súa propia creación.

Convidamos a este gran artista polo seu talento e creatividade e tamén por ser membro da nosa comunidade educativa, xa que este ano estamos a celebrar o 50 aniversario do cole, no que queremos poñer de manifesto a pegada de tantas personas que forman esta gran familia escolar.

 

 

 

 

 

 

 

INVESTIGANDO O CEREBRO, CON IRENE LÓPEZ

Para clausurar o mes da Ciencia, tivemos a sorte de contar no noso cole coa presenza da científica Irene López.

Dentro do noso proxecto, o 50 ANIVERSARIO do centro, convidamos a esta antigua alumna , para que  nos contase a súa experiencia no seu ámbito de traballo: a investigación , e en concreto a Neurociencia.

Bioquímica, e especializada nas enfermedades mentais, Irene aproximounos, a través de xogos e ilusións ópticas ao marabilloso mundo do noso cerebro. Aprendemos cousas moi interesantes.

Grazas pola túa visita.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

25 N

O alumnado de sexto de primaria , para conmemorar o 25N, día contra a violencia de xénero, elaboraron un 3 en raia, xogo que nos fará ter moi presente esta realidade e gañar a partida á violencia.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO

Co gallo da celebración do mes da ciencia en galego, o alumnado de 6º realizou no laboratorio un interesante experimento sobre volcáns. Se queredes velo, clicade na seguinte imaxe.

 

 

 

 

Distribuir contido