CURSO 3ºA 3ºB

PROXECTO ANIMAIS 1ª PARTE

 PROXECTO ANIMAIS

Dentro deste proxecto ao longo do trimestre realizamos diferentes actividades. 

Esta semana estivemos na RADIO para darlle voz a un libro que elaboramos por equipos. Cada equipo escolleu o animal que quería indagar, pero esta vez a través de diferentes lecturas en lingua galega e lingua castelá. Seleccionaron a información máis importante para despois facer unha descrición moi detallada do animal escollido. Este foi o resultado!

Encantounos ir á radio! Moi ben equipos!

 

Presentación VIRAPEDRAS POLBO PINGÜÍN PELÍCANO OSO POLAR ESCORPIÓN DEMO DE TASMANIA CABALIÑO DE MAR BALEA AZUL

PROXECTO BUEU 1ª PARTE

 

Tras a habitual asamblea de aula e facer a votación, gañou con maioría absoluta o tema de BUEU.  Como sempre, nos preguntamos que queremos saber da nosa vila e EMPEZAMOSSS.....

 

GRAZAS ARTURO POR ESTAR SEMPRE AÍ CANDO TE CHAMAMOS!

Eu son guía, eles son xs verdadeirxs protagonistas da súa aprendizaxe, xa que me propoñen diaramente novos temas dentro do proxecto. Indagan segundo os seus intereses, e só hai que velxs traballar, están moi motivadxs!

Xa sabemos moito de Bueu, porén decidimos ir visitar eses lugares que estivemos traballando na aula. 

 

 

Grazas ao alcalde Félix Juncal, aos concelleiros Alberto Moital, Agustín Gallego, Xosé Leal e a concelleira Silvia Carballo por recibirnos e atender as nosas demandas. Grazas tamén a Tensi polas xestións previas.

Pero esto non acaba aquí, co gallo do noso 50 aniversario, o alcalde e algúns concelleirxs foron exalumnos do noso centro, polo que a vindeira semana virán realizar unha entrevista na radio.

Tamén temos pendentes as nosas exposicións dixitais polo que ...

CONTINUARÁ!

 

Noticia publicada na páxina do concello

ROSALÍA/22

 

Co gallo do nacemento de Rosalía, o 23 de febreiro festexamos o aniversario da escritora galega máis universal. Este é o primeiro ano que se celebra un 23 de febreiro e non o 24, xa que se descoñecía o día exacto ata agora.

O 22 de febreiro recibimos un contacontos, ESTEBAN de TARABELOS....e que nos veu contar?

Un conto de CANTARES GALLEGOS!

 

 

 

Máis tarde nas aulas, debuxamos o conto de Vidal; chourizos, unha aldea, o río Sar, Vidal, caldo, galiñas, porquiños...porque con estos debuxos Esteban algo está argallando para o noso patio. 

CONTINUARÁ...!

ENTROIDO 2022

 

E POR FIN CHEGOU O ENTROIDOOOO!!!!

O venres 25 de febreiro festexamos o entroido no noso centro. Despois de toda a semana do Mandadiño, o venres despois do recreo volvemos a xuntarnos todo o alumnado no noso patio e fixemos un pouquiño de festa. Cada curso desfilou e cantamos a canción SON DE BUEU.

 

 

Día Internacional da Muller e da nena na ciencia

O 11 de febreiro, os rapaces e rapazas de terceiro conmemoramos o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, que se celebra co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademáis para favorecer a igualdade de xénero.

Primeiro, tiveron que realizar unha búsqueda sobre as mulleres galegas científicas. Despóis, puxemos todos os datos en común e por último realizamos un comecocos para poder xogar e aprender.

Quedoulles xenial!

ILLAS ATLÁNTICAS

O martes 2 de febreiro, Ana, unha monitora do Parque Nacional marítimo-terrestre das ILLAS ATLÁNTICAS, desprazouse ata o noso centro para achegarnos a eses arquipélagos e poder coñecelos mellor.

Comezou presentándonos os catro arquipiélagos do Parque Nacional e os fondos mariños que rodean as illas. Despois, falamos das plantas e dos animais que habitan o Parque e vimos uns vídeos que nos gustaron moito.

Pero o que máis nos chamou a atención foi a caixa coas pegadas que deixan as diferentes especies polo parque, e especialmente unha pel de serpe longuísima: era case tan longa coma Ana! E esa serpe deixouna atrás porque mudara e fíxose aínda máis grande.

Gustounos moito a actividade, e entendemos a importancia de coidar a nósa contorna e en especial ese Parque Nacional onde viven tantas especies de animais e plantas.

Moitas grazas pola visita e por achegarnos a ese paraíso.

 

 

O BANCO DA AMIZADE

Neste mes de xaneiro, o noso centro compartiu un proxecto de convivencia, inclusión, respeto, amizade, comprensión, soños, valores e amor : O BANCO DA AMIZADE.

Este banco especial atopouse nos diferentes patios para que se sentaran nel os rapaces e rapazas que tivesen algún problema, ou os que quixeran contar algo, ou simplemente necesitaran algo de compañía...

O resto dos rapaces estaban atentos para poder axudar e aportar a súa amizade e o seu cariño aos compañeiros que o necesitaban.

A actividade foi recibida con moito entusiasmo e eses recreos fixéronse moi curtos!

De volta á clase, realizamos unhas actividades por equipos.

 

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

 

 

O pasado venres 28 o alumnado de 3º celebramos O DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA, por primeira vez neste curso reunímonos todo o alumnado e profesorado de primaria  para cantar todxs xuntxs as cancións escollidas da RUMBA DAS APERTAS de Magín Blanco e IMAGINE de John Lennon, que estivemos cantando durante toda a semana nas aulas. Esta última canción está de aniversario como o noso centro, nin máis ni menos que 50 aniños!!

   

 Tamén elaboramos un mural conxunto entre todas as aulas de primaria, no que cada clase continuou co lema da paz MEDRAMOS XUNTOS E XUNTAS NA PEDRA CANDO... a aula de 3º B escolleu cando COOPERAMOS, e en 3º A, CANDO TRABALLAMOS EN EQUIPO.

Dende a área de ARTS AND CRAFTS quixemos deixar as nosas pegadas nas paredes do corredor, simbolizando o respecto, a amizade, a solidaridade...importantes para vivir nun mundo mellor e en paz.

 

   

 

 

Distribuir contido