CURSO 6ºA 6ºB 6ºC

VISITA AO MUSEO MASSÓ

O alumnado de sexto visitamos o museo Massó.

Aínda que xa o viramos moitas outras veces, nesta ocasión, aproveitando para facer un obradoiro chamado “Mensaxe nunha botella”, onde continuamos a labor de sensibilización  co coidado e conservación dos océanos, que xa estabamos a traballar coa nosa participación no festival  “Art for change”.

Foi unha xornada moi divertida.

 

 

 

 

ENQUISAS

Estas últimas semanas o alumnado de sexto está a traballar “a enquisa” .

Seguindo as fases de elaboración, primeiro centrándonosen elixir os temas, neste caso, vinculados cos proxectos do cole (a meteoroloxía, a alimentación e a escola de hai 50 anos).

A continuación, elaboramos as enquisas para posteriormente facer o noso traballo de campo no centro da vila.

Foi unha experiencia moi enriquecedora, na que compartimos moitas e divertidas experiencias cos veciños de Bueu.

 

 

 

 

 

 

 

PILABOT

Comprometidos co coidado do noso planeta, o noso centro participou no concurso “PILABOT”, colaborando na campaña de recollida selectiva de pilas e acumuladores portátiles. Canto nos gusta poñer o noso gran de area!

 

 

 

 

ARTE QUE NOS "REMOVE" E FAI PENSAR...

O pasado día 18 de marzo o alumnado de sexto de primaria acudiu á Sala de Exposicións Amalia Domínguez Búa para visitar a éxposición "Folerpas de papel caen devagar sobre fachos prendidos", contando coa explicación do artista, Ramiro Agulla.

Foi unha experiencia que non só nos achegou á escultura e ao arte, senón a todo un mundo de sensacións.

 

ARTE QUE NOS "REMOVE" E FAI PENSAR...

O pasado día 18 de marzo o alumnado de sexto de primaria acudiu á Sala de Exposicións Amalia Domínguez Búa para visitar a éxposición "Folerpas de papel caen devagar sobre fachos prendidos", contando coa explicación do artista, Ramiro Agulla.

Foi unha experiencia que non só nos achegou á escultura e ao arte, senón a todo un mundo de sensacións.

 

UNHA VISITA MOI ESPECIAL

Nesta celebración do 50 aniversario do cole, estamos a convidar a persoas da nosa comunidade educativa para que compartan as súas experiencias do seu paso por esta escola. Nesta ocasión contamos con Martín Calviño, que nos falou dos cambios que se produciron no ensino nestas últimas décadas e compartiu con nós os seus recordos escolares, mesmo ensinándonos boletíns de notas, libros, diplomas...

Sen dúbida, foi unha visita moi especial!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

SONS TECNOLÓXICOS

Á volta das vacacións do entroido, para seguir ao ritmo da música, tiñamos preparada un obradoiro moi entretido da man de “Ecopercussion”. Este ano, da man das novas tecnoloxías, como se de DJ profesionais se tratase, os alumnos/as de sexto aprenderon a superpoñer pistas de sons electrónicos e crear misturas. Unha experiencia moi motivadora.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ENTROIDO

Chegou o entroido no cole da Pedra.

Gozamos dun día de festa moi especial, onde puidemos xuntarnos todos no patio e ver os desfiles dos diferentes cursos, ben introducidos e guiados no acto polo alumnado de 6ºB,  que preparou uns versos moi simpáticos para amenizar a nosa entroidada.

Rematamos danzando e cantando todos xuntos "O son de Bueu".

 

 

 

 

 

 

 

DÍA DE ROSALÍA

Na data de nacemento da nosa Rosalía, o 23 de febreiro, festexámola a ela e o seu legado na nosa cultura e literatura.

Como coincidiu coa semana do entroido, este día viñemos cunha vestimenda moi “rosaliana”, elexindo algúns dos seus versos que máis nos gustan e chegan á alma.

 

 

ASOCIACIÓN NÓS MESMAS

Da man da asociación “Nós mesmas”, tivemos unha charla formativa sobre diversidade afectivo-sexual. Nela aprendemos cousas moi interesantes e achegámonos á perspectiva de xénero, reflexionando sobre os nosos compromisos para construír unha sociedade na que todxs teñamos cabida.

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido