Audición e Linguaxe
Actividades de Aprendizaxe da lectura
Enviado por Anónimo o 8 Abril 2012 - 12:04amRepasa a lectura de palabras engadindo en cada actividade unha nova letra.
Estimulamos a linguaxe.
Enviado por Anónimo o 30 Novembro 2011 - 4:07pmEste curso, coma nos anteriores, continuamos co obradoiro de estimulación da linguaxe oral en Educación Infantil.
Presentamos á s e ñ o r a l i n g u a e a casa onde vive, aprendemos a sacala de paseo e saudar ao nariz, ás orellas e ao queixo (levando a lingua cara o nariz, tentando chegar ata unha orella e logo ata a outra, ata o queixo...)
É moi importante que teñamos un bo control dos movementos que podemos facer coa lingua, os labios e as mandíbulas, pois facilitan a articulación dos sons.
Aquí temos algúns conselliños que nos axudarán a desenvolver a linguaxe dos máis pequenos:
Pautas xerais
Enviado por Anónimo o 29 Novembro 2011 - 8:58pm
• Falarlles moito, con intensidade e ritmo adecuados. Facer que se sintan escoitados. Nós seremos o seu modelo. |
CONSELLOS
Enviado por Anónimo o 29 Novembro 2011 - 5:57pm
|
ACTIVIDADES DE ESTIMULACIÓN
Enviado por Anónimo o 29 Novembro 2011 - 4:09pm • Ler contos cos nenos a cotío. Facéndoos partícipes, con preguntas, nomeando os debuxos... • Aprender cancións, adiviñas, rimas... • Xogar a soprar (pompas, globos) • Xogar a escoitar, distinguir e imitar sons. • Xogar a facer e imitar caras (triste, enfadado, contento, asustado...). • Xogar ao “vexo, vexo”. • Xogar cos sons das palabras ( xogo do eco, facer rimas., falar utilizando unha soa vogal: Holo, ¿como to chomos?(¿Hola, como te chamas?) • Facer movementos buco-faciais (bicos, morros, pedorretas, inflar meixelas, sorriso, limpar os dentes coa lingua…). |