Ed. Infantil

DISFRUTAMOS DUNHA SESIÓN CON LUZ NEGRA CON "CARACATÚS"

A pasada semana tivemos no cole unhas sesión de luz negra, que desenvolveron Sandra e Carla de "Caracatús escola de familias". Foi unha experiencia xenial, chea de emocións que xurdiron coa chea de propostas que nos tiñan preparadas. REPETIREMOS!!!

VISITAMOS OS VIVEIROS DE MARISCO DO PORTO DE VIGO.

    Participamos nas actividades propostas polo programa VIGOPESQUEIRO, visitando os viveiros de marisco e aprendendo como funcionan.

                                                                                                                                                     

TIVEMOS NO COLE UN PLANETARIO

    O pasado martes tivemos no cole un planetario e fixemos un paseo polo universo con Iñigo, o promotor deste proxecto da Ruta Quetzal. Foi moi emocinante e pasámolo xenial.

                                                                                                                                                                            

ASÍ DE BEN O PASAMOS OS DE INFANTIL, NA GRANXA DE SERANTELLOS!

O ALUMNADO DE 4º E 5º DE E.I. VISITOU VIGO ZOO

 

XA PROBAMOS AS FRESAS DA NOSA HORTA NUN RICO BATIDO.

A ANPA PATROCINOU TRES SESIÓNS DO ESPECTÁCULO "CONTOS NA LAREIRA" DE IVÁN DAVILA, PARA TODO O ALUMNADO DO CENTRO.

Espectáculo proposto e patrocinado pola ANPA , con historias tradicionais do medio rural que teñen

como, protagonistas a meigas, mouras, a santa compaña, etc. 

Ensinando a coidar e  respectar a natureza, a implicarnos na reciclaxe, a empregar unha boa comunicación

para a resolución de conflictos, e a valorar e fomentar a nosa lingua.

VISITAMOS A SALA ÁRTIKA PARA VER A OBRA DE TEATRO DA "XANELA DE MAXÍN": A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA

Este espectáculo foi estreado no Teatro Escena de Compostela o 18 de marzo do 2019 e dende entón non parou de xirar por Galicia, enchendo teatros e abraiando a nenas e maiores. Unha obra simpática e escatolóxica que provoca gargalladas.  Fai que os espectadores empaten coa toupiña, ferida no seu orgullo. Nenas e nenos gozaron, con esta historia, cunha visión dun tema tan natural como a vida mesma, onde apareceron valores como a valentía, o respecto ou a cooperación.

OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS, SEGUEMOS COIDANDO A NOSA HORTA

TIVEMOS 9 OBRADOIROS DE PERCUSIÓN CON RECICLADOS PARA TODO O ALUMNADO, PAGADOS POLA ANPA.

O longo da semana, José da empresa MATRACALA- Actividades lúdicas e educativa- desenvolveu no noso centro, un singular obradoiro creado para promover a expresión a través dunha das disciplinas musicais máis apaixonantes, a percusión. En total foron 9 obradoiros para os diferentes cursos, con diferentes actividades e graos de dificultade.

Neles promoveu por unha banda, a reciclaxe de obxectos para darlles un novo uso, moi lúdico e divertido a libre expresión do alumnado a través de instrumentos de percusión realizados con materiais reciclados, dándolles un novo uso musical e divertido, e a resonancia do propio corpo.

A actividade proposta polo centro, resultou gratuíta porque foi pagada pola nosa ANPA. Moitas grazas de novo pola vosa colaboración, axudándonos a complementar o noso proxecto educativo con outras persoas, recursos e actividades que o enriquecen.

 

 

 

Distribuir contido