EDUCACIÓN VIAL
Enviado por Anónimo o 19 Abril 2012 - 8:24pm
VISITA AO CASTROComo en anos anteriores e, dentro da campaña de educación vial do Concello, o alumnado de 6º de Primaria participou nunha actividade no circuito de bicicletas do parque de O Castro. Asesorados pola policía local, asistiron primeiro a unha actividade teórica e, despois, puxeron en práctica o aprendido. Polos seus comentarios, disfrutaron moito e aprenderon normas que descoñecían sobre a circulación en bicicleta. |
Poderá obter información sobre esta campaña do Concello de Vigo, premendo na seguinte dirección:
Visitas a Biblioteca Municipal
Enviado por Ángel o 18 Abril 2012 - 7:17pm
Os alumnos do segundo ciclo participaron nunha visita didáctica a Biblioteca Municipal de Vigo na que descubriron a súa historia e tomaron contacto co funcionamento básico da mesma. Quedaron todos invitados a facerse socios da mesma. |
Semana da poesía adicada a Rosalía de Castro
Enviado por admin o 18 Marzo 2012 - 11:00am
Seguindo a convocatoria da Biblioteca do centro e coincidindo co inicio da primavera, puxémonos poéticos no colexio e celabramos a Semana da Poesía, adicada a Rosalía de Castro no 175 aniversario do seu nacemento. Todos os cursos prepararon a súa visión particular dos poemas de Rosalía: recitados, cancións, murais, vídeos, representacións... O mércores, xoves e venres celebráronse as actuacións dos distintos cursos para dar a coñecer aos demais as súas realizacións. Información sobre Rosalía de Castro Máis información no blogue da Meiga Tuntureira |
Visítanos a Escola Infantil Lúa
Enviado por admin o 5 Marzo 2012 - 12:11pm
O venres 2 de marzo visitáronnos os nenos e nenas de 2 anos da Escola Infantil Lúa como xa ven sendo habitual desde hai algúns anos. Coñeceron o noso colexio e participaron en varias actvidades que lles prepararon especialmente: cancións, bailes e teatriño de monicreques feito por un grupo de 5º de Primaria. Despois merendaron chocolate con biscoitos e finalmente xogaron no areeiro cos nenos e nenas de Infantil do noso colexio. Esperamos que lles gustase a visita e que o vindeiro ano volvan máis. Máis información: |
Entroido 2012
Enviado por admin o 11 Febreiro 2012 - 6:30pm
O 17 de febreiro celebramos o Entroido. Este ano todo xirou arredor dos seres imaxinarios e lexendarios. Desenvolvéronse os seguintes actos: De martes a venres: seguimos diariamente os recados que se lle ocorreron ao Meco. Venres 17 de febreiro :
Todos estes actos contaron con numerosa presencia das familias do colexio que quixeron compartir con nós esta festa. |
Nadal 2011
Enviado por admin o 23 Decembro 2011 - 6:24pm
Estas foron as panxoliñas que cantamos todos xuntos (preme nos títulos):
Álbums de fotos: |
VIVIR EN IGUALDADE
Enviado por Anónimo o 1 Decembro 2011 - 8:21pmPrimeiro obradoiro de "Igualdade"
O alumnado de 6º de Primaria participou activamente no primeiro obradoiro do programa "Camiña con nós pola igualdade" organizado pola Concellería de igualdade" do Concello de Vigo.
Este obradoiro completarase con outros dous que terán lugar ao longo do curso.
Se queredes saber algo máis sobre este programa premede no logo
OBRADOIRO DE BIODIVERSIDADE
Enviado por admin o 30 Novembro 2011 - 7:46pmA Asociación Amigos da Terra realizou co noso alumnado unha serie de actividades encamiñadas a promover a alimentación local e ecolóxica. Estas actividades foron moi variadas: teatro de monicreques, plantación de sementes, charlas e presentacións audiovisuais, confección de murais... Estiveron con nós varios días e participaron todos os cursos do colexio. Ver fotos
CELEBRAMOS HALLOWEEN NO COLE...
Enviado por admin o 21 Novembro 2011 - 9:12am
Os alumnos de 5 anos celebramos Halloween no cole. Elaboramos unhas pantasmas e morcegos terroríficos. Esperamos que vos gusten!!! |
Os cursos 3º e 4º van ao teatro
Enviado por admin o 20 Novembro 2011 - 5:29pm
O xoves 24 de novembro os cursos 3º e 4º de E. Primaria foron ao Auditorio Municipal para ver a representación da obra de teatro "E de maior quero ser..." representada pola compañía Caramuxo Teatro. Foi un acto organizado pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo. Máis información: |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- seguinte ›
- última »