3º Ciclo

CIRCUITO ELÉCTRICO

 

Hai uns días construimos un circuito eléctrico como auténticos profesionais. A que vos gosta?

 

 

 

 

 

PERCORRIDO POLA HISTORIA DA RÍA DE VIGO

Os rapaces/zas de 5º e 6º de Primaria fixemos un percorrido o luns que nos desvelou todos os segredos da nosa ría: illas Cíes, ataques corsarios, personaxes ilustres vencellados a Vigo (Francis Drake, Julio Verne, Albert Einstein...)

Unha grande sorpresa esperábanos na Praza do Rei: o mismísimo Sir Francis Drake estábanos agardando para percorrer parte do casco vello con nós e explicarnos os seus segredos. 

Rematamos na Casa da Cultura vendo un vídeo sobre a historia da ría de Vigo, que é realmente a historia da nosa cidade. Francis Drake e a guía da excursión despedíronse de nós, non sen antes desexarlle un feliz aniversario a unha das nosas alumnas.

Foi divertidísimo! Voltaremos, seguro!

 

 

TROYA

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º fomos o mércores ao auditorio  Afundación a ver a obra de teatro "Troya". Foi moi divertida, amena e tratou temas de máxima actualidade. Encantounos!

 E aínda por riba, as profes felicitáronnos polo noso bo comportamento! Qué marabilla!

 

 

 

CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO

Con motivo da celebración da Semana Mundial contra o Cambio Climático este venres levamos a cabo un pequeno acto no colexio onde quixemos por de manifiesto o noso apoio e compromiso nesta loita.

 

TINTU CANTA!

Antes de dar paso a un novo curso escolar queremos rematar o anterior con este pequeno agasallo a modo de agradecemento hacia a profe Nuria e a todos os participantes no coro Tintucanta 2019.

 

POLOS ---- 5º curso

 

BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE!

 

Unha das últimas actividades que fixeron os nenos e as nenas de 5º curso foron estes simpáticos polos tan coloridos.

Foi unha actividade complexa e chegamos a pensar que algún deles non sobreviviría!

Velaquí o proceso:

1- Recortamos tira de xornal de 2cm aproximadamente e inchamos un globo.

 

2- Mesturamos cola branca con auga e pegamos coa axuda dunha brocha as tiras dende o nó ata o outro extremo. Debemos facer polo menos tres capas de xornal.

 

1ª capa:

2ª capa:

3ª capa:

 

3- Pintamolos con témpera. Debemos pintalos con dúas capas para tapar as letras do xornal.

 

4- Decoramos coa axuda de esponxas.

 

5- Enchemos a bola cun pouco de area para que faga que se quede de pé.

 

6- Decoramos con ollos, peteiro, cresta e patas empregando fieltro, cartolina e lá.

 

TACHÁNNNNNNNNNNNNNN!!

 

Uns verdadeiros artistas!!!

 

MOITOS AGARIMOS E A SEGUIR TRABALLANDO CON TANTA ARTE!

INICIAIS DE REVISTA ---- 6º CURSO

 

BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE!

 

Os nenos e nenas de 6º fixeron as súas iniciais empregando follas de revista.

 

Velaquí o proceso:

1- Debuxar a súa inicial nun cartón de caixa de cerais e recortala.

2- A continuación, enrolaron follas de revista facendo tubiños do mesmo grosor e pegáronas con cola sobre o cartón ata cubrir toda a letra.

 

3- Para rematar, co cutter afinamos as formas e pegamos a inicial sobre unha cartolina metalizada.

Faltan moitas por facerlle foto, pero non deu tempo coas presas.

Síntoo.

 

MOITOS AGARIMOS E A SEGUIR TRABALLANDO CON TANTA ARTE!

 

Marcos de flores ----------- 6º curso

 

BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE!

 

Seguimos con máis flores!

 

Neste caso @s nen@s de 6º curso fixeron uns marcos de flores elaborados a partir dunha caixa de 12 ovos.

 

Velaquí o proceso:

1- En primeiro lugar, recortamos a caixa de 12 ovos empregando cada oco para unha flor.

Coa tapa da caixa facemos as follas.

2- A continuación, pintamos as flores e as follas con témperas.

 

 

3- Pegamos unha boliña de papel de seda no centro das flores.

 

4- Pegamos con silicona quente os paus de madera facendo un marco, e por último, decorámolo coas flores e as follas.

 

 

O resultado é fermoso!

 

Agardamos que vos encanten!

 

MOITOS AGARIMOS 

E A SEGUIR TRABALLANDO CON TANTA ARTE!

 

P.D: Quedan fotos do resultado final por engadir á publicación.

ÁRBORES QUEIMADOS de 5º curso

 

BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE!

 

Aquí volven os nenos e nenas de 5º curso cunha actividade, neste caso, relacionada co proxecto do cole

"Botámonos ao monte".

Pintaron unha árbore con cera negra coma se estivese queimada e os anacos de cores con acuarela.

A actividade estaba pensada para mostrarlles que a cera é hidrofóbica (repele a auga) e así as acuarelas que son prácticamente auga non se mesturan.

Quedaron fermosos!

 

Velaquí o proceso:

 

1- Pintamos con cera negra a árbore e as liñas de separación.

 

 

2- Pintamos con acuarelas de diferente cor cada un dos espazos.

 

  

3- Para rematar botámoslle unha capa de cola branca para que a cera non manche, e ademáis, dalle un mellor acabado.

 

  

Están expostos na entrada da aula de 5º.

 

 

 

MOITOS AGARIMOS 

E A SEGUIR TRABALLANDO CON TANTA ARTE!

 

PLANTACIÓN NO MONTE DE CORUXO

Xusto antes de coller as vacacións de Semana Santa todos os alumn@s, mestres e algunhas nais e pais da ANPA do colexio BOTÁMONOS literalmente ao MONTE!

Nesta ocasión ao monte de Coruxo. Alí participamos nunha xornada matinal de reforestación co obxectivo de reforestar con árbores autóctonas toda a zona queimada polos graves incendios que afectaron a toda a nosa contorna, e desta maneira recuperar o noso monte.

Acompañados por algúns integrantes da Comunidade de Montes de Coruxo plantamos carballos e castiñeiros,  e colaboramos a eliminar os exemplares de eucaliptos que estaban a medrar na zona. Os máis pequenos recibiron ademais unha charla sobre os coidados e a protección do monte.

Xa tendes dispoñible o enlace as fotos deste día! 

FACEDE CLIC AQUÍ

 

Distribuir contido