O ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMAIRA , TIVO AS CHARLAS EDUCATIVAS DO PLAN DIRECTOR, ORGANIZADAS POLO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DO CENTRO.
Enviado por ElenaValle o 11 Maio 2022 - 5:42pm
Esta actividade foi proposta polo Departamento de Orientación. O “Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos”, ofrecenos aos centros educativos, a posibilidade de solicitar charlas informativas/formativas impartidas por expertos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Poden ser sobre diferentes temáticas que favorezan a mellora da convivencia e o achegamento destes profesionais aos cidadáns ao mesmo tempo que facilita actuacións moi en consonancia coa Acción Titorial e as propostas do Plan de Convivencia desenvolvidas nos centros. As charlas que resultaron de gran interesa para alumnado e profesorado, foron: Co alumando de 5º de E. Primaria sobre riscos asociados a Internet e ás novas tecnoloxías (especialmente acoso sexual, difusión de contidos de natureza sexual por teléfonos móbiles, venta de menores, prostitución infantil e utilización de menores na pornografía).
Co alumando de 6º de E. Primaria sobre acoso escolar.
|
LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2022-2023
Enviado por ElenaValle o 1 Maio 2022 - 4:32pm
LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2022-2023 Alumnado admitido por curso: - 4ºE. Infantil:todo o alumnado que presentou solicitude está admitido. - 5ºE. Infantil:todo o alumnado que presentou solicitude está admitido. - 6ºE. Infantil:todo o alumnado que presentou solicitude está admitido. - 1º E. Primaria:todo o alumnado que presentou solicitude está admitido. - 3ºE. Primaria:todo o alumnado que presentou solicitude está admitido. - 6ºE. Primaria:o alumno admitido tras o proceso de baremación é G.M.C.
O prazo de reclamación a estas listaxes provisionais, será de 5 días hábiles, comezando o luns 25 de abril e rematando o venres 29 de abril, ambos incluídos. A listaxe definitiva publicarémola na primeira quincena de maio. O prazo de formalización da matrícula será, se non hai cambios, do 20 ao 30 de xuño e xa vos indicaremos da documentación que tedes que traer ao centro nesas datas.
Estade atentos á información que iremos publicando na nosa web. |
ASÍ DE BEN O PASARON NO OBRADOIRO DE COCIÑA O ALUMNADO DE 5º E 6º E.P., IMPARTIDO POR "MATRACALA-ACTIVIDADES LÚDICAS E EDUCATIVAS"
Enviado por ElenaValle o 1 Maio 2022 - 11:59amO ALUMNADO DE 5º E 6º TIVO UNHA CHARLA DE EDUCACIÓN VIARIA IMPARTIDA POR DOUS POLICIAS DA SECCIÓN DE EDUC. VIARIA DA POLICÍA LOCAL DE VIGO.
Enviado por ElenaValle o 22 Abril 2022 - 7:03pm
Con esta actividade trataron de transmitir a importancia dos valores que lles axudan a interiorizar e empregar hábitos e actitudes , que garantan a prevención de riscos nas vías de uso público, como peóns o usuarios de algún medio de transporte. A educación na escola e nas familias, é o pilar fundamental para a prevención de accidentes de tráfico, e para que teñamos unha boa convivencia nas nosa rúas, xa que as personas estamos detrás da maioría das incidencias viales. Ás veces, é de forma inconsciente ou por descoñecemento. Pero a maioría das ocasiones, é de maneira intencionada por non respectar as normas que nos protexen a todos. Por iso, estas charlas pretenden concienciar ao alumnado para que mellore no seu facer como cidadán, porque iso axudará a mellora o lugar no que vivimos e todos gozaremos máis das posibilidades que nos ofrece.
|
PARTICIPAMOS NO 38 CONCURSO DO CRUPO SOCIAL ONCE "EL CAMINO QUE NOS HACE IGUALES".
Enviado por ElenaValle o 22 Abril 2022 - 6:02pm
Este concurso escolar do Grupo Social ONCE, na súa 38 edición, convidounos a participar e traballar, unidos pola inclusión. E baixo o lema "El camino que nos hace iguales", propúxonos cambiar da sensibilización a acción, creando un cartel que enviamos acompañado dun audio explicativo do mesmo. Da man do ONCELIO o seu icónico isotipo, soupemos a propuesta pedagóxica que nos guiou nesta tarefa na que quixemos colaborar coas nosas ideas, os nosos debates, a nosa ilusión e a creatividade como equipo. Este foi o magnífico resultado co que xa nos sentimos algo gañadores. CARTEL DO ALUMNADO DE 3º DE EDUC. PRIMARIA
CARTEL DO ALUMNADO DE 4º DE EDUC. PRIMARIA CARTEL DO ALUMNADO DE 5º A DE EDUC. PRIMARIA CARTEL DO ALUMNADO DE 6º DE EDUC. PRIMARIA |
A ANPA PATROCINOU TRES SESIÓNS DO ESPECTÁCULO "CONTOS NA LAREIRA" DE IVÁN DAVILA, PARA TODO O ALUMNADO DO CENTRO.
Enviado por ElenaValle o 22 Abril 2022 - 5:27pm
Espectáculo proposto e patrocinado pola ANPA , con historias tradicionais do medio rural que teñen como, protagonistas a meigas, mouras, a santa compaña, etc. Ensinando a coidar e respectar a natureza, a implicarnos na reciclaxe, a empregar unha boa comunicación para a resolución de conflictos, e a valorar e fomentar a nosa lingua.
|
VISITAMOS A SALA ÁRTIKA PARA VER A OBRA DE TEATRO DA "XANELA DE MAXÍN": A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA
Enviado por ElenaValle o 22 Abril 2022 - 4:56pm
Este espectáculo foi estreado no Teatro Escena de Compostela o 18 de marzo do 2019 e dende entón non parou de xirar por Galicia, enchendo teatros e abraiando a nenas e maiores. Unha obra simpática e escatolóxica que provoca gargalladas. Fai que os espectadores empaten coa toupiña, ferida no seu orgullo. Nenas e nenos gozaron, con esta historia, cunha visión dun tema tan natural como a vida mesma, onde apareceron valores como a valentía, o respecto ou a cooperación. |
OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS, SEGUEMOS COIDANDO A NOSA HORTA
Enviado por ElenaValle o 22 Abril 2022 - 4:31pmEMOTIVO DÍA DE DESPEDIDAS
Enviado por Manuela o 9 Abril 2022 - 9:51pm
Moita alegría vivimos este venres na entrega de premios con Pepe Solla. Lamentablemente tamén foi o día da despedida dun moi querido compañeiro do equipo de cociña, que despois de estar con nós máis de dous anos debe abandonarnos. Despedímolo con moita pena entre aplausos e apertas, e arrodeado do cariño de todo o alumnado e do persoal do centro. Ata sempre Iago, e moita sorte!
O día deixábanos tamén un último momento de emoción e tristura ao ter que despedir a titora da clase de 3º, Mª Luz, que leva con nós desde principio de curso. Moi querida polos seus alumnos, e a quen despedimos desexándolle tamén moita sorte e esperando volvela ver nun futuro. Ata sempre, Profe!
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- seguinte ›
- última »