Contacontos e concerto de Little neno

Hoxe celebramos o úlitmo día de este trimestre tan intenso co contacontos do conto Little Neno descobre os Beatles.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasamos...

Agora toca desconectar e descansar.....Vémonos o martes 19 de abril.....Boas vacacións para todos e todas!!

APRENDE A TRAVÉS DO SURFING PARTE 1.

Hoxe remataron as sesións da primeira parte do proxecto " Aprende a través do Surfing" que se desenvolveron no noso colexio ao longo do luns, martes e mércores desta semana.

Queremos agradecer a  Martín e Paco, a súa absoluta disponibildade e a maneira de transmitir con tanta ilusión e entusiasmo a súa forma de vida.

Moitas grazas aos dous.
 

Aquí vos deixamos algunhas fotos da actividade.

 

APRENDE A TRAVÉS DO SURFING

O noso centro participará de novo durante este curso no proxecto "Aprende a través do Surfing".

O luns, martes e mércores desta semana, dous monitores de surf, Paco e Martín Varela(director da escola de surf "Boaola"), desenvolverán  unhas sesións de iniciación ao surfing aos alumnos/as de todos os cursos de Educación Primaria.
 
Estas sesións terán continuidade cunhas xornadas de convivencia no mes de maio na praia de Razo onde os nenos/as terán a oportunidade de desfrutar dun bautismo de surf, coñecer a cultura oceánica  e experimentar todos os valores do surfing.

Xogos de mesa en 2º de primaria

O alumnado de 2º de primaria estreouse no mundo dos xogos de mesa. Esta vez tocou traballar a competencia matemática e a lingüística, repasando conceptos como a descomposición numérica, cantidades, vocabulario, formación de palabras....e tamén todos os valores que nos aportan os xogos. Aquí vos deixamos algunha foto e os nomes dos xogos:

RALLYE (de Djeco) : para taraballar o razoamento lóxico e o cálculo.

 

MATH DICE JR. para traballar o cálculo mental.

 

CARREIRA DE LETRAS (LÚDILO): vocabulario

 

ABC, MAGIA! (HABA): Letras do abecedario

 

 

BANANAGRAMS (Lúdilo): Formación de palabras.

 

 

Little neno descobre os Beatles

O vindeiro VENRES 8 de ABRIL, para celebrar o fin do segundo trimestre, todo o alumnado do cole participará no espectáculo de Little neno descobre os Beatles. 

Trátase dun espectáculo musical acerca do mundo dos Beatles con banda sonora e contacontos. Contaremos coa presencia de Alfonso Espiño e Neves Rodríguez. Ao remate, haberá sinatura de libros.

PREPARACIÓN E DEGUSTACIÓN DE GALLETAS

Neste segundo trimestre, as nenas e nenos de 4 anos dedican algún tempo a cociñar. Dada as datas nas que estabamos, o Entroido, fixeron galletas de mantequilla! Esta actividade permitiulles traballar coas medidas, pois tivemos que pesar os ingredientes; o conteo e a grafía, tivemos que apuntar os alimentos; e moitas outras cousas como as quendas, a coordinación óculo-manual, o vocabulario, etc.

Unha vez está todo preparado... MANS Á OBRAAAAAAAAAAAAA!!!!!

                                      

 

                                                                        

                                                                                                                    

SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA O VINDEIRO CURSO

Tal e como establece a lexislación vixente, unha vez recibidas todas as solicitudes de admisión de alumnado e debido a que o número de solicitudes foi superior ao número de postos ofertados, o centro abrirá un prazo de 10 días hábiles, entre o 24 de marzo e o 6 de abril (ambos incluídos), para presentar, de forma presencial no centro, a documentación xustificativa dos criterios xerais de admisión alegados pola persoa solicitante.

 

O horario de secretaría para traer a documentación será:

LUNS: 09:05 - 09:55 horas

MARTES: 10:45 - 11:30 horas

MÉRCORES: 12:30 - 14:05 horas

XOVES: 13:15 - 14:05 horas

VENRES: 12:30 - 13:15 horas

Retirada das máscaras no patio do recreo

O pasado venres 18 de marzo as Consellarías de Sanidade e de Educación publicaron o seguinte comunicado:

“O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia pola covid-19, vén de acordar na súa xuntanza de onte, deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade.

O grupo de expertos adoptou esta decisión tras avaliar a situación epidemiolóxica de Galicia así como a grande porcentaxe de poboación pediátrica e xuvenil vacinada. Neste senso, Galicia é a primeira comunidade en porcentaxe de poboación infantil vacinada cun 73,5% dos nenos con alomenos unha dose, o que significa 21 puntos por riba da media do Sistema Nacional de Saúde. Así mesmo, o 41,1% dos menores de 12 anos contan coa pauta completa, 13 puntos por riba da media de España.”

Tendo esto en conta, dende hoxe (Luns 21 de marzo) todo o alumnado do centro poderá quitar a máscara ao aire libre durante o recreo.

RULETA DE ALIMENTOS

Seguindo coa temática da alimentación saudable, o alumnado de 4 anos estudia os alimentos e a súa orixe, clasificándoos segundo sexan de orixe animal ou vexetal.

A primeira actividade consistía en xirar a ruleta na cal había alimentos de toda clase e debían clasificalo en alimentos de orixe animal ou vexetal e poñelos no lugar correspondente, na mesa de experimentación. Ao día seguinte, trouxeron da casa diferentes alimentos e tivemos que volver a clasificalos. Agora xa sabemos diferenciar entre un alimento de orixe animal ou vexetal.

 

                                                                                                                                                                    

O ALUMNADO DE 3º DE E.PRIMARIA REALIZOU UNHA VISITA ESCOLAR Á CASA DO CONCELLO

 

O alumnado  de 3º de E.Primaria do noso centro  visitou  esta mañá a Casa do Concello.

No seu percorrido, a primeira parada foi no salón de sesións, onde mantiveron unha xuntanza co alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas. 

Despois visitaron a oficina de tramitación do DNI e o pasaporte e as dependencias da Policía Local.

 

NOTICIA EN LA VOZ DE GALICIA-CARBALLO

NOTICIA NA WEB DO CONCELLO DE CARBALLO

 

O alumnado de infantil e os xogos de mesa

O alumnado de Educación Infantil iníciase nas aprendizaxes a través dos xogos de mesa, participando así no CPInnova que está a desenvolver o noso centro.


A través dos xogos de mesa adquiren contidos matemáticos, lingüísticos e tamén todo tipo de valores e aprendizaxes como respeto aos demais, normas de convivencia,etc. Tamén facilitan o desenvolvemento de capacidades motoras, mentais e sensoriais: a concentración, a memoria, a imaxinación...

ARCIMBOLDO

Os nenos e nenas da Clase de Elmer de 4 anos traballamos no primeiro trimestre un pintor italiano, ARCIMBOLDO. É coñecido polas súas pinturas do rostro con froitas e alimentos… é por iso que, para intentar copiar as súas produccións, nós tamén fixemos o mesmo. Primeiro, sacamos as fotos das nosas caras e imprimímolas; logo, pegámoslle pegatinas de alimentos, en especial de froitas, e velaí os resultados!!

 

                                                                                                       

Proxecto Edu Innova

Ao longo deste curso estamos a participar, dentro dos Contratos Programa, na modalidade EduInnova (ou CPInnova). Este proxecto consiste en traballar as competencias do currículo, concretamente a matemática e a lingüística a través de metodoloxías activas. O noso centro decidiu participar levando a cabo Aprendizaxes Basados no Xogo (ABJ), polo que coa dotación económica do proxecto, adquirimos diferentes xogos de mesa tanto para educación infantil como para educación primaria.

Aquí vos deixamos unha mostra dalgúns dos xogos adquiridos!

XOGOS PARA EDUCACIÓN INFANTIL

XOGOS PARA EDUCACIÓN PRIMARIA

 

Ao alumnado encántalle esta iniciativa, xa que dunha forma lúdica, están repasando e aprendendo conceptos da materia de matemáticas ou das de lingua, disfrutando e ao mesmo tempo adquirindo todo tipo de coñecementos e valores.

Vos recomendamos adquirir xogos deste tipo para o voso tempo libre na casa!! 

RECREOS ACTIVOS. III LIGA DE BALONCESTO ESCOLAR 3X3.

 
 
 
Mañá comezará no noso centro a III Liga escolar de baloncesto 3x3, que se desenvolverá ata finais do mes de maio nos recreos dos xoves.

Esta  iniciativa  está organizada polo Basket Xiria, coa intención de facer uns recreos máis saudables e entretidos.

Nela participará o alumnado de 3º e 4º de E.Primaria.

8 de marzo: Día internacional da muller

Esta semana o alumnado está investigando sobre mulleres importantes relacionadas co mundo da arte. Aquí vos deixamos un podcast sobre a cantante Luz Casal que fixo o alumnado de 1º de E.Primaria e o enlace a un video que fixo o alumnado de 3º de E.Primaria sobre María Casares.

 

https://www.youtube.com/watch?v=1WiNtCF5NrQ

 

 

Foron moitos os traballos realizados sobre mulleres do mundo da arte de moitos lugares do mundo:

 

 

Por último queremos agradecer as familias que participaron enviándonos un video sobre traballos que tradicionalmente están considerados como masculinos....

 

 

MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS!!

 

Distribuir contido