Localización

¿Dónde estamos?

O CEIP " A CRISTINA "  é un colexio de Educación Infantil e Primaria sito na localidade de Carballo. Esta localidade dista de A Coruña 32 kilómetros e 48 da capital de Galicia, Santiago de Compostela.

Na localidade, ubícase na saída a Fisterra ó carón da estación de autobuses, na zona conocida como "A Casiila" e o seu nome ten como referente a Fonte da Cristina sita nas inmediacións do colexio. 

Dende a Coruña o acceso ó colexio pode facerse pola autopista collendo a saída á Malpica ou ao finalizar a autopista dirección centro pola  Avd.  de Fisterra. 

O barrio onde se situa o colexio está en proceso de expansión urbanística o que trae consiguo un incremento da demanda de prazas e da actividade económica e social.

Temos que destacar que a poucos metros do colexio está o Pazo da Cultura de Carballo, acercando a oferta cultural ó colexio e o mesmo tempo posibilita o uso das instalacións por parte da comunidade educativa.

Distribuir contido