Audiocontos

TELEXORNAL MIÚDO NA CRISTINA

Se de todo o que pasa no cole vos queredes enterar, o programa de radio da rapazada de primeiro tedes que escoitar!

Así comeza o "Telexornal Miúdo, Miúdo", un informativo que inclúe todo tipo de seccións: lectura, natureza, actualidade, deportes... elaborado polos máis reputados xornalistas da contorna. Se pinchades AQUÍ accederedes á retransmisión.

Noraboa por este traballo a estes alumnos e alumnas tan profesionais e a súa mestra, Carolina, por un podcast tan orixinal e unha montaxe extraordinaria!

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

Velaquí vos deixamos uns recursos para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora o vindeiro 8 de marzo. Pinchando na imaxe, accederedes a eles. Son moi diversos! Botádelle unha ollada!

Tamén os nosos locutores Lucía, Xoel, Raúl, Irina, Desi e Lucas de 6º de primaria recitaron unha poesía do libro "Rosaura e o mar" de Isabel Blanco, unha homenaxe en clave literaria ás mulleres traballadoras do mar.

Pinchade na imaxe para escoitar o audio!! Ten moito sentimento!!

 

PONTE NAS ONDAS

O CEIP Plurilingüe A Cristina celebra con outros centros o Día Mundial da Radio 2024 que este ano cadra a martes de Entroido.

A nosa aportación consistiu nunha homenaxe a Carlos "O Xestal", figura clave no noso patrimonio e coñecido por ser un humorista, músico e activista galego. Fíxose popular narrando contos e historias, as cales tiñan tintes reivindicativos contra o caciquismo. Traballou tamén por dignificar e visibilizar a música e a lingua galega. Se pinchades enriba da imaxe, accederedes directamente ao audio.

Neste podcast, faise un breve repaso biográfico para pasar despois a unha interpretación dun dos seus contos. Ollade que ben o fai a nosa montaxista, Maica, e os nosos/as locutores/as!

Este é o enlace á páxina de Ponte nas Ondas (pincha AQUÍ):

https://escolasnasondas.com/

Este é o enlace ao noso podcast en Ponte nas Ondas (pincha AQUÍ):

https://escolasnasondas.com/ceip-plurilingue-a-cristina-carballo-para-o-dia-mundial-da-radio-2024/

ENTREVISTAS EN RADIOCRISTINUNA

Que mellor maneira de comezar este 2024 que retomando a rolda de entrevistas radiofónicas ás integrantes do equipo directivo do centro. A través das sempre incisivas preguntas dos entrevistadores coñeceremos algo máis sobre o traballo destas mulleriñas.

Sabedes cal é a tarefa que máis satisfacción lle produce a Marta, a xefa de estudos? Dende logo, non ten nada que ver con cubrir horarios!

E... a todo esto, quen se encarga da xestión económica do colexio? Que coordinou Carolina antes de asumir a secretaría?

A resposta a todas estas e outras preguntas acharédela aquí. Pinchade en ENTREVISTA A MARTA, XEFA DE ESTUDOS ou ENTREVISTA A CAROLINA, SECRETARIA.

CERTAME DE TEATRO LIDO

GAÑADOR@S!!!!

O XXII Concurso Escolar de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís xa ten aos seus gañadores. O noso centro foi o CAMPIÓN da 1º categoría coa obra "Cataventos e Cía" do grupo "Os Cristinatreiros" formado por Roque, Carmen, Paula, Victoria, Ana, Iria, Luna e Lucía de 5º de primaria. 

Noraboa aos nos@s compañeir@s!! Amosaron unha gran capacidade de improvisación, ademais dunha coordinación, un ritmo e unha entoación perfectas. Sodes incribles!

Boísimo traballo e moitas grazas a Maica, coordinadora da biblioteca e da radio, por asesorarnos sempre sacando o mellor de nós e a tódolos docentes por deixarnos ensaiar.

Pinchade AQUÍ para acceder ao enlace na prensa.

 

 

 

 

 

CONTOS DE SAMAÍN EN RADIOCRISTINUNA

Pero que historias tan terroríficas nos contaron as nosas compañeiras Aroa, Adelaida, Ainara e Natalia de 6º curso!!! Non puidemos preparar a nosa festa de Samaín de mellor xeito. Tranquil@s, son aptas para tódolos públicos.

Descargade o arquivo adxunto ou pinchade na imaxe para escoitalas.

Grazas á profe Maica polos efectos especiais. Son fantásticos!! Noraboa!

DÍA DE ENTREVISTAS EN RADIO CRISTINUNA

Que mellor maneira de comezar a tempada de Radio Cristinuna que cunha entrevista! As locutoras de radio Ana Carracedo, Julia e Alba organizaron unha agradable tertulia con Patricia, a directora do cole, para coñecer un pouquiño máis en que consistía o seu traballo. Tamén houbo tempo para preguntas máis persoais dentro dun ambiente moi distendido.

Animádevos a pinchar na imaxe para escoitala ou descargade no arquivo adxunto. Esta á e primeira dunha rolda de entrevistas do máis interesantes!

 

A mellor sopa do mundo

Este curso continuamos coa andaina en Radio na Biblio. Comezamos a formación a cargo de Santiago Fernández, ex-director do CEIP Labaca, mestre e actor de teatro. Ademais, ten un estudo de doblaxe. 

Escoitade que contiño tan bonito fixemos con el! É unha versión en audioconto de "A mellor sopa do mundo" de Almudena Xaneiro. Pinchade AQUÍ ou na imaxe para escoitalo!


3:01 minutes (2.76 MB)
Distribuir contido