O feito de contar un conto non é un mero entretemento infantil, realmente é moito máis. A través do conto regalámoslle aos nenos/as un universo desde o que interpretar e comprender a realidade que os arrodea, e tamén a chave para comprenderse e interpretarse a sí mesmos/as. No día de hoxe, @s nen@s de 5 anos disfrutaron dunha agradable sesión de contacontos con Laura, logopeda en "O meu gabinete". O conto escollido foi "O coelliño branco" de Xosé Ballesteros.
A historia do coelliño branco reivindica a amizade e a coraxe como proba de que a valentía non é cuestión de tamaños xa que o protagonista atopa a súa casa ocupada por unha enorme cabra, despois de ir recoller coles á horta. Na busca de axuda atópase con diversos animais que rexeitan enfrontarse á cabra e só a formiga é capaz de facer xustiza. Grazas Laura, por introducir na aula as cuestións enriba mencionadas e por non esquecer o papel do antagonista que fixo reflexionar aos nen@s sobre as boas e malas accións formulando preguntas como: a cabra pórtase ben? Está ben ocupar a casa de alguén? a formiga bota da casa de boas maneiras á cabra? poderíase solucionar doutra forma? |
|||
Para a vindeira semana celebraranse as seguintes reunións das titoras coas familias:
MÉRCORES día 6 de setembro: reunión das familias de 5º de primaria coas titoras Carme Regueira e Patricia Rodríguez ás 10:00 h.
MÉRCORES día 6 de setembro: reunión das familias de 6º de primaria coa titora Carmen Rama ás 12:00 h.
XOVES día 7 de setembro: reunión das familias de 2º de primaria coa titora Irene Yáñez Leiro ás 11:00 h.
XOVES día 7 de setembro: reunión das familias de 5º de infantil (4 anos) coa titora Berta Suárez ás 11:30 h.
XOVES día 7 de setembro: reunión das familias de 6º de infantil (5 anos) coa titora Raquel Martínez ás 11:00 h.
XOVES día 7 de setembro: reunión das familias de 4º de infantil (3 anos) coa titora Raquel Mato Cotelo ás 11:00 h.
XOVES día 7 de setembro: reunión das familias de 1º de primaria coa titora Carolina Carreira Pacoret ás 12:00 h.
|
|||
ESTAMOS DE VOLTA!!! ÉNCHENOS DE LEDICIA ABRIR AS AULAS PARA RECUPERAR AMIZADES, APRENDIZAXES E PROXECTOS, ACOMPAÑANDO AO NOSO ALUMNADO NO SEU CRECEMENTO PERSOAL E FAMILIAR. Adxuntamos un pdf cos horarios de entrada e saída. Tamén lle podedes botar unha ollada á asignación de titorías pinchando AQUÍ. |
|||
A partires desta data, e durante o mes de agosto, o centro permanecerá pechado. Para facilitar a atención a aquelas persoas que a demanden, a dirección deste centro entende cómo medio factible de contacto o correo electrónico do mesmo: ceip.acristina@edu.xunta.gal Moitas grazas. |
|||
Hoxe finalizamos o curso escolar 2022-2023 e desde a Comunidade educativa do Ceip.Plurilingüe A Cristina dirixímonos a todas as familias para desexarvos unhas boas vacacións de verán. Non queremos deixar pasar o momento de agradecer o esforzo e dedicación dos nosos alumnos/as,dos mestres/as, e aos pais e nais por depositar a vosa confianza en nós. Bo verán! Vémonos de novo o 11 de setembro. |
|||
Outro ano máis, convidamosvos a botar unha ollada a nosa revista anual " As Brañas" na que se recollen algiunhas das actividades levadas a cabo este curso. Grazas a profesorado e alumnado pola vosa participación.
Esperamos que vos guste!
|
|||
O vindeiro martes día 19 organizamos uns Obradoiros de Libre Circulación no centro dirixidos ao alumnado de infantil e de primaria. Que entendemos por Obradoiros de Libre Circulación? No contexto de Libre Circulación o profesorado non impón ideas, senón que elabora propostas que supoñen un reto para o alumnado que lles permiten desenvolver tanto habilidades como coñecementos. A libre circulación conta con diversas vantaxes:
|
|||
Aproveitando o día tan maravilloso que facía onte, os/as alumnos/as de 5 anos deron un pequeno paseo polas marxes do río Anllóns. Alí puideron escoitar o canto dos paxariños e practicar xogos ao aire libre. Fantástico!
|
|||
No día de onte o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria disfrutou dunhas xornadas de sensibilización sobre socorrismo e salvamento a cargo SYSCA Carballo. Membros do clube achegáronse ao centro para difundir a labor do/a socorrista, amosándonos algunhas prácticas en praias e piscinas e materiais de salvamento deportivo. |
|||
Lucía e Manuel proclamáronse campións das finais de quinto e sexto curso de E. Primaria do VIII Torneo de Bádminton da Cristina , que se disputou durante os meses de maio e xuño. Na final de quinto curso, Lucía gañou por dous sets a cero a Adrián ( 21-14 e 21-13). En sexto curso, Manuel logrou a victoria por dous sets a un ante Rodrigo (21-11,16-21 e 21-12).
Noraboa a tod@s!
|
|||
O alumnado que obtivo praza para o vindeiro curso 2023/24 ten que formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño entregando a seguinte documentación:
|
|||
O alumnado de sexto curso de E.Primaria desenvolveu hoxe unha actividade de introdución á disciplina de orientación, realizando unha carreira de orientación no entorno do parque do Anllóns. Con esta actividade lúdica de iniciación o que se pretende é facilitar a inmersión do alumnado nesta modalidade deportiva de maneira lúdica e cooperativa, buscando como obxectivos: -Ofrecerlles unha alternativa máis para o uso e gozo do seu tempo libre. -Desenvolver diferentes aprendizaxes que poidan extrapolarse posteriormente para poder ser empregadas en diferentes situacións cotiás. -Conciencialos da necesidade de coidar e manter os espazos naturais. -Fomentar a colaboración entre eles/elas e a capacidade de traballo en grupo. -Aprender a interpretar diferentes tipos de planos.
|
|||
Lucía,Adrián, Manuel e Rodrigo , clasificáronse para as finais de 5º e 6º de E.Primaria do VIII Torneo de Bádminton da Cristina 2023. Os resultados dos partidos de semifinais foron os seguintes:
O martes e xoves da semana que vén terán lugar as dúas finais.
Moita sorte para todos/as!
|
|||
No arquivo adxunto podedes consultar os libros de texto para o curso 202324. Lembrámosvos que este documento está a vosa disposición no hall do centro. |
|||
Ollade para aquí! Comezamos a recoller os froitos da nosa horta e con eles os nenos e nenas de catro anos elaboraron unha apetitosa ensalada. Uuummmm!!! Riquísima!! Noraboa a estes pequen@s cociñeir@s!
|
|||
