PROCEDEMENTO ADMISIÓN 2018-2019

PRAZO: 1 ao 20 de marzo de  2018 (ata as 14:00 horas)

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • SOLICITUDE DE ADMISIÓN, ANEXO II,debidamente cumprimentada. Pode descargala no arquivo adxunto, cubrila online na seguinte ligazón ANEXO II ou ben  a través da aplicaciónadmisionalumnado.                                                    
  • Fotocopia da primeira folla da solicitude de admisión.                                          
  • Libro de familia e fotocopia do mesmo.

 

HORARIO DE SECRETARÍA do 1 ao 20 de marzo:

LUNS A VENRES: 9:05- 09:55 HORAS.

                    13:15-14:00 HORAS.

 

Toda a información e normativa relativa a este procedemento pode consultarse nos arquivos adxuntos, así como nos taboleiros do centro. 

O Equipo Directivo.

LISTAXE SOLICITUDE RESERVA IES MONTE NEME

A relación de alumnado que fixo efectiva a reserva de praza no IES Monte Neme, centro adscrito, pódese consultar no arquivo adxunto.

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO: ABRIDE A FIESTRA!

O día 24 de febreiro celébrase o nacemento de Rosalía de Castro e un ano máis no CEIP A Cristina seguimos a proposta do AELG para conmemorar este día tan especial e importante. O lema da proposta deste ano é #AbrideAFiestra.


Un extrato do manifesto que redactaron é:

"Ela é o refacho que busca abrir as nosas fiestras. Un refacho que chega dende o pasado para nos falar do futuro. Un refacho que quere abrir a fiestra para que poidamos navegar. Coa forza das baleas, da que busca novas fillas do mar, da que se ri dos papeis de xénero e nos anima a redefinilos como literatas..."

Seguindo a súa proposta elaboramos co alumnado de primaria uns caligramas coa figura de Rosalía de Castro e co seguinte poema (Follas Novas, Vaguedás, XVI):

Cando era tempo de inverno,
pensaba en onde estarías;
cando era tempo de sol,
pensaba en onde andarías.
¡Agora... tan sóio penso,
meu ben, si me olvidarías!

O alumnado de Educación Infantil repasou o poema e pintou a figura da autora.

Decoramos todas as fiestras do noso centro co resultado do noso traballo.

No seguinte vídeo poderedes ver o resultado, acompañado de Amancio Prado cantando a Rosalía de Castro.

FELIZ DÍA DE ROSALÍA!

BenvidXs Escornabots!

Na biblioteca do CEIP A Cristina, temos dous invitados un tanto especiais:

 ESCORNABOTS! 

 Moit@s de vós, preguntarédesvos que son. Pero a maioría dos vosos fillos e fillas xa os coñecen.

 

 
 
Son estes ROBOTS que chegan ao noso cole para aprender moitas cousas e divertirse ao mesmo tempo co noso alumnado e profesorado.
 
 
* Creamos un recuncho para crear as propias plantillas e así ter moitos xogos cos que aprender, se queredes participar as familias e os vosos nenos e nenas deixámosvos a plantilla no documento adxunto. O tamaño ten que ser en A3.
 
 Este é algún exemplo de plantilla:
 
 
Equipo de Biblioteca
 
 
 

TEI

Despois de realizar as sesións informativas cos alumnos de 5º de E.P. e de 3º de E.P., o pasado venres 2 de febreiro xuntámonos todos na biblioteca para por fin coñecer o resultado do sorteo que asociou os titores e os titorizados.

Foi unha experiencia moi emocionante!!!

Despois organizáronse por parellas e fixéronse unha entrevista. Ao rematar coas entrevistas, tiveron que realizar conxuntamente un encrucillado sobre vocabulario das emocións  e un exercicio para coñecer os seus deberes e dereitos.

No seguinte vídeo poderedes ver imaxes desta primeira xuntanza.

 

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.

PDC. BO PAPEL DE JOSÉ MANUEL NEGREIRA NO CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS

José Manuel Negreira finalizou na vixésimo sétima posición  no  Campionato Galego escolar de campo a través, celebrado na mañana de hoxe na Pobra do Caramiñal.

A  participación foi dun altísimo nivel, sendo o noso centro dos poucos colexios de Galicia con representación neste Campionato.

José Manuel  tivo que sobrepoñerse ás molestias na espalda que leva arrastrando nesta última semana, o cal, lle impediu dar o mellor de sí.

Hai que destacar que neste Campionato, estaban presentes os sesenta e seis mellores atletas de categoría infantil de todo Galicia, polo que o posto acadado polo atleta do noso colexio, é moi meritorio.

Con este campionato ponse punto final  á temporada de campo a través por este curso, que en liñas xerais, pódese considerar de sobresaínte, xa que, o noso centro estivo presente por cuarta vez  na súa historia,nas catro fases que se organizan na nosa Comunidade.
 
Máis información no blog de eduacción física do centro: 

PDC. CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS.

 

José Manuel Negreira Abelenda, alumno de 6º de E.Primaria, representará ao noso centro no Campionato Galego Escolar de campo a través,que se celebrará este vindeiro sábado, no circuito da praia de Cabío ( A Pobra do Caramiñal)

Por cuarta vez na historia do noso centro, estaremos presentes nun Campionato Galego,as outras tres foron nos anos 2012 , 2013 e 2017.

José Manuel chega moi ilusionado á proba despois de acadar a clasificación no Campionato Provincial celebrado en Acea da Ma( Culleredo), aínda que consciente da dificultade que entraña este reto, xa que, neste Campionato, tomarán parte @s mellores atletas de Galicia.

Máis información no blog de educación física do centro: " Disfrutamos movéndonos"

RESERVA PRAZA IES "MONTE NEME" CURSO 2018/19

Á atención das familias do alumnado de 6º curso EP:

As familias que desexen  matricular aos seus fillos/as o vindeiro curso escolar no centro de adscrición, IES Monte Neme deberán entregar o anexo I debidamente cumprimentado e asinado para os efectos de reserva de praza.

Os impresos entregaranse no centro. O prazo de entrega remata o vindeiro xoves 15 de febreiro de 2018.

Se algúnha familia escolle outro centro educativo non fará a reserva de praza no IES Monte Neme, senón que deberá entregar a solicitude de admisión no centro educativo seleccionado no procedemento ordinario de admisión de alumnado.

 Poden cubrir e /ou descargar o ANEXO I na seguinte ligazón: 

ANEXO I

PDC. JOSÉ MANUEL NEGREIRA CLASIFICOUSE PARA O CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

José Manuel Negreira Abelenda, alumno de 6º de E.Primaria, clasificouse por segundo ano consecutivo para  o Campionato Galego de campo a través escolar , ao finalizar quinto na categoría infantil do Campionato Provincial disputado na mañá de hoxe, no circuito do parque de Acea da Ma(Culleredo),o cal, lle permitirá estar entre os mellores atletas galegos de campo a través en idade escolar.

Por cuarta vez na historia do noso colexio,un atleta representaranos no Campionato Galego, que se celebrará o vindeiro 17 de Febrerio na Pobra do Caramiñal ( A Coruña).

Tamén hai que destacar o bo papel de Martín Pérez Calvo, alumno de 5º de E.Primaria, na proba alevín masculino, xa  que dou o mellor de sí, acadando una meritoria posición.
 
Máis información no blog de educación física do centro: " DISFRUTAMOS MOVÉNDONOS"
 

TITORÍA ENTRE IGUAIS

Neste curso, estamos inmersos nun plan de formación permanente para implantar na nosa escola un proxecto baseado na idea orixinal do PROGRAMA TEI, “Titoría entre Iguais”, para mellorar a convivencia e previr a violencia e o acoso escolar. O seu autor é Andrés González Bellido.

 

 

Nun documento adxunto deixámosvos a información que se enviará ás familias nos próximos días.

Tamén podedes consultar a páxina oficial do programa TEI, aquí.

 

 

 

Educación Dixital Innovadora

Esta semana recibimos no centro os novos ultraportátiles para o alumnado de 5º e 6º de E.P., niveis que forman parte do Proxecto E-DIXGAL e ABALAR.

En breves poñerémolos en marcha e procederemos a realizar a nova configuración.

 

Deixámosvos en documento adxunto a "Guía de Educación Dixital Innovadora" para consultar.

 

 

Día da Paz e a NON Violencia

Como todos os anos  o 30 de Xaneiro conmemórase unha data moi especial:

O día da Paz e a NON Violencia.

Nesta ocasión e relacionado co noso proxecto de centro "As mulleres contan", cada aula investigou a biografía dalgunha das mulleres que obtiveron o Premio Nobel da Paz.

 

Todos xuntos no patio  cantamos a canción preparada coa profe Nerea: "Eu teño alguén no meu corazón".

Finalmente os poemas gañadores do concurso "Un poema pola paz" foron lidos, como premio, polos seus autores e autoras.

Deixámosvos algunhas das imaxes do día de onte.

 

PDC. CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

 
José Manuel Negreira Abelenda e Martín Pérez Calvo, alumnos de 6º e 5º de E.Primaria, representarán ao noso centro no Campionato Provincial de campo a través escolar, que se celebrará este vindeiro sábado, no circuito do parque de Acea da Ma (Culleredo)
 
Este campionato é clasificatorio para o Campionato Galego, que terá lugar o sábado 17 de Febreiro ,na Pobra do Caramiñal. 
 
José Manuel e Martín chegan moi ilusionados á proba, aínda que conscientes da dificultade que entraña, xa que, neste campionato, tomarán parte @s mellores atletas da provincia que se clasificaron nas fases intercomarcais da Coruña, Ferrol, Santiago e Noia.

Moita sorte campións!!!

As mulleres contan

Hoxe iniciou a ronda de visitas do noso proxecto de centro "As mulleres contan" unha das figuras femininas máis importantes da comarca de Bergantiños no mundo do deporte, en concreto no Fútbol Sala:

MARÍA BARDANCA

Puidemos escoitar que o mundo do deporte, e máis aínda no fútbol, foi e segue sendo "difícil" para as mulleres: "Segue habendo moitísimos prexuízos".

Con charlas coma esta queremos inculcar nos nenos e nenas que temos que loitar polo que nos gusta e os nosos soños independientemente do noso xénero, aínda que ninguén di que vaia ser doado!

 

Moitísimas grazas pola túa visita, esperámoste cando queiras.

Grazas a ANPA Fonte da Cristina pola súa colaboración.

 

A CRISTINA INAUGUROU AS VISITAS GUIADAS AO MELGA DO ANO 2018

 

Os alumnos/as de E. infantil do noso centro visitaron o pasado venres o Museo Etnolúdico de Galicia, o Melga de Ponteceso. O director da instalación, Ricardo Pérez e Verdes, foi o encargado de guiar aos nenos/as por diferentes xogos tradicionais nas dúas salas expositivas.

 

NOTICIA EN LA VOZ DE GALICIA

Distribuir contido