Para conmemorar o Día das Letras Galegas, hoxe celebramos na pista polideportiva do noso colexio, a "VII Carreira pola Lingua do Ceip. A Cristina",na que participou todo o alumnado do centro para reivindicar a defensa da nosa lingua e fomentar os hábitos saudables. Parabéns para o equipo de dinamización da Lingua Galega do noso centro, en especial para a súa coordinadora Irene, polo seu traballo e bo facer na organización da xornada.
|
|||
Os días 16 e 21 de maio, ccelebramos no noso centro o día das Letras Galegas. Este ano, os nenos de infantil, de 1º de 2º e de 4º de EP aprenderon sobre a vida de Luísa Villalta. Fixeron uns libriños e unhas fichas moi interesantes. Deixámosvos por aquí unha mostra. Tamén, o alumando de educación infantil, participou nunha pequena foliada, con obradoiros didácticos sobre o canto e o baile tradicional galego. FOI UNHA PASADA! Cantaron e bailaron o son da gaita e da pandeireta!
Para finalizar esta época de festexos, deixamos por aquí unha canción composta por outro centro sobre a vida de Luísa Villalta: |
|||
O alumnado de 3º e 4º de primaria tivo a oportunidade de coñecer o libro "Patio de luces", como exemplar de lectura común que se traballou na aula. Son as aventuras dunha nena moi curiosa e con moita imaxinación, que inventou unhas fantásticas historias a través da roupa que os veciñ@s penduraban no patio de luces. Foron moitas as dúbidas que xurdiron mentres lemos o libro e quen mellor que a súa autora para resolvelas: ÉRICA ESMORÍS!!! Foi unha mañá moi amena na que coñecemos a Érica que, por primeira vez, acudiu ao noso cole. E coa súa simpatía, carácter aberto, e con moitas ganas de contarnos as razóns que a levaron a escribir esta intrigante historia, tivemos unha interesante tertulia e sinatura de libros. MOITAS GRAZAS, ÉRICA!!
|
|||
Informámosvos de que dende o día 15 de maio está expostas no hall do centro as listaxes definitivas de admitid@s e excluíd@s relacionadas co procedemento de admisión para o curso 2024/25. Tamén son accesibles dende a seguinte dirección https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ para todo aquel ou aquela que dispoña de certificado dixital ou Chave 365. As persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación. As familias do alumnado admitido deberán formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño no centro.
|
|||
Vén de publicarse no Diario Oficial de Galicia a participación no Fondo Solidario de Libros de Texto e Axudas para a Adquisición de Libros de Texto e de Material Escolar.
Deberán cubrirse os Anexos I e II, así como achegar copia do libro de familia. En caso de separación ou divorcio requírese copia da sentenza xudicial ou do convenio regulador, onde se especifique a garda e custodia do menor. Terase en conta a renda do ano 2022 e o número de membros computables da unidade familiar con data do 31/12/2022, agás cando unha sentenza de separación ou divorcio posterior a esa data atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas proxenitoras, nos casos de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica, e nos casos de falecemento dalgunhas das persoas proxenitoras.
O alumnado que curse a día de hoxe 6º nivel de educación primaria e estea admitido/a no IES para o vindeiro curso, presentará a solicitude no Instituto de Educación Secundaria.
|
|||
O alumnado de 4º de educación primaria estivo a traballar sobre as lendas, e que mellor forma de traballar as emocións e a cultura galega que escribir as súas propias lendas?
Ides alucinar cos tremendos escritores e escritoras que temos neste cole... Todas elas acompañadas duns debuxos alucinantes!!
Esperamos que vos guste!
|
|||
O alumnado de 1º de educación primaria está a realizar un intercambio de postais co CEIP Mosteiro de Bembrive de Vigo. Os nosos alumnos e alumnas son uns verdadeiros artistas!! Escribiron e debuxaron estas incíbles postais para coñecer o alumnado do outro cole. Con esta experiencia aprenden a traballar en equipo, a redactar postais e a coñecer xente nova. Esta é a incríble resposta dos nosos compañeiros e compañeiras de Vigo!
GRAZAS profe por esta actividade tan interesante!! |
|||
Rodrigo e Abel proclamáronse campións das finais de quinto e sexto curso de E. Primaria do IX Torneo de Bádminton da Cristina , que se disputou durante os meses de abril e maio. Na final de quinto curso, Rodrigo gañou por dous sets a cero a Julia ( 21-16 e 21-12). En sexto curso, Abel logrou a victoria por dous sets a cero ante Adrián(21-12 e 21-14). Ao final do partidos, os finalistas recibiron sendos trofeos, e o resto dos participantes de cada curso unha medalla de recordo. Noraboa a tod@s! JULIA E RODRIGO
ADRIÁN E ABEL
|
|||
O domingo 2 de Xuño celebrase a 10 K de Carballo. Se estás interesado/a en participar, tes ata o mércores 29 de Maio para realizar a inscrición no seguinte enlace. |
|||
Aproveitando a xornada de Acompañamento Entre Iguais, o alumnado de 2º de primaria e 6º de educación infantil comezou a plantar cebolas no horto. Uns e unhas auténticos e auténticas xardineiros e xardineiras!!
|
|||
Onte comezaron na praia de Razo as actividades de surf na praia englobadas no proxecto "Aprende a través do Surfing". Hoxe tocoulle o turno ao alumnado de quinto de E.Primaria que participou ao longo de toda a mañá nunha xornada de convivencia, onde os nenos/as tiveron a oportunidade de desfrutar do surf, coñecer a cultura oceánica e experimentar todos os valores do surfing. As proximas sesións, se as condicións metereolóxicas e das mareas o permiten, serán nas datas seguintes:
|
|||
Velaiquí os recursos que o equipo TICS elaborou para traballar sobre o acoso escolar e provocar dinámicas de reflexión entre o alumnado. Se pinchades nas imaxes, atoparedes contos, xogos e distintas tarefas de concienciación. Botádelle un ollo! Tamén estivemos realizando xogos de roles arredor de dinámicas que simulaban o acoso físico e o social, poñéndonos no punto de vista da outra persoa e identificando situacións potencialmente perigosas.
Tamén saímos ao patio todos xuntos lucindo as nosas pulseiras violetas en sinal de protesta e de unión.
|
|||
Os alumnos/as de 5º e 6º de E.Primaria comezaron esta semana o IX Torneo de Bádminton da Cristina. Ao longo das próximas semanas celebraranse todos os partidos durante os recreos. Moita sorte a todos/as!
|
|||
Os nenos e nenas de 4º de EP decoraron a porta da aula coas súas lecturas favoritas!!!
Fantásticos os marcapáxinas que elaboraron os/as alumnos/as de segundo para conmemorar o Día do Libro!
No noso cole as actividades ao longo da Semana do Libro foron moi variadas. Os/as nenos/as de sexto de primaria e tres anos organizaron un acompañamento lector.
Mentres, os nosos compañeiros e compañeiras do segundo ciclo e de quinto de primaria acudiron á biblioteca Rego da Balsa a unha sesión de contacontos. Tamén visitaron a exposición de materiais elaborados polos diferentes coles da contorna.
Os compañeiros e compañeiras de 6º de educación infantil tamén se animaron a ir á Biblioteca Rego da Balsa. Daba xenio velos disfrutando da sesión de contacontos e da exposición! |
|||
Para conmemorar a Semana do Libro na biblioteca Rego da Balsa, o CEIP Plurilingüe A Cristina quixo poñer o seu gran de area organizando unha exposición que leva por título "A maxia da Cristina". O alumnado de 1º de primaria puxo a súa voz a unha historia de meigas. Só tendes que presionar no pulsador para escoitala pero... Moito ollo! Porque se non prestades atención, podedes saltarvos algunha parte. Seguide a secuencia!
Cando o corazón e o cerebro conectan... Tamén se produce maxia! Fixádevos no vestido desta Menina porque amosa historias relacionadas coas emocións que nos evocan algúns dos cadros máis pintorescos. Buscade na súa saia a ver que atopades!
Que bonita é, non sí? Pero a exposición esconde máis sorpresas. Arte, disfraces e a maxia que nos produce ler o noso libro favorito.
Animádevos a visitar "A Maxia da Cristina"!!!!
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »