PVAD. COÑECE O MEU CLUB: BALONMÁN XIRIA.

Esta semana contamos no noso centro coa presenza de  dous adestradores das Escolas Balonmán Xiria que están  facendo unha presentación práctica e lúdica do seu deporte a todo o alumnado de Educación Primaria, explicando o funcionamento do seu club (localización, horarios de adestramento, competicións…)

Con este programa de Xogade ( Xogos deportivos en idade escolar) preténdese que os escolares do noso centro coñezan os recursos deportivos dispoñibles en Carballo. Ofrecéndolles así unha alternativa de ocupación para o seu tempo libre e fomentándose a práctica da actividade física entre a nosa poboación escolar. Con esta actividade desde o centro buscamos poñer en mans do noso alumnado a maior cantidade de recursos posibles, que lles axuden a conseguir uns hábitos cada vez máis activos e saudables, creando así un vínculo importante entre o centro e os clubs da nosa localidade.

Moitas grazas a Sheila e Zarra  por adicarnos parte do seu tempo a ensinarnos o seu deporte.

 

DE ESTREA!

Este curso 2024/25 renovamos mobiliario no centro. Fixádevos como ficaron as aulas de 2º de primaria despois dunha remodelación completísima. Espazos amplios, diversificados, versátiles e que promoven o traballo colaborativo.

PVAD. A MILLA DIARIA

 

A milla diaria é unha modalidade dentro do PVAD (Proxecto de Vida Activa e Deportiva) do Plan Proxecta, no que participará o noso centro durante este curso,  que pretende fomentar entre o noso alumnado un estilo de vida saudable, aumentando o tempo que dedican á actividade física.

A actividade consiste en realizar un percorrido dunha milla de lonxitude (1600 metros) e facelo en calquera momento da xornada escolar de luns a venres. 

O obxectivo final será loitar contra o sedentarismo, creando hábitos que perduren fóra do centro escolar e ao longo de toda a vida.

Trátase de que sexa una actividade atractiva para todos/as,  e que nos aporte beneficios para a nosa saúde.

Hoxe  iniciaron a actividade os alumnos/as de 5º de E.Primaria.

 

 
 
1  VOLTA COMPLETA Á PISTA POLIDEPORTIVA DO COLEXIO = 100 METROS
 
    

 

 VOLTA NO INTERIOR DO COLEXIO DE 200 metros
 
 
VOLTA NO INTERIOR DO COLEXIO DE 400 metros
 

 

      1 VOLTA ARREDOR  DO COLEXIO = 300 METROS

 

 
     1 VOLTA POLO EXTERIOR DO COLEXIO = 400 METROS

 

 

  1 VOLTA POLO EXTERIOR DO COLEXIO = 600 METROS

 



 

 

 

 

PRESENTACIÓN CURSO 2024/25

BENVIDAS FAMILIAS A UN NOVO CURSO NO NOSO COLE!!

Aquí vos deixamos unha presentación coas entradas e saídas para que lle botedes unha ollada.

 


Tamén podedes consultar a presentación nos arquivos adxuntos.

REUNIÓNS COAS FAMILIAS. CURSO 2024/25.

Benvidos a un novo curso no CEIP Plurilingüe A Cristina!

Estas son as datas de reunión das titoras coas familias:

XOVES 5 DE SETEMBRO

  • Reunión das familias de 4º nivel de educación infantil (tres anos) ás 11:00 h na súa aula.
  • Reunión das familias de 5º nivel de educación infantil (catro anos) ás 11:00 h na súa aula.
  • Reunión das familias de 2º nivel de educación primaria ás 12:00 h nas aulas exteriores.

VENRES 6 DE SETEMBRO

  • Reunión das familias de 5º nivel de educación primaria ás 09:00 h na súa aula (1º andar).
  • Reunión das familias de 6º nivel de educación infantil (5 anos) ás 10:00 h (aula de Berta).
  • Reunión das familias de 3º nivel de educación primaria ás 11:00 h (aula de Elvira).
  • Reunión das familias de 4º nivel de educación primaria ás 11:00 h (aula de Maica, 1º andar).
  • Reunión das familias de 6º nivel de educación primaria ás 12:00 h (aulas 1º andar).

 A reunión das familias de 1º nivel de educación primaria fica pendente de confirmación.

REVISTA AS BRAÑAS 23-24

Para despedir o curso, convidámosvos a botarlle unha ollada a nosa revista escolar!!!

 

O noso alumnado creou moitísimas produccións das que poderedes gozar neste post, así como sentirvos dentro das nosas aulas coa vida de aula de diferentes cursos. 

 

ANIMADEVOS!! MOITAS GRAZAS POR FACELO POSIBLE!!!!

 

  

GRAZAS!

Grazas, eskerrik asko, merci, grazie, mahalo, danke, obrigado, ariagató...

Palabras que se escriben diferente, que se pronuncian diferente pero que significan o mesmo: GRAZAS! Grazas á comunidade educativa do CEIP Plurilingüe A Cristina por axudar a que tódalas actividades plantexadas durante o curso se levaran a cabo.

O alumnado de 5º de primaria quixo homenaxear a labor de tod@s con este mural.

PICTOGRAFIANDO O CENTRO

O departamento de orientación do centro elaborou pictos para colocar en tódalas dependencias do centro. Sinalar con pictos un centro educativo é acadar que este sexa accesible, non só fisicamente, senón cognitivamente. Implicará que tod@s coñezan e comprendan o entorno escolar.

 

EXPLORANDO AS EMOCIÓNS

Aínda que tod@s experimentamos emocións constantemente, non tod@s somos igualmente conscientes dos distintos matices que acompañan a cada unha delas. E coñecelos é unha arte, unha arte que nos leva a ter unha vida máis armónica, máis plena.

O alumnado de quinto de primaria dividiuse en grupos cooperativos para elaborar pequenas reflexións sobre algunhas desas emocións.

O primeiro grupo fíxose chamar o "Ministerio da compaixón" e elaborou sete leis relacionadas coa percepción e a compenetración co sufrimento do outro. Por exemplo: a lei da consolación á persoa afectada mediante a cal, cando unha persoa se sinta despreciada por algunha causa, terá dereito a ser escoitada; ou a lei do compañeirismo absoluto que recolle que cando unha persoa cometa un erro nunha competición deportiva, hai que poñerse no seu lugar e animala, dicíndolle que non pasa nada e que todo o mundo comete erros.

O segundo grupo traballou sobre a tensión e o alivio, investigando sobre aqueles personaxes históricos que provocaron, ou ben inquedanza, ou ben o remedio a un mal. Dentro dos que produciron tensión incluíron a Francisco Franco e a Gavrilo Princip. Pola contra, entre aqueles que contribuíron ao alivio dos pobos, nomearon a Isabel Zendal e a súa difusión da vacina da viruela; a Alexander Fleming polo seu descubrimento do efecto antibiótico da penicilina ou a Betty Williams e a Mairead Maguire pola fundación do Movemento pola Paz en Irlanda do Norte.

 

Outro grupo investigou sobre a diferenza entre desexos, caprichos e soños, escribindo exemplos moi concretos para cada un dos termos.

O último grupo investigou sobre a felicidade e propuxo unha serie de melodías musicais que lles transmitían, precisamente, esa emoción. Incluíron a Albano e Romina con "Felicitá", a Pharrell Williams con "Happy", a Coldplay con "Adventure of a lifetime" e, incluso, a Zapato Veloz co seu mítico tema "Tractor amarillo". Non podían deixar de lado a Beethoven co seu "Himno da alegría".

 

 

CALCOMANÍAS MOTIVADORAS

Colaborando entre tod@s quixemos decorar as escaleiras do cole con mensaxes motivadoras para que o noso día a día sexa moito mellor. Nalgún momento da nosa vida precisamos palabras que nos animen e nos dén o empurrón que nos falta para esforzarnos, coidarnos... 

Fixemos unha selección de frases curtas e positivas que queremos compartir con tod@s vós!

"Diferentes camiños poden levar ao mesmo castelo"

"Nunca é tarde para abandonar os prexuízos"

"Respéctote, respéctame"

"Confío en ti"

"A forza radica nas diferenzas, non nas similitudes"

"Moitas flores diferentes fan un ramo"

"Non se pode deixar atrás a ningún compañeir@"

"Tod@s temos os mesmos dereitos"

"Na danza das emocións, a diversidade é arte"

"Na nosa ringleira de corazóns, a diversidade é a nosa canción"

"Cada quen brilla a súa maneira"

"Inclusión que educa, diversidade que inspira"

"As túas capacidades sempre serán máis grandes que calquera discapacidade"

"O único imposible é o que non intentas"

"A túa maxia está xusto dentro de ti"

"Debemos estar orgullosos das nosas diferenzas"

"A diversidade é riqueza"

"Coas diferenzas de tod@s, podemos facer un gran equipo"

"Rompendo barreiras, construíndo inclusión"

"Se queremos, podemos"

OBRADOIROS DE LIBRE CIRCULACIÓN

O pasado venres día 21 de xuño e para celebrar o remate das clases, organizamos uns obradoiros de libre circulación por ciclos. 

O alumnado de educación infantil desfrutou dunha master class de zumba a cargo da profe Berta e de obradoiros para experimentar coa auga e a escuma. https://www.youtube.com/shorts/w4bcdHtp13A

 

@s alumn@s de 1º, 2º e 3º de primaria rotaron por varios obradoiros moi creativos e motivadores. Un deles foi o do herbolario de San Xoán, outro de pintura abstracta e o último de costura creativa. Interesantísimos!

Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º nivel de primaria participación en obradoiros relacionados cos xogos de mesa, a creatividade e Piet Mondrain e un taller de escritura creativa.

XOGAMOS A ORIENTARNOS PARA REMATAR O CURSO

 

Para rematar o curso, o alumnado de cuarto, quinto e sexto  de E. Primaria desfrutou ao longo de toda a mañá   dunha actividade de introdución á disciplina de orientación, realizando unha carreira de orientación no entorno do parque do Anllóns.

 

Con esta actividade lúdica de iniciación o que se buscou foi que o alumnado desfrutara dun último día de clase dunha maneira lúdica e cooperativa.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
 

COLABORANDO XUNTOS NO ACOMPAÑAMENTO ENTRE IGUAIS

O alumnado de 5º de primaria e 5º de educación infantil elaborou conxuntamente unha maqueta dos arredores do centro comercial de Carballo. Escribiron os nomes dos lugares máis emblemáticos, pintaron e distribuíron os espazos. Tamén fixeron figuras en plastilina. Esta tarefa atopábase dentro da iniciativa Acompañamento Entre Iguais, tratando de construír cousas xuntos.

 

HOMENAXEANDO A PIET MONDRIAN

Piet Mondrian foi un pintor holandés que entendía que a arte debería ser representada a través de liñas rectas e cores puras. Quixemos entón imitar a este artista vangardista cunhas pequenas obras de animais feitas en branco e con fondo negro, combinando azuis, vermellos e amarelos.

 

SORPRESA PARA OS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS DO RECUNCHO DE NUNO

Que sorpresa recibiron os nosos voluntarios e voluntarias da biblio "O recuncho de Nuno". As integrantes da equipa da biblio tíñanlles preparad@s un pequeno obsequio por tanto traballo e tanta dedicación á biblioteca do centro. Este espazo mellorou grazas ao bo facer de todos el@s! 

Esperamos contar con todos vós o próximo ano! GRAZAS!!

 

Distribuir contido