PDC."MÓVETE NA CASA". DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA

 

Hoxe celebramos o Día da Educación Física na Casa. Nesta ocasión cambiou a súa R de Rúa pola C de casa, porque o confinamento está a facernos descubrir outra forma de traballar a EF e queremos ensinalo a toda a sociedade.

O Día da Educación Física na Casa 2020 quere amosar a miles de persoas a actual EF: integradora, variada, cooperadora, divertida e transmisora de grandes valores. Neste día  participaron  1.300 centros educativos e 250.000 alumnos/as de toda España. 

 

Desde o noso centro quixemos formar parte desta experiencia, propoñéndolle aos nenos/as e ás familias  baixo o lema " Móvete na casa", que enviaran unha fotografía na que amosaran como fan actividade física  nas súas casas estes días. 

No seguinte vídeo podedes ver o resultado. Agardo que vos guste!

Moitas grazas a todos/as por participar!

  

Activities Mother's Day

 

Here we leave you some very fun activities to surprise your mom on Mother's Day, which will be soon. You can send us photos of the results!

 

Aquí deixámosvos unhas actividades moi divertidas para darlle unha sorpresa á vosa mamá no Día da nai (3 de maio), que vai ser deica pouco. Podedes mandarnos fotos dos resultados!

 

 

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO PARA A SEMANA DO 27 AO 30 DE ABRIL

Nos arquivos adxuntos (organizados por cada curso) poderedes acceder ás propostas de actividades elaboradas polo profesorado do centro para que o alumnado continúe co seu proceso educativo nos seus domicilios na vindeira semana (do 27 ao 30 abril).Tamén se poderá acceder ás propostas de actividades a través da aula virtual (do centro ou a plataforma e-dixgal para 5º e 6º de EP).

 

Recordade que as actividades que aparecen en formato pdf, poderanse imprimir para realizar as tarefas ou copialas e realizalas no caderno. Só se debe copiar das tarefas as preguntas e escribir as respostas (non o resto do documento). No caso de ser unha actividade onde haxa que seleccionar o/a alumno/a pódeo facer oralmente visionando o documento e contando co apoio dun familiar.

 

O pasado venres 22 de abril, o MINISTERIO DE EDUCACIÓN Y FORMACIÓN PROFESIONAL publicou: Orden EFP/365/2020, de 22 de abril, por la que se establecen el marco y las directrices de actuación para el tercer trimestre del curso 2019-2020 y el inicio del curso 2020-2021, ante la situación de crisis ocasionada por el COVID-19.     Onde se especifica as directrices a ter en conta para o desenvolvemento do 3º trimestre.  En canto ó desenvolvemento das actividades, reitera o xa mencionado pola consellería nas orientacións provisionais publicadas a semana pasada. Respecto á avaliación especifica (entre outros aspectos) o seguinte:

"c) La evaluación de los aprendizajes desarrollados a partir de la suspensión de las actividades lectivas presenciales será continua y acentuará su carácter diagnóstico y formativo en todas las etapas, ciclos y enseñanzas, para valorar los avances realizados y los retrasos que hayan podido producirse, con objeto de planificar las medidas de recuperación que sean necesarias y programar el próximo curso.

d) La evaluación final de los aprendizajes del alumnado durante el curso 2019-2020 considerará en conjunto las evaluaciones de todo el curso, valorando especialmente el grado de desarrollo de los aprendizajes y de las competencias imprescindibles previamente definidos.

e) Los centros educativos y el profesorado emitirán un informe individual valorativo del trabajo realizado por sus estudiantes en el curso, que incluya los retrasos que hayan podido producirse y un plan de recuperación de estos.

f) La promoción de curso será la norma general en todas las etapas, considerándose la repetición de curso una medida muy excepcional, que deberá estar sólidamente argumentada y acompañada de un plan preciso de recuperación, ajustándose al marco general que dispongan las Administraciones educativas."

Para solucionar dúbidas respecto ás tarefas, poderedes poñervos en contacto co centro a través do correo electrónico: , o teléfono 881880400, a aula virtual e a aplicación abalarMóbil (comunicación directa co/a titor/a).

 

 

Moito ánimo e forza para esta nova semana que comeza!

 

DÍA MUNDIAL DO LIBRO: 23 DE ABRIL

Hoxe día 23 de abril celébrase o Día Mundial do libro.  Propuxémosvos que gravarades un vídeo coa lectura do voso conto favorito para celebrar xuntos este día a pesar de non poder estar no colexio.

Estamos tan felices de ver a enorme participación que tivo esta actividade!!!!!

É moi moi emocionante para todas as vosas mestras, mestres, compañeiros e compañeiros poder vervos  nos vídeos que compartistes  e desfrutar con vós da lectura dos vosos contos preferidos!!!! Temos moitísimas ganas de volver a estar con vós e non temos palabras para agradecer as vosas  achegas!!!!!

Non comparto por aquí ningún dos vídeos porque non podería elixir. Así que vos deixo visitar o blog da nosa biblioteca: O recuncho de NUNO, onde atoparedes máis de 60 vídeos para desfrutar xuntos da lectura!!!!!

Estamos separados, obrigados a estar cada un nas nosas casas pero cos corazóns máis unidos ca nunca.  XUNTOS PODEMOS!!!!!!

PDC. MÓVETE NA CASA: " DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA"



O próximo martes 28 de Abril celebrase o Día da Educación Física na Rúanesta ocasión cambia a súa R de Rúa pola C de c asa, porque o confinamento está a facernos descubrir outra forma de traballar a EF e queremos ensinalo a toda a sociedade.


Entre todos e todas temos que facer grande o Día da Educación Física na Casa, nada nos parará.


Desde o noso centro imos celebrar o Día da Educación Física na Casa.


Por todo isto, quero propoñervos aos alumnos/as e as familias baixo o lema " Móvete na casa", que enviedes á seguinte dirección de correo electrónico: educacionfisicaceipacristina@gmail.com, unha fotografía na que amosedes como facedes actividade física  nas vosas casas estes días. Nela poden aparecer os nenos/as e tamén as familias.
 
Tendes de prazo para enviar as fotos ata o Luns ás 14 horas.
 
Anímate e participa!

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO PARA A SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL

Nos arquivos adxuntos (organizados por cada curso) poderedes acceder ás propostas de actividades elaboradas polo profesorado do centro para que o alumnado continúe co seu proceso educativo nos seus domicilios na vindeira semana (do 20 ao 24 abril).

Recordade que as actividades que aparecen en formato pdf, poderanse imprimir para realizar as tarefas ou copialas e realizalas no caderno. Só se debe copiar das tarefas as preguntas e escribir as respostas (non o resto do documento). No caso de ser unha actividade onde haxa que seleccionar o/a alumno/a pódeo facer oralmente visionando o documento e contando co apoio dun familiar.

O pasado venres 17 de abril, a Consellería publicou: Orientacións provisionais do 17 de abril para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020 (Á espera da publicación da normativa estatal correspondente) (Podedes acceder a toda a publicación pinchando no texto)

Seguimos á espera da publicación da normativa estatal, aínda así as orientacións indican, entre outras cousas, o seguinte:

- Durante o terceiro trimestre os centros docentes continuarán coa atención educativa ao alumnado, desenvolvendo actividades que permitan aos alumnos e alumnas manterse incorporados á aprendizaxe continua e suscitar o seu interese por aprender,...

- Os centros e o profesorado revisarán as programacións didácticas para centrar as actividades lectivas do derradeiro trimestre nas aprendizaxes e competencias imprescindibles que deberían desenvolver os alumnos e as alumnas, en función da súa etapa, curso, área, materia ou módulo, flexibilizando os seus plans de traballo e coidando de non penalizar ou afectar ao benestar do seu alumnado, nin sobrecargalo de tarefas excesivas.

-A avaliación das aprendizaxes desenvolvidas a partir da suspensión das actividades lectivas presenciais será continua e acentuará o seu carácter diagnóstico e formativo en todas as etapas, ciclos e ensinanzas, para valorar os avances realizados e os atrasos que se teñan podido producir, con obxecto de planificar as medidas de recuperación que sexan necesarias e programar o vindeiro curso.

A avaliación final das aprendizaxes do alumnado durante o curso 2019-2020 considerará en conxunto as avaliacións de todo o curso, valorando especialmente o grao de desenvolvemento das aprendizaxes e das competencias imprescindibles previamente definidas.

 

Para solucionar dúbidas respecto ás tarefas, poderedes poñervos en contacto co centro a través do correo electrónico: , o teléfono 881880400 e a aplicación abalarMóbil (comunicación directa co/a titor/a).

Ademais esta semana as mestras e mestres do centro participamos na elaboración do seguinte vídeo para darvos moito ánimo e forza!!!

Fixémolo con moito cariño e esperamos de corazón que vos guste!

  

 

More Roopa's activities

Hello everyone !

Here we leave you more activities that Roopa has provided us to work our English.

Thank you, Roopa!

 

 

Ola a todas e a todos!

Aquí deixámosvos máis actividades que nos proporcionou  Roopa para traballar o noso inglés.

Moitas grazas, Roopa!

SEMANA DO LIBRO

Bos días a todas e todos,
 
O vindeiro xoves 23 de Abril celébrase o Día Mundial do Libro  e queremos celebralo xuntos! Propoñémosvos que participedes dende a casa a través da lectura, en vídeo ou audio, dun dos libros que máis vos gusten ou que teñades na casa.
 
Xa sabemos que aínda faltan uns días....pero así temos tempo para practicalos antes de gravalos.
 
Animádevos e compartídeos con nós antes do 22 de abril a través do noso correo: ceipacristinabiblioteca@gmail.com Tamén podedes subilo á vosa conta de Google Drive, se tedes un correo de Gmail, e compartir o enlace co correo de Nuno.
 
Aproveitamos tamén para lembrarvos que no blog da biblioteca: O recuncho de NUNO podedes atopar os vídeos e actividades que comparten as familias e os mestres dende as súas casas e propostas de lectura.
 
Moitas grazas!!!!

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO PARA A SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL

 

Mañá, martes 14 de abril, comeza o terceiro trimestre pero seguimos coa suspensión das clases presenciais por prolongarse o estado de alarma. Nos arquivos adxuntos (organizados por cada curso) poderedes acceder ás propostas de actividades elaboradas polo profesorado do centro para que o alumnado continúe co seu proceso educativo nos seus domicilios na vindeira semana (do 14 ao 17 abril).

 

As actividades que aparecen en formato pdf, poderanse imprimir para realizar as tarefas ou copialas e realizalas no caderno. Só se debe copiar das tarefas as preguntas e escribir as respostas (non o resto do documento). No caso de ser unha actividade onde haxa que seleccionar o/a alumno/a pódeo facer oralmente visionando o documento e contando co apoio dun familiar.

 

Hoxe a consellería publicou un comunicado (Comunicado do 13 de abril de 2020, dirixido ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario sobre as medidas a adoptar en relación co inicio do terceiro trimestre). No punto 2 deste comunicado infórmase de que: "Unha vez teña lugar a xuntanza da Conferencia Sectorial de Educación, prevista para o vindeiro mércores, 15 de abril, na que participan o Ministerio de Educación e Formación Profesional e as Comunidades Autónomas, coa finalidade de coordinar as medidas concretas a adoptar para o desenvolvemento do terceiro trimestre e final do curso 2019/2020, ditaranse as instrucións que procedan." Polo tanto, esperamos que ao longo desta semana poidamos informarvos das medidas e instrucións que nos achegue a Consellería para poder desenvolver este terceiro trimestre.

 

Para solucionar dúbidas respecto ás tarefas, poderedes poñervos en contacto co centro a través do correo electrónico: , o teléfono 881880400 e a aplicación abalarMóbil (comunicación directa co/a titor/a).

 

Sobre todo seguimos desexando que todos e todas esteades ben e mandámosvos moito ánimo e moita forza .

English games !

Hello everyone !

Roopa, our conversation assistant, has developed a few games for each course so that you can continue practicing your English. They are very fun, be encouraged to do them and tell us how they went.

 

Ola a todos e a todas !

Roopa, a nosa auxiliar de conversa, elaborou uns xogos para cada curso para que poidades seguir mellorando o voso inglés. Son moi divertidos, animádevos a facelos e contádesnos que tal vos foron.

 

PUBLICACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DA 2º AVALIACIÓN

Prezadas familias:

Seguindo as instrucións da Consellería de Educación do 27 de marzo,  realizamos a avaliación do alumnado do centro deste 2º trimestre, tendo en conta  exclusivamente os datos dos que dispoñiamos ata o 12 de marzo. Todas as tarefas realizadas despois desta data non se tiveron en conta de cara a avaliación.

As notas publicaranse a través da aplicación abalarMóbil o venres 3 de abril ás 10:00h da mañá. Poderedes contactar cos mestres e mestras a través desta aplicación (abalarMóbil), do correo ou teléfono do centro  para resolver calquera dúbida.

Continuamos a desexarvos moita forza e moito ánimo. Ademais lembrade que aínda que non esteamos presentes fisicamente, continuamos a estar a vosa disposición para todo o que precisedes.

Un afectuoso saúdo.

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL

Tal e como se establece nas instrucións do 13 de marzo de 2020 no seu artigo 3.3, nos arquivos adxuntos (organizados por cada curso) poderedes acceder ás propostas de actividades elaboradas polo profesorado do centro para que o alumnado continúe co seu proceso educativo nos seus domicilios na vindeira semana ao prolongarse o estado de alarma ata o día 11 de abril. As actividades propostas non terán carácter de avaliables.

As actividades que aparecen en formato pdf, poderanse imprimir para realizar as tarefas ou copialas e realizalas no caderno. Só se debe copiar das tarefas as preguntas e escribir as respostas (non o resto do documento). No caso de ser unha actividade onde haxa que seleccionar o/a alumno/a pódeo facer oralmente visionando o documento e contando co apoio dun familiar.

Para solucionar dúbidas respecto ás tarefas, poderedes poñervos en contacto co centro a través do correo electrónico: , o teléfono 881880400 e a aplicación abalarMóbil (comunicación directa co/a titor/a).

Agardamos que todos e todas esteades ben e aproveitamos para mandarvos moito ánimo e moita forza .

ABALARMÓBIL

Prezadas familias,

Queremos aconsellarvos que descarguedes no voso móbil a aplicación abalarMóbil para poder estar informados inmediatamente da calquera información que se publique na páxina web do centro e tamén para poder comunicarvos co profesorado do centro.

Se vos encontrades con algunha dificultade para instalar a aplicación, por favor, poñédevos en contacto con nós e axudarémosvos a solucionalo.

Aproveitamos para informarvos de que a través do blog da biblioteca do centro podedes seguir participando en varias iniciativas: receitas de cociña, cancións, ... 

Moitas grazas e moito ánimo.

21 DE MARZO: DÍA DA POESÍA

Hoxe é o día 21 de marzo: Feliz día da poesía a todos e a todas!!! Hoxe tamén se celebra o día da árbore  ou día  internacional dos bosques e o día da Síndrome de Down.

Hoxe publicamos no noso blog da biblioteca todos os poemas que nos foron enviados (alumnado e profesorado).

Moitas grazas por participar!!!

Deixámosvos unha mostra aquí de todo o que poderedes ver a maiores no blog: O Recuncho de Nuno.

CELEBRACIÓN DÍA DA POESÍA

Queremos informarvos de que xa temos no blog da biblioteca o primeiro vídeo para compartir con todos e todas nós un conto e uns debuxos.Moitas gracias familia por participar e facernos a cuarentena máis entretida!!!
Se máis alumnos, alumnas e familias  queredes compartir algunha das vosas experiencias lembrade que podedes mandalas a través do correo ceipacristinabiblioteca@gmail.com.  No caso de que teñades algún  problema para subir os arquivos adxuntos enviade un correo informándonos para que poidamos buscar outra alternativa.

Aproveitamos tamén para lembrarvos que o día 21 de marzo é o Día da poesía e no colexio tiñamos planificado varias actividades para celebralo pero debido aos acontecementos que estamos vivindo non se van poder levar a cabo. Aínda así gustaríanos seguir celebrando esta data contando coa vosa colaboración dende as casas.

Que como podedes colaborar? 

Pois moi doado! Gravádevos recitando algunha poesía: podedes facelo en familia, empregando disfraces, bonecos ou títeres...  deixámovolo a vosa elección!

Logo, enviade o vídeo ao correo da biblio: ceipacristinabiblioteca@gmail.com (ou mandáde unha mensaxe se  é moi longo e non o deixa adxuntar) e o domingo poderemos vernos todos e todas de novo a través deste blog.

Non faltedes á cita, algúns mestres e mestras que tamén pasan pola nosa biblioteca a miúdo queren unirse a nós!

Moitas grazas de antemán por colaborar!!!

Distribuir contido