LISTAXES DEFINITIVAS ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO 2018-19

LISTAXES DEFINITIVAS ADMISIÓN

Contra á resolución definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo DUN MES contado a partir do día seguinte á súa publicación segundo se indica no artigo 32.1 da Orde do 12 de marzo de 2013 que desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos. (DOG 15 de marzo de 2013).

As listaxes pódense consultar nos arquivos adxuntos.

Os alumnos/as admitidos deberán formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño. O non facelo implicará a perda da praza.

O Equipo Directivo.

María Victoria Moreno Márquez. LETRAS GALEGAS 2018

Xa se achega o día de celebración das nosas letras: LETRAS GALEGAS 2018!!!

Este ano a celebración vai dedicada a MARÍA VICTORIA MORENO MÁRQUEZ.

Nos vindeiros días, no noso centro realizaremos varias actividades para celebrar o día das letras e homenaxear a figura de María Victoria Moreno. Mentras tanto deixámosvos con actividades en liña elaboradas polo seminario Galán e a páxina da Real Academia Galega "Primaveras das letras" para coñecer máis sobre a súa vida e obra.

Antes de empezar a xogar e aprender con estas actividades, queremos deixarvos cunha declaración de María Victoria onde se pode entender perfectamente o seu compromiso con Galicia e co galego:

"Escribo en galego porque amo Galiza,
porque Galiza me deu moito,
porque penso en galego."

(María Victoria Moreno)

Actividades en liña

  • Pinchade no seguinte enlace para ter acceso ás actividades do Seminario Galán ( están organizado por cursos de educación infantil e primaria).

SEMINARIO GALÁN

  • No seguinte enlace están as actividades en liña da páxina da Real Academia Galega "Primaveras das letras"

PRIMAVERAS DAS LETRAS

 

A vida é o conto máis marabilloso

 

O 23 de Abril conmemoramos unha data moi especial para todXs:

O Día Internacional do Libro.

Para celebrar este día, como sabedes pedimos a colaboración das familias.

O alumnado debía investigar cales foron os contos/libros favoritos de papá/mamá.

Algúns son libros de toda unha vida!

Moitas grazas pola vosa colaboración!

 

 

 

POR SUPOSTO, TAMÉN REALIZAMOS O APADRIÑAMENTO LECTOR!

 

 

LISTAXES PROVISIONAIS ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO

AVISO IMPORTANTE

Estas listaxes son PROVISIONAIS, poderán ser obxecto de reclamacións e variar en función destas ou doutras circunstancias ata que remate o procedemento de admisión.

PRAZO DE RECLAMACIÓNS: Cinco días hábiles desde a data de publicación: do mércores 25 ao venres 27 de abril, o mércores 2 de maio e o xoves 3 de maio.

HORARIO DE SECRETARÍA: MÉRCORES DE 9:05 A 9:55, XOVES DE 13:15 A 14:00 E VENRES DE 9:05 A 9:55.

O equipo directivo.

Carballo, 24 de abril de 2018.

 

Poden consultar toda a información relativa ás listaxes PROVISIONAIS do alumnado admitido e non admitido nos documentos anexos (os documentos adxuntos aparecen ao final deste texto), así como tamén nos taboleiros do centro.

Visita GESTAUGA

O alumnado de 2º de E.P. recibiu unha charla por parte de GESTAUGA, empresa concesionaria do servizo de augas no concello de Carballo.

Recordóuselle ao alumnado  a importancia de coidar o ciclo da auga a partir dunhas "criaturas" moi especiais, baseándonos nunha campaña de concienciación e sensibilización.

 

Finalmente, poderán participar nun concurso para conseguir un premio en material escolar.

Os soño na Gaiola en Concerto (sábado 14 de abril)

Aquí deixámosvos unha serie de fotos e ligazóns do periódico do acto do pasado sábado, 14 de abril no Pazo da Cultura.

 

http://wSaúdos e grazas mil. ww.casamuseomanuelmaria.gal/noticias/a-fundacion-manuel-maria-parabeniza-as-comunidades-educativas-dos-cinco-centros-de-carballo-que-prepararon-e-participaron-na-homenaxe-de-os-sonos-na-gaiola-de-manuel-maria-celebrado-o-pasado-sabado.htm?tipo=ACTIVIDADE

 

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/carballo/2018/04/15/span-langglhomenaxe-escolar-carballo-a-obra-os-sonos-na-gaiolaspan/0003_201804C15C11997.htm


Moitas grazas a tod@s (nenos e nenas, familias, profesorado...) polo voso traballo, colaboración e implicación en todo o proxecto de celebración dos 50 anos de "Os soños na gaiola" de Manuel María. 


Vós facedes isto posible.

 

 

¡¡¡ GRAZAS !!!

O NOSO CENTRO PARTICIPOU NA HOMENAXE Á OBRA " OS SOÑOS NA GAIOLA " DE MANUEL MARÍA.

Os alumnos/as de 4º,5º e 6º curso do noso centro participaron onte no Pazo da Cultura, na homenaxe aos 50 anos da primeira edición de "Os soños na gaiola", obra de Manuel María.

Os nenos/as  deleitáronnos coa lectura de tres poemas, e o canto de " O meu barco" e de " A Fouce", baixo a supervisión e o gran traballo da nosa mestra de Música, Nerea.

Noaraboa a tod@s polo voso traballo!

NOTICIA EN LA VOZ DE GALICIA-CARBALLO

VISITAS ESPECIAIS

O mércores 5 de Abril convidamos no centro a Iago López para realizar un contacontos sobre os libros que estuveron lendo no 1º ciclo de Educación Primaria:

- Axente Riciños.

-Eu canto, ti cantas.

 

 

O luns día 9 de Abril convidamos tamén a autora Ana Alonso para falarnos das súas obras:

_ "El país de los cuentos": co que traballaron os nenos e nenas do 2º ciclo de E.P.

- "Marea negra": co que traballou o alumnado de 3º ciclo de E.P.

 

Pasámolo xenial!

Moitas grazas!

INFORMACIÓN ADMISIÓN 2018/2019

SOLICITUDES ADMISIÓN 4º EDUCACIÓN INFANTIL

 Todas as solicitudes presentadas para o 4º nivel de Educación Infantil para o curso escolar 2018/2019 ESTÁN ADMITIDAS.

A listaxe provisional publicarase o vindeiro mércores 24 de abril. Non é necesario realizar trámite algún, agás a FORMALIZACIÓN DE MATRICULA entre o 20 e o 30 de xuño.

 

SOLICITUDES DE ADMISIÓN 5º EDUCACIÓN INFANTIL e 2º EDUCACIÓN PRIMARIA

Deberán entregar a  documentación xustificativa dos criterios alegados para poder ser baremados no seguinte prazo : 23 MARZO-13 ABRIL 2018, ambos incluídos, no horario de secretaria do centro

 

HORARIO DE SECRETARÍA 

LUNS e MARTES: 13:15- 14:00 HORAS

MÉRCORES: 09:05- 09:55 HORAS

O Equipo Directivo

 

RECOMENDACIÓNS lectoras para estas vacacións

O equipo de Biblioteca elaborou unha serie de recomendacións para desfrutar destas curtas vacacións, sempre ao carón dos contos e libros que nos fan: descubrir, imaxinar, soñar...e, sobre todo,  gozar deses momentos que só nos ofrece a lectura.

 

DÍA DA POESÍA

O 21 DE MARZO conmemoramos o día da poesía. 

Este curso decidimos traballala a partir dun tipo de poesía ancestral xaponesa:

 OS HAIKUS. 

 Para que non o saiba, os Haikus 俳句 son  poemas breves, de dezasete  "moras", formados, segundo a norma, por tres versos de cinco, sete e cinco moras respectivamente. Con todo, non se trata por completo dunha métrica fixa. 

 

 

Estes son os nosos HAIKUS:

    

VISITA DO ALUMNADO DE TERCEIRO DE E.PRIMARIA Á CASA DO CONCELLO

Os alumnos/as de terceiro de E.Primaria visitaron o martes a casa do concello de Carballo, onde  mantiveron  un encontro co  alcalde, Evencio Ferrero, e coa edila Milagros Lantes.

Na visita puideron coñecer o funcionamento da Administración local, ademais de visitar a Oficina Técnica e as dependencias da Policía Nacional e a Policía Local.

NOTICIA EN LA VOZ DE GALICIA-CARBALLO

Conmemoración Día da Paz e da Non Violencia

Bo día !

Ao fin temos o resultado da actividade que realizamos para conmemorar o Día da Paz e a Non Violencia. Desculpade a tardanza pero foi por motivos completamente alleos ao Centro. Se a queredes observar de preto e ver o guap@ s que saístes, está exposta no hall do Cole.

Moitas grazas.

 

Equipo Tic

 

VISITA DE LUPE BLANCO

Hoxe, neste día tan señalado que é o 8 de marzo, tivemos a sorte de recibir a visita de Lupe Blanco que compartiu con nós a súa sabedoría sobre a a arte de REGUEIFAR. 

Encantounos poder practicar con ela. Foi moi emocionante!!! Deixámosvos aqui unha foto do seu paso polo noso centro.

Hoxe veu Lupe Blanco

regueifar á Cristina

dende aquí dámoslle as grazas

e que volva moi axiña.

Lalala laralalalala ....

 

 

8 DE MARZO DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O día 8 de marzo celébrase o día da muller traballadiora e para conmemorar este día O Equipo TICs do noso centro eleborou estes LIMs. Agardamos que sexan do voso interese.

E recordade: TODOS OS DÍAS SON 8 DE MARZO!!!!!!!!